17.5.24

AS PERIPECIAS DOS "AVENTUREIR@S DO MILLADOIRO"

Estes cativiños teñen moitas ganas de aventuras... Estar sempre na casa, cole e parque non é suficiente para toda esta curiosidade.

Por iso no entroido decidiron ir de exploradores, para indagar nas cousas marabillosas que ten a natureza e tamén... vivir unha arriscada aventura!

Con motivo da celebración das Letras Galegas tedes este marabilloso video con as súas peripecias. Queredes ver todo o que aconteceu neste viaxe ao bosque? Non o ides a crer! 

VI Concurso de Podcasts-Radio na biblio

Premio VI Concurso Podcasts-Radio na biblio

Estamos en hora boa, o podcast de 6º de educación infantil resultou premiado no VI Concurso de Podcasts-Radio na biblio cunha produción propia a modo de concurso que percorre a biografía de Luísa Villalta e co acompañamento do acordeón de Suso Moreira.

O podcast será difundido na páxina web da Radio Galega e na plataforma dixital A Galega Audio e a asignación do premio (1.250 €) será destinada, tal e como recolle a convocatoria do concurso, a melloras no laboratorio de radio ou actividades relacionadas co seu funcionamento, sempre vinculado á biblioteca do centro. Escoitade con atención se a Luísa Villalta queredes coñecer e ata podedes probar, a ver se sodes quen de respostar:


Acceso a memoria do proxecto facendo clic 👉 MEMORIA ¨XOGANDO CON VIOLINOS¨

16.5.24

6º EI_ LETRAS GALEGAS: LUÍSA VILLALTA

O Día das Letras Galegas no presente ano está adicado a Luísa Villalta e dende a aula de 6º de Educación Infantil estivemos traballando a figura desta escritora.                                                                   
Traballamos sobre aspectos da súa vida, as súas obras e a implicación social que deixou demostrada no gran activismo que exerceu na busca la liberdade e a igualdade así como a colaboración do movemento NUNCA MÁIS ou o NON A GUERRA de Palestina.

Creamos uns marcapáxinas de Luísa Villalta e preparamos un concurso que presentamos en directo no centro cívico co gallo do FESTIVAL DAS LETRAS, baseado no podcast que presentamos ao VI Concurso de Podcasts Radio na Biblio e que resultou premiado!


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS E TODAS!