31.3.22

MARTES E VENRES ROBÓTICOS: Códigos QR ( 6º EI)

 Tras aprender como se utiliza o Chroma, empezamos a investigar que son os códigos QR.


Comezamos collendo as tablets e facendo percorridos polo centro, buscando e visualizando os códigos que atopamos, polo que sabemos que os códigos enlazan a arquivos que están subidos en internet.

Agora estamos organizando unha gymkana para o alumnado de 4º e 5º EI, polo que nós participamos creando as pistas dos distintos xogos con códigos QR. 

Cada alumn@ gravou unha pista de audio dando indicacións da zona do cole onde está o seguinte xogo, e agora estamos aprendendo a crear os códigos con Unitag utilizando os portátiles.


Premer na imaxe para acceder á galería






30.3.22

SESIÓN DE CINE

 O pasado venres, o alumnado de 4º de Infantil ata 4º de Primaria, baixamos ó centro cívico para ver a película VALENTINA, unha nena con síndrome de Down que loita polo seu soño: Ser Trapecista!!!





18.3.22

MARTES E VENRES ROBÓTICOS: VIDEO-TITORIAL CHROMA ( 6º EI)

 Durante este trimestre, co alumnado de 6º EI, comezamos a tarefa de realizar outro vídeotitorial, pero esta vez sobre a gravación en Chroma, algo que en principio, contábamos con acabar hai moito tempo, pero que resultou máis complicado.

Durante estes meses de xaneiro, febreiro e marzo, practicamos a realizar moitos vídeos xogando no chroma, donde o que gravaba utilizando a tablet cambiaba cada semana para que tod@s aprenderan a utilizar a app Touchcast.

Tras moitos días practicando, conseguimos obter o vídeo titorial e creamos unha " película" imaxinada e decorada por eles. Aquí vos deixamos un produto final sinxelo tras moito traballo...


FELICIDADES PEQUES POLO ESFORZO!!!!


VIDEO TITORIAL CHROMA - Kizoa Movie Maker



PELÍCULA: OS DINOSAURIOS





Excursión ó Muncyt/ Urban Planet ( 4º e 5º EI)


Esta semana os nenos e nenas de 4º e 5º de Educación Infantil visitamos o Museo do Muncyt, onde  coñecimos o Boeing 747, un avión que foi o máis grande durante 40 anos, e descubrimos cousas moi interesantes, como que este avión levou o cadro  "Guernica" de Pablo Picasso, que as caixas negras do avión son vermellas e algo fascinante: as ás dos avións son de cartón!!!!!!!! Tamén alucinamos coa cantidade de botóns que ten a cabina do piloto e as rodas tan grandes que teñen!!!

Tamén vimos cousas moi antigas, como unha lavadora de madeira, teléfono, un modelo das primeiras gafas 3D, un coche, un sidecar...

Despois de merendar, marchamos ó momento máis esperado polos peques...a visita ó Urban Planet!!!!


Pasámolo moi moi ben!!!!!!!


FOTOS 

AXUDANDO A RECICLAR ( 5º EI)

 Esta semana descubrimos a Illa de Reciclaxe, creada polo alumnado de 6ºEP na subida ó andar 2. Cada peque levou un ou varios materiais que non nesitamos e tiveron que buscar a caixa onde deixalos!!


Preme na imaxe para acceder á galería


15.3.22

DACTILOPINTURA (5ºEI)

Durante as últimas semanas, os peques utilizando as súas mans crearon uns vehículos con pintura de dedos.

Así de bonitas quedaron as nosas obras artísticas!!!!





11.3.22

Formación con Julia de la Cal: Estrutura de vimbio


Un curso máis, a Asesoría de Bibliotecas Escolares, concedeunos ós centros do Plan LIA2 unha formación dentro do programa Biblioteca Creativa, neste ano dirixida ó alumnado, á familia e en xeral a toda a Comunidade Educativa.


Dentro das moitas actividades ofertadas, moi interesantes e funcionais, decidímonos na realización de obradoiros para a creación dunha estrutura de vimbio con Julia de Cal, xa que dentro do PDI NÓS: patrimonio in-material,  neste trimestre traballamos os oficios tradicionais de Malpica e costa da Morte, e agora en marzo dirixido ó traballo realizado polas mulleres. 



Foi unha actividade moi enriquecedora, de forma que ó remate das xornadas conseguimos, co traballo en equipo, un espazo de vimbio para o tempo de lecer, de lectura, de tranquilidade e de xogo, un produto realizado entre tod@s e para tod@s, como Comunidade Educativa que somos.



GALERÍA 



Agradecer a Asesoría esta oportunidade de aprendizaxe, a Julia de la Cal por achegarnos un oficio tradicional tan bonito e pola súa implicación, así como a todas as familias que puideches vir ó cole para colaborar con nós, INFINITAS GRAZAS!!!!





OFICIOS TRADICIONAIS

 Dentro do PDI NÓS: patrimonio in-material, estamos traballando durante este trimestre os oficios tradicionais de Malpica e da Costa da morte. 


Dende o Equipo de Radio propuxeron, para a posta en práctica do Laboratorio de Son, a realización de entrevistas sobre dita temática para festexar así, o Día da Muller Traballadora, e na nosa clase, e grazas ás familias, tivemos un montón de entrevistas realizadas nas casas, en formato papel, audio ou vídeo.

Ademais de traballalas na clase, subimos a Radio Balea, onde falamos un pouquiño sobre eses oficios tradicionais, e aquí o Podcast final: 

















DÍA DA MULLER ( 5º EI)


Entre outras actividades para a conmemoración do Día da Muller traballadora, o alumnado realizou entrevistas a mulleres do seu entorno con oficios tradicionais. Aquí tedes unha recopilación dos traballos que realizaron o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil nas súas casas:

 


Tamén na clase de 4 anos lemos o conto de Daniela Pirata e  realizamos uns colares con arxila branca. Cada peque fixo unha boliña de arxila e escolleu o molde que máis lle gustou para dar forma o colar. Despois, coa axuda dun punzón, escribiron por un lado 8M, como símbolo que representa a igualdade entre homes e mulleres, e polo outro lado, en vez de poñer o seu nome, escribiron o seu número de clase. Cando sequen as boliñas van pintalas e levaremos os colares para casa.

Bo traballo chic@s!!!!!

 FOTOS

Así de chulos quedaron os colares!!!!!






ANIVERSARIO DE BRAIS ( 5º EI)

 Hoxe no cole celebramos o aniversario de Brais, que xa cumple 5 anos. Para iso, esta semana pintou a tarta que máis lle gustou entre as dispoñibles, e a adornamos coas boliñas de plastilina que fixeron os seus compis.


Despois de soplar as velas e cantarlle, tod@s recibiron un agasallo, moitas grazas!!!!








MOITAS FELICIDADES BRAIS!!!

4.3.22

ENTROIDO (5º EI)

 O xoves 24 de febreiro, 4º e 5º de Educación realizamos unha festa de disfraces, na que cada quen podía vir ó cole como lle apetecera. Na nosa clase, antes de baixar á festa, tivemos unha grande merendola grazas a Ana e a Urko, os papás de Laia, que trouxeron unha cesta cheíña de cousas para compartir entre todos: filloas, crema de cacao para untar, un paquetiño individual con magdalenas, aspitos, chuches, unhas máscaras de photocall de agasallo, servilletas de cores... 


FOTOS

Quedamos todos alucinando con semellante agasallo!!!!!!!! MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!

Despois baixamos a psicomotricidade onde bailamos e xogamos coa música do cole que máis nos gusta. Foi unha xornada moi divertida.



E o venres 25, disfrazámonos, igual que o resto da Comunidade Educativa, de madamitos e madamitas de Cerqueda. Posto que o tempo non acompañou, cambiamos o pasarrúas en Malpica por un desfile no pavillón ó que convidamos as familias. Tras lucir os disfraces despois do desfile de 4º de EI, ambas clases bailamos a Riveirana, unha das cancións típicas desta tradición na nosa vila, para deixar paso ó seguinte turno de desfile.

MADAMITOS E MADAMITAS