23.4.24

LECTURA... NA RÚA! E PICNIC SAUDABLE.

Para celebrar o Día do Libro, non se nos ocorre unha mellor idea que ler na nosa praia, na praia de Malpica.

Pasamos un día marabilloso preparando o noso picnic saudable (brochetas de froitas e mini sándwiches), para despois merendar rodeados de todos os nosos amigos e amigas e, finalmente, ler un conto todos xuntos.

Se queredes ver as fotografías, pulsade na imaxe de abaixo.




19.4.24

4ºEI- A PLANTAR !

Xa é primavera! Así que este marabilloso día cheo de sol e perfecto para... plantar!

Coñecimos as sementes de Caléndula, e plantamos cada unha a súa. Agora están na aula para poder coidalas e regalas, observar como van medrando e trasplantarlas cando sexa necesario. 

Se queredes ver a estos magníficos xardineiros, premede na imaxe.




 

16.4.24

4º EI- ANIVERSARIOS ABRIL...TAMÉN LECTORES!

 Este mes de abril celebramos o aniversario de Nerea. Como xa é costume na nosa clase o día antes facemos a tarta de cumple. 

Nos fai moita ilusión cando algún compañeiro/a está de cumple, bailamos moito , comemos a tarta e nos emociona que veñan as familias a contar o conto.

Moitas gracias a familia de Nerea por facer isto posible. Parabéns! 🎉



Preme na imaxe para acceder á galería