Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas

22.11.25

Experiencias de outono (4º E.I.)

 Estas semanas estivemos traballando con diferentes elementos do outono con actividades moi divertidas. Empregamos o millo en múltiples xogos, facendo camiños, trasvases... e incluso descubrimos que as palomitas veñen do millo e que ricas estaban. Tamén fixemos choiva con auga azul e xogamos coa auga en diferentes envases. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: outono.



11.11.25

Recursos outono (4º E.I.)

 Estas  semanas que estamos traballando o Outono, estamos empregando diferentes recursos que tamén podedes usar dende a casa. Deixo os enlaces:

- Conto:

El ladrón de hojas

O ladrón de follas. Os números

Un poco perdido

- Cancións:

 O moucho de Migallas

O outono de Uxía Lambona e a Banda molona

Otoño llegó marrón y amarillo.

- Xogo online do outono:


10.11.25

Outono e Magosto (4º E.I.)


A semana pasada estivemos traballando o outono e gracias a colaboración das familias poidemos realizar este fermoso mural que preside o corredor da nosa clase. Ademais de facer múltiples actividades coas follas e ler o conto "O ladrón de follas" que lles gustou moito. O pasado venres celebramos o Magosto no centro realizando xogos tradicionais de magosto co resto de compañeiros/as das outras clases e moitos deles probaron as castañas por primeira vez, con diversas opinión. Podedes ver todas as fotos premendo nos seguintes enlaces: Outono e Magosto.

26.10.20

OUTONO ( 4º EI)

 O outono xa chegou cargadiño de actividades na clase dos nenos e nenas de 3 anos: pintamos o contorno da folla, semellamos ao vento soprando follas, clasificamos todos os elementos do outono que aportaron as familias, debullamos, probamos os froitos secos e os froitos carnosos (cos que se pode facer zume)...podedes ver todos os traballos do outono no seguinte vídeo resumo.


22.11.19

MANDALA DE OUTONO (3/4 anos)

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos estiveron realizando diversos mandalas de outono quedando tan bonitos como podedes ver nas fotos.






27.10.19

BÚSQUEDA DO TESOURO EN BUÑO

O martes o ciclo de infantil e 1º ciclo de primaria fixemos unha actividade colaborativa na natureza, visitamos o parque de Buño onde hai grande cantidade de espazo natural.

Ó chegar explicamos o xogo: buscar na contorna unha serie de cousas (dúas follas distintas, sementes, paos, cousas ruidosas, suaves, rugosas, brandas, duras...) despois fixemos seis grupos mixtos, e cada grupo tiña a lista dos elementos para atopar, un rotulador para anotar, unha lupa, unha caixa con visor, unha bolsa e unha lanterna de luz UV.
 Tras facer o xogo, merendamos e rematamos a xornada xogando no parque. Pasámolo xenial e ademais utilizaremos os elementos naturais para facer un mural do outono e actividades artísticas nas aulas.



BÚSQUEDA DO TESOURO EN BUÑO

26.9.19

Benvido Outono (6º EI)

O outono xa chegou , así que imos celebralo.

Con todos os elementos naturais que aportaron as familias creamos un novo espazo na clase, o recuncho natural. Construímolo entre todos a partir da clasificación destes en varias caixas: follas amarelas, verdes, marróns, vermellas, flores e froitos.

Ademais utilizámolos para facer obras plásticas, nas que debuxamos a contorna dunha folla verde en papel de periódico, e decorámola con trazos oblicuos e puntiños.  Quedaron uns traballos espectaculares!!!!
Aínda así queda pedente facer un mjural conxunto con todo infantil!

Como novidade, hoxe Dania trouxo a clase unha planta de Aloe Vera, e posto que é un ser vivo temos que coidala, pero como nos sabemos o que precisa para medrar, faremos unha pequena investigación sobre a cantidade de luz e auga que precisa!


Fotos outono

19.11.17

FROITOS DO OUTONO: NOCES (5º E.I.)

Continuamos cos diferentes froitos de outono, desta vez tocáronnos as noces. Desta vez, para pintalas de marrón, non usamos pincel, pinturas, rotuladores ou os dedos. O que fixemos foi estampar estropaxo verde mollado en pintura marrón nas noces, foi unha maneira diferente de decorar.



10.11.17

FROITOS DE OUTONO: A CASTAÑA (5º E.I.)

Esta semana fixemos outro froito de outono, nesta ocasión tocounos a castaña.
Pintámola de marrón coa cera branda e logo fixemos boliñas pequenas coa plastilina negra; practicando así a motricidade fina.


17.11.16

OUTONO FOTOGRÁFICO


Este é o mural do Outono fotográfico que fixemos entre todo o centro e que agora adorna unha das paredes, encantounos poder buscarnos e atopar tamén aos nosos amigos, irmáns...


27.9.15

BENVIDO OUTONO!!! ( 5º EI )

Celebramos a chegada do outono decorando a clase con árbores pintadas cos dedos!!! Mirade que bonitas árbores, son uns artistas!!!

hipocampillo's ARBORES OUTONO album on Photobucket

22.9.15

CHEGOU O OUTONO (6º E.I.)

Coa entrada do outono son moitos os cambios que vemos no noso entorno e podemos traballalos a través deste xogo, creado por " Proyecto Medusa. Contenidos Digitales Ed. Infantil. Gobierno de Gran Canaria", que comeza cunha animación na que faise un percorrido polos aspectos máis significativos do outono.

http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/agrega/visualizar/es/es-ic_2009102913_9134518/false
 
Proyecto Medusa. Contenidos Digitales Ed. Infantil. Gobierno de Gran Canaria. - See more at: http://enlaescuelacabentodos.blogspot.com.es/2012/09/el-otono.html#sthash.ERsxQ6nM.dpuf"
Proyecto Medusa. Contenidos Digitales Ed. Infantil. Gobierno de Gran Canaria. - See more at: http://enlaescuelacabentodos.blogspot.com.es/2012/09/el-otono.html#sthash.ERsxQ6nM.dpuf

7.10.14

OUTONO CHEGOU...(5º E.I.)

Xa chegou a estación do outono á clase de 4 anos e celebrámolo con diferentes decoracións como mandalas, a nosa árbore con follas, setas... aqui os deixamos unha pequena mostra.




Tamén estamos aprendendo a canción "Otoño llegó marrón y amarillo".