Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!
Para comezar pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia.
Esta semana, tendo en conta que imos de excursión a Santiago e que é o aniversario de Selena, fomos de viaxe con ela a percorrer o camiño de Santiago, pasando por Arzúa, Sobrados dos Monxes, Lavacolla e por suposto Santiago.
Como os peques de 5º de Infantil levan todo o curso facendo o seu "Camiño", decidimos perdirlles axuda para que nos explicaran un pouco máis, así que nos contaron o que son as credenciais, a compostelana, os distintos camiños que hai, os itinerarios polos que eles pasaron... Aprendimos un montón de cousas!!!
Rematamos a actividade mirando o conto de "Bo Camiño Peregrino"
MOITAS GRAZAS ÓS PEQUES DE 5º EI
POLA SÚA AXUDA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario