Onte rematamos cos traballos deste curso adicados a literatura, seguindo co PDI proposto polo biblioteca "Marabillarte", e o fixemos co libro da "vaca condesa"de Juan Alfonso Belmonte. Despois de ler o conto e buscar as vogais a palabra vaca, subimos a aula de arte para facer a nosa vaca condesa inspirándonos na Madrid cow gallery. Quedaron tan ben que as imos deixar ata fin de curso para a exposición final. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: vaca condesa.
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
29.5.26
11.2.20
ARTE MUSICAL (4º e 5º E.I.)
Os nenos e nenas de 3 e 4 anos realizaron unha actividade artística musical, pintando ao ritmo do Bolero de Ravel. Podedes ver todas as imaxes no seguinte vídeo.
29.10.19
ARTE TERRORÍFICA( 6º EI)
Esta semana estamos celebrando o Samaín, así que entre outras cousas, fixemos grafismo terrorífico. Decoramos un morcego, recortámolo, pegámolo nunha cartolina negra, e debuxamos repetidamente a súa silueta con tizas de cores molladas en auga. Crearon obras moi chulas!!
Posto que mañá, o ciclo de infantil e 1º ciclo de primaria, faremos a actividade Truco ou Trato, hoxe tivemos que facer un agasallo para o grupo que veña a visitarnos. Así que cando chegamos ó Leolab, atopamos unha mesa grande chea de materiais: paíños, teas, cartolinas, tesoiras de distintos tipos, goma eva, rolos de papel, papel de baño... e baixo a temática do medo, crearon agasallos terroríficos: vampiros, arañas, tumbas, momias, cabazas... e remataron explicando ós compis o seu traballo.
Pasáronno xenial desplegando toda a súa imaxinación e creatividade,
FOTOS: LEOLAB CREATIVO
É moi importante que ó longo da xornada haxa pequenos momentos de actividade, xa que os peques precisan moverse libremente e de forma case continua, así que aproveitando a temática do Samaín, tivemos dous momentos de baile na xornada de hoxe.
VÍDEOS: BAILAMOS DE MEDO
Posto que mañá, o ciclo de infantil e 1º ciclo de primaria, faremos a actividade Truco ou Trato, hoxe tivemos que facer un agasallo para o grupo que veña a visitarnos. Así que cando chegamos ó Leolab, atopamos unha mesa grande chea de materiais: paíños, teas, cartolinas, tesoiras de distintos tipos, goma eva, rolos de papel, papel de baño... e baixo a temática do medo, crearon agasallos terroríficos: vampiros, arañas, tumbas, momias, cabazas... e remataron explicando ós compis o seu traballo.
Pasáronno xenial desplegando toda a súa imaxinación e creatividade,
FOTOS: LEOLAB CREATIVO
É moi importante que ó longo da xornada haxa pequenos momentos de actividade, xa que os peques precisan moverse libremente e de forma case continua, así que aproveitando a temática do Samaín, tivemos dous momentos de baile na xornada de hoxe.
VÍDEOS: BAILAMOS DE MEDO
26.5.17
A GALIÑA AZUL (5º E.I.)
Para rematar o Mes das Letras estivemos traballando a Galiña Azul de Carlos Casares. Primeiro visionamos un conto que realizaou sobre este libro as aulas de Educación Especial do colexio Compañia de María. Despois realizamos sumas coas plumas da galiña azul, para finalmente facer a nosa propia galiña cunha técnica nova que é tinguir sal cun contagotas. Todo o traballo o podedes ver premendo no seguinte enlace: a galiña azul.
18.5.17
5.5.17
LETRAS (5º E.I.)
Comezamos a facer a nosa portada para os traballos que realizamos nos mes das letras e empregamos a técnica dos bastoncillos decorando así con puntiños de cores. Ademais tamén usamos, por primeira vez, os selos de estampación para poñer o noso nome e encantounos. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: letras.
6.4.17
PUNTILLISMO (5º E.I.)
Antes de marchar de vacacións de semana santa quixemos probar unha nova técnica plástica, o puntillismo, empregándolo para participar na elección da portada da revista escolar. Cada un fixo o seu propio debuxo e despois coloreámolo con esta técnica, podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: puntillismo.
BARRO (5º E.I.)
Finalmente terminamos de pintar as figuras de barro que fixemos a semana pasada na olería de Buño, tiñamos que ter moito coidado porque algunhas romperon no proceso aínda que quedaron moi ben, podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: barro.
5.4.17
PICASSO (5º E.I.)
Na clase de 4 anos, despois de traballar os músicos de Botero, comezamos analizar que outros pintores fixeran cadros de músicos e descubrimos a Picasso. O primeiro que fixemos foi buscar información sobre este gran pintor e aprendimos moito con este vídeo:
Con este vídeo e con diferentes libros que encontramos na biblioteca descubrimos moitas cousas de Picasso, entre elas que pasou por diferentes épocas e nunha delas comenzou a empregar a técnica do collage, por exemplo no cadro dos músicos, así que nos tamén intentamos facer a nosa propia producción, podedes ver todas as fotos desta actividade no seguinte enlace: músicos de picasso.
Por último, fixemos uns retratos imitando a Picasso que nos fixeron moito gracia porque colocaba os ollos, a nariz e a boca de forma rara... e o resultado dos cadros foron moi simpáticos. Ademais empregamos unhas pinturas especiais que son témperas sólidas, así que podedes ver todo o proceso premendo no seguinte enlace: retratos Picasso.
17.2.17
CORAZÓNS ENAMORADOS, CORAZÓNS CENTRIFUGADOS (5º E.I.)
Hoxe, Día dos namorados, aproveitamos para experimentar sobre a forza (a forza do amor). Para este experimento usamos un aparello que soemos ter nas cociñas e que empregamos para secar os alimentos. Primeiro descubrimos como, de verdade, se metemos un alimento mollado neste aparello logo sae seco.
Despois introducimos uns corazonciños de cores e unhas gotiñas de pitura e... xira que xira, volta que volta, forte moi forte os nosos corazonciños PERDERON O NORTE.
BOTERO (5º E.I.)
Esta semana comezamos a traballar o pintor, escultor e debuxante colombiano FERNANDO BOTERO. Primeiro estivemos analizando os seus cadros a través dunha presentación de power point, quedándonos claro que Botero pinta obxectos e persoas con volumen.
Fernando Botero de Salesianos Santander
Ampliando esta información cun conto de ZAMBA, visita o museo de Botero:
Ampliando esta información cun conto de ZAMBA, visita o museo de Botero:
Despois estivemos traballando como nos dibuxamos nos e como nos dibuxaría botero, quedando resultados moi simpáticos.
E o xoves convertémonos en pintores e escultores reproducindo algunha das obras de Botero, podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: botero.
10.2.17
TITO, EL MALABARISTA (5º E.I.)
Esta semana estivemos traballando este precioso conto que nos prestou a mestra Marta. Conta como Tito perde o seu nariz e está moi triste porque non atopa unha igual pero o final o dono de circo explícalle que el é moi importante e especial con nariz ou sen ela. Así que, esta semana traballamos as figuras xeométricas, debuxamos a Tito e lle dimos un nariz novo e tamén nos caracterizamos como el, dando como resultado este mural tan chulo.
Podedes ver un resumo de todas as actividades desta semana no seguinte vídeo:
1.12.16
MONSTROS QUE NON DAN MEDO (5º E.I.)
Esta semana tocoulle o turno os monstros que non dan medo, porque soamente están nos nosos soños e na nosa imaxinación, por eso cada uno de nos pode imaxinar o seu monstro como queira. Desta maneira, pasámolo en grande facendo os nosos propios monstros con miles de ollos, plumas, pernas e patas... Podedes ver todas as fotos premendo no seguiente enlace: Monstros.
26.11.16
LUZ NA ESCURIDADE (5º E.I)
Estamos intentando superar uns dos nosos últimos medos, o medo a escuridade, e para iso vimos un conto moi chulo, El buho que tenía miedo a la oscuridad, onde explica que se nunca estivera oscuro non poderíamos ver os fogos artificiais, a lúa, as estrelas...
E nos quixemos converter a escuridade en fermosa facendo uns murais moi coloridos.
Ademais tamén fixemos unha actividade plástica para comprobar que a escuridade pode ser divertida. Pintamos cunha cera negra un cuartilla de cartulina, pero tiña que estar toda toda negra, despois fixemos un debuxo picando a cartulina cun punzón, para finalmente ver os nosos debuxos coa luz do retroproxector.
Para rematar estivemos divertíndonos facendo sombras na pantalla. Podedes ver todas as fotos deste traballo premendo no seguinte enlace: Luz negra.
23.11.16
EL GRITO DE MUNCH (5º E.I.)
Esta semana comezamos a traballar o cadro "El grito" de Munch, xa que aparece unha persoa moi asustada e non sabemos porque. Desta maneira, o primeiro que fixemos foi analizar porque ten esa cara de susto e apareceron ideas moi diversas: unha pantasma, unha ola xigante, uns policías, unha tormenta... Despois cada un de nos puxemos esa cara de susto, xa que pintamos o cadro e sustituimos a súa pola nosa, foi un proceso moi divertido.
Se queredes ver todo o proceso de creación dos cadros, premede no seguinte enlace: "El grito" de Munch.
Con a cara de susto fixemos uns gift moi divertidos, e premendo na seguinte imaxe podedes ver cada un deles.
10.11.16
CERAS PRANCHADAS (5º E.I.)
Seguimos experimentando con novas técnicas plásticas dentro do proxecto do cole: pintamos moito! e esta vez derretivos ceras brandas e despois pranchámola saíndo diferentes formas, algunhas incluso parecendo pantasmas e monstros. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: ceras pranchadas.
13.6.16
EL JUEGO DE LOS NIÑOS (6º E.I.)
Na excursión do pasado martes o Museo Etnolúdico de Ponteceso estivemos analizando o cadro El juego de los niños de BRUEGHEL, que serviunos para coñecer moitos dos xogos tradicionais que agora xa están perdidos. Así que buscamos en internet o cadro e fumos recordando algúns destes xogos coa axunda da seguinte páxina web.
Atopamos xogos como a silla da reina, os zancos, o escondite, golper o aro, construccións... e despois coloreamos os xogos que mais nos gustaron.
12.6.16
RETRATOS EN XUÑO (6º E.I.)
A comezo de curso realizamos un autorretrato e agora en xuño volvimos a facer outro para comprobar a nosa evolución despois de traballar durante todo o curso a arte. Como estes días estábamos traballando a Leandro Lamas, empregamos a técnica dos bastoncillos e as súas cores vivas para adornarlo. Este foi todo o proceso de elaboración dos autorretratos finais:
E aquí podedes comprobar dita evolución:
A NOSA VERSIÓN DE LEANDRO LAMAS (6º E.I.)
Este ano conocimos moitos pintores con motivo da PDI do centro e quixemos rematar con Leandro Lamas, xa que ilustrou algúns dos poemas de Manuel María, como por exemplo no libro-CD Canta o cuco, onde estes son cantados por Uxía e Magín Blando. Desta maneira, primeiro buscamos na biblioteca libros que ilustrara Leandro Lamas, despois visonamos algunha das súas obras e, finalmente, fixemos a nosa propia interpretacións, cada un dun cadro distinto.
5.6.16
ACUARELAS DE GALICIA (6º E.I.)
Finalmente fixemos as nosas paisaxes de Galicia con acuarela e ceras brandas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)













