27.10.21
XII Semana das Lecturas Terroríficas (5º E.I.)
22.10.21
Cociña cabazas (3 anos)
Onte fumos a cociña para festexar o Samaín e fixemos cabazas de mandarina terroríficas. Podedes ver as fotos de toda a xornada premendo no seguinte enlace: cabazas.
19.10.21
Martes robóticos: Realidade aumentada con plastilina ( 6º EI)
Esta semana comezamos a coñecer a realidade aumentada con Play-Doh Touch. Neste caso cada neno/a tivo que crear unha ou varias formas con plastilina, inventadas ou utilizando os moldes, e despois colocalas nunha plataforma.
Cada peque tiña unha tablet, polo que tiveron que buscar a aplicación correcta para darlle vida ó seu boneco ou figura e despois disfrutar interactuando con el.
Seguiremos xogando os seguintes martes ata que poidamos crear un titorial para compartir coa Comunidade!!!
17.10.21
VISITA CENTRO ECUESTRE O VENTOSO ( 5º EI)
O venres visitamos O Ventoso, unha granxa-escola, xa que dentro do noso proxecto de aula "Os vehículos", estamos investigando a evolución dos transportes e agora centrámonos nos animais e nos carros.
Neste espazo natural realizamos moitas actividades divertidas: acariciamos a unha chinchilla moi suave, a varios coellos de indias, dimos de comer ós porcos, vimos ovellas e cabras e un montón de aves diferentes: gansos, ocas, patos, paxaros, pavos reais, cisnes... pero sobre todo aprendimos moito sobre os cabalos/ponis: como dirixilos, as partes da montura, porque usan ferraduras e quen as coloca, que comen, e onde viven...
PASÁMOLO XENIAL!!!!!!
14.10.21
ANIVERSARIO DE DIEGO ( 5º EI)
A pasada semana, Diego estivo de aniversario, XA TEN 4 ANOS!!!!!!!
Así que comezamos a elaborar a súa tarta, el pintou as bases de porexpán e os compañeiros/as fixeron bolas de plastina, que despois colocamos na tarta quedando moi bonita!!!!!
Cantamos e felicitamos a Diego e sorpou a súa vela!!!
MOITAS FELICIDADES DIEGO!!!
13.10.21
Pastel de cenoria (5º E.I.)
Estamos preparando a nosa visita a granxa escola do Ventoso para ampliar os nosos coñecementos sobre os primeiros vehículos, é dicir, os animais. Estes días comezamos a investigar sobre que comen os cabalos e un dos seus platos preferidos son as cenorias pero como hai moitos nenos/as que din que non lles gusta decidimos facelas en pastel. Aquí podedes ver todas as fotos da xornada: pastel de cenoria.
9.10.21
Martes Robóticos: escornabots ( 6º EI)
Nas últimas sesións continuamos traballando cos escornabots, xogando con eles e analizando que cousas importantes temos que ensinarlles a toda a Comunidade Educativa.
Tras moito practicar, xa temos creado o noso vídeo sobre escornabots.
Unha vez que teñamos varios vídeos feitos, aprenderemos a crear códigos QR para elaborar o mural de titoriais no Leolab.
Titorial escornabots - Kizoa Movie Maker
8.10.21
Proxecto os vehículos: Bucando información ( 5º EI)
Hoxe, despois da asemblea, saíu o tema dos vehículos.
Se as pernas e pés son o 1º medio de transporte, cal foi o segundo?....
Pensamos, e deducimos que sería utilizar ós animais: vacas, xirafas, elefantes, burros... tamén que os animais tiraban dos carros e carretas, e que para as carretillas non necesitamos animais. Así que na hora de biblioteca buscamos na zona de libros de consulta libros sobre este tema, e atopamos libros sobre trens, globos aerostáticos, barcos...e dous moi interesantes, un sobre vehículos moi modernos con desplegables que decidimos que tiña que ir na mochila viaxeira por todas as casas e outro que trata o tema da evolución nos medios de transporte, así que...
EFECTIVAMENTE, OS ANIMAIS FORON O SEGUINTE VEHÍCULO PARA TRANSPORTAR MATERIAIS E PERSOAS!!!!
7.10.21
PROXECTO: OS VEHÍCULOS ( 5º EI), ZANCADAS
Unha das cousas que queriamos saber era cal foi o primeiro vehículo, así que pensamos como unha persoa podería levar algo dun lugar a outro, tras descartar a idea de lanzar cousas porque algunhas pesan moito, chegamos á conclusión de que o primeiro vehículo son os pés e pernas!!!!!
Así que miramos cando miden os nosos pés comprobando a talla de zapato e debuxamos a silueta, que despois pintamos cos pinceis.
Tamén lemos o conto "Rita zancada infinita", no que se traballa entre outras cousas, o respecto á diversidade, as emocións e a aceptación.
PDI NÓS: Patrimonio Inmaterial ( 5º EI)
Hai uns día recibimos unha mensaxe da Serea Leo solicitando axuda, así que decimos realizar unha asemblea en Radio Balea para saber que coñecemos de Malpica!!!!!
O NOME DA NOSA CLASE ( 5º EI)
A pasada semana decidimos poñer un nome para a nosa clase, xa que non podemos ser a clase de Marta ou Sandra porque a clase somos tod@s, tampouco a clase de 4 anos, pois algúns peques aínda non os cumpliron e en breves comezarán a cumprir 5 anos, e a clase de 5º de Infantil non nos gusta moito.
Así que pensamos como nos poderiamos chamar, polo que cada un escribiu nunha folla a súa proposta para evitar que se "copien"as ideas, por tanto tivemos moitísimas propostas:
Clase dos unicornios, tractores, patinadoras, globos, troncos, pantasma, arco da vella, o vento, Marisa, Evaristo, galiñas, xirafas, corazóns, pulpos, muñequitos, barcos...
Comezamos as votacións, e eliminamos aquelas propostas que non tiveron ningún apoio, despois votamos de novo varias veces descartando as menos apoiadas, e determinamos que somos ...
A CLASE DOS VEHÍCULOS!!!!
Así que facemos unha asemblea para determinar que queremos saber. Como de momento é un tema bastante amplo, as ideas van xurdindo pouco a pouco.
Durante esta semana lemos na aula o conto: El lobo que no quería andar más.
A través deste conto, e polas novas rutinas da asemblea, estamos introducindo os meses do ano. Así que utilizando os vehículos que coloreamos para o cartel da clase, fixemos un xogo para asociar os distintos vehículos que empregou o lobo co seu mes do ano.
6.10.21
Préstamo de libros (5º E.I.)
O pasado venres innauguramos a apertura da biblioteca co préstamo de libros. Acudimos como sempre co noso carnet e rexistramos que libro levaba cada un, xa nos tardaba retomar o programa das bolsiñas viaxeiras. Todas as fotos premendo no seguinte enlace: préstamo de libros.
4.10.21
HOXE LE ( 5º EI)
Hoxe ábrese oficialmente a biblioteca escolar, polo tanto recuperamos a actividade de HOXE LE, que por culpa do Covid-19 tivemos que paralizar o pasado curso.
Neste novo curso escolar, o alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria gozará de novo das lecturas dos compañeiros e compañeiras voluntari@s de 3º a 6º de Primaria. Tendo en conta o noso horario, esta actividade realizarase por quendas en diferentes días, evitando que se xunte alumnado de distintas aulas.
Hoxe Lara e Noa contaron a historia de PRINCESA KEVIN ó alumnado de 5º EI.
BO TRABALLO CHICAS!!!!