24.6.15

FELIZ VERÁN


O equipo de Educación Infantil despedímonos por este curso 2014/2015, voltaremos en setembro coas pilas cargadas e moitas novas ideas que plasmaremos no blogue día a día. Soamente desexarvos un feliz verán a todos e todas!!!

OBRADOIROS FIN DE CURSO






Rematamos o curso con dous obradoiros no patio, un de nós, onde fixemos pulseiras moi chulis, e outro de redeiras, aprendendo cousas sobre algúns dos oficios propios da nosa terra.








FESTIVAL FIN DE CURSO (5º E.I.)

Os alumnos/as de 5º E.I. son uns artistas e así o demostraron o pasado 18 de xuño no Festival de fin de curso coa canción Glu, glu, glu  de Mamá Cabra. Se alguén quere o vídeo pode pasar recollelo polo cole ata o 1 de xuño.



glu from Sandra on Vimeo.

XORNADA DE CONVIVENCIA

O pasado mércores 17 de xuño, tivemos a Festa de Convivencia en Buño, onde nos reunimos os profes e alumnos do C.R.A Nosa Señora do Faro, o CEIP Milladoiro e o CEIP Joaquín Rodríguez Otero, que nesta ocasión foi o anfitrión. Grandes e pequenos pasámolo en grande.





22.6.15

PIZZEROS POR UN DÍA ( 4º EI )


Unha das actividades de fin de curso foi a de crear as nosas propias pizzas. Fixemos a masa, botamos os ingredientes ( tomate, xamón, queixo e orégano) e metímolas no forno pequeno na clase. Estaban boísimass!!!
hipocampillo's PIZZA album on Photobucket

ACTUACIÓN FIN DE CURSO ( 4º EI )


O GALO ,MARTA from bemilladoiro on Vimeo.

20.6.15

IMOS Á PRAIA DE CANIDO ( 4º EI )

Para celebrar o día do medio ambiente e concienciar ós cativos da importancia de manter o mar e as parias limpas, o ciclo de infantil visitamos a Praia Maior e Canido. Paseamos vendo que tipo de lixo estaba na area, pensamos quen o tiraría, que lle pasarían os animais con tanto lixo no mar e na praia... despois estivemos xogando na praia de Canido, merendamos e voltamos ó cole. Pasámolo en grande!!




16.6.15

FINALIZACIÓN DO PROXECTO DA PRAIA (5º E.I.)






Estando a piques  de rematar o curso, tamén terminamos o proxecto da praia. Foron moitísimas as cousas que aprendemos, os diferentes tipos de cunchas, o traballo das mariscadoras, todo o relacionado co buceo, as estrelas de mar... por iso agradecerlle ás familias toda a información e os obxectos que aportaron. 
Para finalizar fixemos un mural onde todos imos a praia.








VISITA DE IGNACIO

O pasado venres recibimos a visita de Ignacio, un contacontos de Lalín que nos divertíu coas súas historias de burros que non lle deixaban pasar, cancións en galego moi divertidas... esperamos pronto outra visita.




EXCURSIÓN A PRAIA (5º E.I.)




O pasado xoves fixemos unha excursión a praia para conmemorar o Día do Medio Ambiente, traballamos moito recollendo lixo da praia de Canido e por iso gañamos un diploma de membro da brigada ecolóxica. Imos estar moi atentos para que ninguén tire nada o chan nin na praia.


14.6.15

MONCHO E A MANCHA ( 4º EI )

A principios deste mes recibimos a visita de Paula, a nai de Alba, que nos contou o conto de " Moncho e a mancha" e a visita de Pamela,a nai de Adrián, que contou o conto Mamá, de qué color son los besos? Moitísimas gracias as dúas e ata a próxima.






5.6.15

EXCURSIÓN A GRANXA-ESCOLA (5º E.I.)

Cun pouco de atraso aquí tedes a mostra do xenial que o pasamos o pasado xoves na granxa-escola de "O ventoso" en Laracha. Fixemos pan, montamos a cabalo, en poni... e aprendimos un montón de cousas sobre os diferentes animais.


2.6.15

PORTADAS TRABALLOS ( 4º EI )


Esta semana comezamos a elaborar as portadas dos nosos traballos, encántanos usar os pinceis!!!
hipocampillo's PORTADAS album on Photobucket

1.6.15

EXCURSIÓN Ó VENTOSO ( 4º EI )

 
 
O xoves saímos de excursión á unha granxa escola, O Ventoso, pasámolo xenial, montamos en poldro, o cepillamos, fixemos pan, dimos de comer a ovellas, porcos vietnamitas, cabras, cabalos, cans, patos, ocas, galiñas... estivemos no horto, xogamos nun campo moi grande... Foi un día inolvidable, e aquí algunhas fotos...
hipocampillo's EXCURSION album on Photobucket