Mostrando entradas con la etiqueta educación infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta educación infantil. Mostrar todas las entradas

30.10.24

Aula sensorial - Samaín

 Todos os alumnos de Educación Infantil pasaron estes días pola aula sensorial realizar diferentes actividades de Samaín:

- Facer un esqueleto con radiografías na mesa de luz.

- Minimundos con obxectos e bichos de Samaín experimentando coas luces.

- Debuxos de Samaín coa luz ultravioleta.

- Buscar arañas transparentes.

- Encontrar os bichos escondidos nas mesas sensoriais.

- Empregar lanternas de Samaín e ler libros de medo na cabaña.

E a actividade estrela foi facer pantasmas con palomitas, non tanto polas pastasmas se non por degustas as palominas que estaban moi ricas. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enalce: Samaín.
















24.4.23

PRE-ESCRITURA CON ARTE

 Coa chegada da primavera decidimos crear un mural colectivo entre o ciclo de infantil, un mural cheo de cores e formas.

Para iso, o alumnado en pequeno grupo e durante moitas xornadas foron traballando moi duro ata conseguir unha verdadeira obra de arte!!!!

Agora que xa está terminado os peques debuxaranse en papel periódico e pegaranse no mural!!!


Premer na imaxe para acceder á galería


16.2.23

Entroido en Educación Infantil

 Chegou o día máis esperado polos nenos e nenas, no que poden lucir os seus disfraces, así de guapos e guapas está a clase de:

4º E.I.



5º E.I.


6º E.I.






As fotos individuais do alumnado de 5 anos podedes velas premendo no seguinte enlace: Disfraz libre.