Mostrando entradas con la etiqueta caixa de luz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta caixa de luz. Mostrar todas las entradas

5.11.17

A cara de Breixo ( 4º EI )

Rematamos a semana na que Breixo foi o protagonista, debuxando na Caixa de luz con area a súa cara, intentando reproducir os ollos, boca nariz e orellas, foi moi divertido!!!!!!




23.9.17

A CAIXA DE LUZ


O venres descubrimos a Caixa de luz, quedaron moi sorprendidos e encantoulles xogar con palliñas de cores. Foi un primeiro achegamento dos moitos que teremos!!



16.2.17

CARAS NA CAIXA DE LUZ (4º E.I.)

Seguimos traballando o autorretrato, esta vez completando unha cara con ollos, nariz e boca na caixa de luz. Empregamos botóns, tapóns, limpiapipas, ollos, narices e bocas de papel. Houbo moitos tipos de caras: bizcas, boca grande, ollos diferentes, etc.


14.2.17

O NARIZ DE TITO NA CAIXA DE LUZ (5º E.I.)

Para rematar con Tito e coas figuras xeométricas, o pasado venres estivemos experimentando como poden ser os obxectos según deixen pasar a luz ou non e para iso empregamos as figuras xeométricas coas que levamos traballando toda a semana. As luces proviñan dunha lanterna e tamén da "caixa de luz".
Descubrimos que hai obxectos OPACOS como as partes do corpo, o cartón groso... logo descubrimos que tamén outros obxectos deixan pasar a luz e, polo tanto, son TRANSLÚCIDOS como o plástico fino, o papel celofán de cores...
E, por último, atopamos obxectos que ademais de deixar pasar a luz tamén pódense ver a través deles, son TRANSPARENTES como o celofán sen cor, os vasos de cristal... podedes ver todas as fotos deste fabulosos experimente premendo no seguinte enlace: Figuras xeométricas na luz.

16.1.17

CAIXA DE LUZ (4ºE.I.)

Fixemos diferentes activades coa caixa de luz. Escribimos con lentellas, vimos escrito o número 1 e a vogal A nun plástico, figuras xeométricas. Gustalles moito ver como son os efectos da luz e diferentes cores.