Mostrando entradas con la etiqueta alfin. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta alfin. Mostrar todas las entradas

21.3.23

DOS CASTREXOS ÓS ROMANOS II (6ºEI)

 Onte visitamos a biblioteca para atopar información sobre os romanos en Gallaecia.

Primeiro analizamos a CDU para intentar saber en que parte dos libros de consulta se atopaban os relacionados coa historia ou Galicia, despois buscamos o debuxiño nas estanterías e as profes seleccionamos varios que poderían ser interesantes.


Nas mesas e por grupos revisamos as pegadas dos romanos en Galicia e nos levamos prestados para clase os que máis nos interesaron.



Premer na imaxe para acceder á galería


15.3.23

DOS CASTREXOS ÓS ROMANOS I ( 6º EI)

Trala visita de Ana  Romero descubrimos que os Romanos estiveron en Galicia, así que lle pedimos ó alumnado de 1º de Primaria que nos dera algo de información sobre este asunto.


Hoxe na biblioteca escoitamos a súa presentación e descubrimos un montón de cousas: os romanos trouxeron as moedas, as calzadas romanas, novas técnicas para extracción de ouro... E deixaron grandes pegadas: a Muralla de Lugo, as termas de Ourense e a Torre de Hércules en Coruña, lugar que visitaremos na seguinte saída!!





MOITAS GRAZAS Ó ALUMNADO DE 1º EP!!





1.3.23

Mulleres Imprescindibles: Ana Romero Masiá (6º EI)

 Tras recibir a mensaxe da Serea Leo puxémonos mans á obra. 

O primeiro que fixemos foi pensar onde poderiamos atopar información, anotamos e buscamos paso por paso.




A primeira idea foi buscar por internet: Descubrimos que Ana Romero Masiá vive en Santiago pero ten casa en Barizo, que é historiadora, mestra e arqueóloga e que traballou 10 anos no Castro de Borneiro. Ademais atopamos unha noticia na prensa dixital do periódico La Voz de Galicia, polo que miramos e lemos noticias en varios exemplares en versión papel, que xa forman parte da nosa biblioteca de aula.

A segunda idea era atopar persoas que a coñeceran para contactar con ela: a profe Susana coñece a súa filla, polo que conseguimos o seu "correo electrónico" e o número de teléfono.

A terceira era invitala e escribirlle unha carta ou un correo: antes de contactar pensamos que queriamos saber e que nos gustaria que nos contase. Cando tiñamos pensado escribir un correo Borja chegou ó cole cun vídeo de Ana!!!!!! Neste a arqueóloga dixo que viría nuns días a visitarnos!!!


Ademais de seguir preparando a preguntas sobre que nos gustaría saber , decidimos poñernos no seu papel polo que nesta vez convertémonos en PALEONTÓLOGOS.
Cada neno e nena recibiu un pase de autorización para as Excavacións do Milladoiro ( aula sensorial), e por parellas tiveron que descubrir os fósiles agochados picando e limpando as pezas. Despois asociaron os fósiles atopados coas tarxetiñas explicativas do seu descubrimento.

Premer na imaxe para acceder á galería.



QUE GANAS DE RECIBIR E ENTREVISTAR A ESTA MULLER IMPRESCINDIBLE DA NOSA CONTORNA!!!!!








18.9.22

INVESTIGANDO FORMIGAS( 6º EI)

 Uxía, polo seu aniversario, trouxo un formigueiro para clase. Isto provocou unha grande motivación por coñecer e investigar as formigas. 


Premer na imaxe para acceder á galería

Tras falar delas pensamos... Que queremos saber? 

Algunhas das respostas foron como ulen e por onde, como beben e comen, como se quentan se non teñen caldeira, como entran nas casas cando está todo pechado, que é a bola grande que teñen no corpo, por que teñen tantas patas...

Pero para poder investigar temos que saber onde encontrar a información, e os resultados foron : observalas no formigueiro e no seu medio, buscar nos libros, realizar experimentos con elas, buscar por internet e preguntar a expertos en formigas.

Así que o venres buscamos formigas polo patio intentando sen éxito descubrir o seu formigueiro e fomos á biblioteca, onde tivemos que descubrir , lendo a CDU, en que parte están aloxados os libros sobre animais. Tras ver e ler moitos libros, levamos para clase aqueles nos que atopamos algunha formiga ou información sobre elas. 


Para a semana comezaremos un miniproxecto sobre elas!!








4.4.22

FLORES DE PRIMAVERA ( 5º EI)

 Coa chegada desta nova estación, a primavera, xurdiron na clase temáticas relacionadas coa natureza, o crecemento das plantas, animais, os niños de paxaros, as abellas... 

Nunha das asembleas, Catuxa comentou que sería alucinante aprender a facer flores de papel e que lle encantaría que a nosa clase estivera chea de flores.


Así que mans á obra!!!!!!! 

O venres no Leolab, na zona de creatividade, atopamos moitos libros de manualidades e estivemos investigando para atopar como crear flores en papel. Descubrimos varias formas, e votamos entre as dúas que nos pareceron máis doadas: caraveis e rosas. Gañaron os caraveis, así que nos puxemos a traballar nas nosas flores. 


Tras esta investigación, hoxe decidimos realizar unhas flores de primavera, pero a norma era que había que utilizar todo tipo de trazos: puntos, círculos, raias, espirais, zig zag... Traballaron moito e se esforzaron para deixar unhas flores preciosas que adornar a nosa clase!!!


Premer na imaxe para acceder á galería











10.11.21

Laboratorio Documental- Formación ( 4º /5º EI)


Iniciamos os Laboratorios de Aprendizaxe, desenvolvendo a formación do Laboratorio Documental: Formación de Usuari@s e Alfabetización en Información.

Esta formación é a base para a implementación dos restantes laboratorios ao longo do curso, sendo usuari@s competentes da BE-LeoLab Milladoiro, aprendendo a investigar, a documentarse.

Hoxe foi a formación de 4º e 5º de Educación Infantil da man da profe Belén, que non ensinou as normas da biblioteca, explicounos a súa organización e dinamizou unha búsqueda do tesouro adaptada a cada unha das clases, para coñecer os distintos espazos. Rematamos a sesión coa lectura dun conto que nos deixou a Serea Leo!


Premendo na imaxe tedes acceso ó álbum de fotos!!






ODS 4 da Axenda 2030