O 24 de febreiro conmemórase a Rosalía de Castro cun día dedicado especialmente para ela e nos fixemos varias actividades na clase e tamén outras nas que participou todo o alumnado do centro. Na foto anterior pódese ver un mural de Rosalia de Castro feito con anacos de papel o estilo de Andy Warhol, tivemos que pintar, recortar e colocar os papeis no lugar onde nos tocou.
Ademais fixemos un debuxo dun verso de Rosalía, no noso caso dunha canción que falaba de Rosalía, elexindo o tema Rosalía pequeniña de Uxía.
Nesta canción fala do que Rosalía soñaba con ser, así que representámola sendo unha fada, unha india, unha pirata... e despois pegámolos nun mural conxunto para todo o cole.
Por último, como noa guastou tanto a técnica de Andy Warhol fixemos o noso propio cadro de Rosalía e ademais modificamos as nosas fotos coa súa técnica, primeiro co ordenador e despois en papel. Co ordenador este foi o resultado:
E un resumo de todo este traballo, queda recollido nas seguintes fotos: