31.5.15
NOVO PROTAGONISTA: IZAN ( 4º EI )
A semana pasada tivemos un novo protagonista, Izan, que aínda ten tres anos, pero celebramos o aniversario de 4 xa que cumple no verán e non hai clase!! Veu a súa nai a contarnos a súa historia coa que coñecimos un pouco máis a Izan, encántalle xogar a pelexas co seu irmán Diego, tirarse polo chan, as motos... Moitas gracias e ata a próxima!!!
30.5.15
EMOCIONÓMETRO: AS PINZAS DAS EMOCIÓNS ( 4º EI )
22.5.15
ÚLTIMA DAS EMOCIÓNS: A CALMA ( 4º EI )
Aínda que xa traballamos a calma, a tranquilidade, aprendimos a relaxarnos... esta semana a palabra CALMA tivo máis relevancia, falamos e pensamos sobre o monstro verde, por que está tan tranquilo, cando nós estamos en calma, que facer para relaxarnos, cousas verdes que atopamos por clase...
21.5.15
MIÑA ABUELA MANUELA ( 4º EI )
PROTAGONISTA DA SEMANA: ANTÓN ( 4º EI )
Esta semana o protagonista foi Antón, e hoxe celebramos o seu aniversario pero de mentira, xa que ata o verán non terá 4 anos. Descubrimos un montón de cousas sobre el, quere ser médico de animais, encántanlle as chuches, o entroido... e para esta festa non podían faltar os papás, que contaron a historia de Antón. Moitas gracias e ata a seguinte.
A PALABRA TEN VIDA
Con motivo da celebración das Letras Galegas 2015, este ano os alumnos e alumnos do CEIP Milladoiro grabamos un vídeo coa a canción A palabra ten vida do disco de Brinca Vai! de Paco Nogueiras. Esta no blogue da biblioteca e esperamos que vos guste, nós os fixemos con moita ilusión.
19.5.15
18.5.15
NOVA PROTAGONISTA: MARA ( 4º EI )
A semana pasada celebramos o aniversario de Mara, aínda que foi un tanto especial, xa que en verdade cumprirá 4 anos no verán, pero queríamos que tivera a súa semana de Protagonista. O papi leu un conto, escrito na casa pola familia, no libro viaxeiro que axudou a que coñeceramos máis a Mara, encantounos!! Moitas gracias por vir, e ata cando queirades!!
17.5.15
15.5.15
11.5.15
CIENTÍFICOS: CATAPULTAS ( 4º E I )
A semana pasada foi a semana da ciencia, e no cole habilitamos un aula para facer experimentos. O luns, Pablo apareceu cunha catapulta e comezamos a xogar, foi divertido ver como había cousas que voaban e outras non, así que xa tiñamos algo que investigar como científicos. O venres fomos á aula a investigar, que chegaría máis lonxe, bolas pequenas ou grandes, pesadas ou lixeiras...e xogamos coas catapultas a encestar distintos obxectos. Qué divertido!!!
9.5.15
EMOCIÓNS: O MEDO ( 4º EI )
8.5.15
SEMANA DA CIENCIA
Esta semana dedicámola á ciencia e todas as clases acudimos ao laboratorio en diversos momentos. A clase das curuxas realizamos diferentes experimentos relacionados coa auga, descubrindo cousas tan interesantes como ca auga do mar é salgada e nela flotan os ovos, ca plastilina flota se ten forma de barco...
NOVA PROTAGONISTA: BABEL ( 4º EI )
Esta semana tivemos una nova protagonista: Babel, e celebramos que este domingo cumplirá xa 4 anos. Para a celebración do seu aniversario recibimos a visita da súa nai e de Pablo, que é como un padriño para ela, e contaron a historia escrita no libro viaxeiro, descubrimos cousas moi interesantes e comimos un montón. Moitas gracias!!!
4.5.15
EMOCIÓNS : A ALEGRÍA( 4º EI )
O luns da semana pasada apareceu un novo monstro no mural, esta vez era amarelo e tiña cara de contento, así que algún dixeron que era o monstro feliz, contentísimo... ata que o martes descubrimos a palabra ALEGRÍA, falamos por que estaba alegre o monstro, cando estamos alegres nós, sobre cousas amarelas,,,
Suscribirse a:
Entradas (Atom)