30.1.20

ECOPOMBA


Como xa sabedes formamos parte do programa "Recíclate con Sogama" e este mes estivemos traballando a reciclaxe de distintas maneiras. O primeiro contacto foron as charlas que recibimos por parte dos nosos compañeiros/as máis maiores que nos ensinaron como empregar os caldeiros verde, amarelo e azul que agora tíñamos na clase e resolveron todas as nosas dúbidas (fotos).
Despois vimos un capítulo dos Storybots, que nos gustou moito de porque tíñamos que reciclar e traballamos con dous libros da nosa biblioteca cos que tamén aprendimos moitas cousas, Yared e a reciclaxe  e Que le pasa al planeta?. Neste último libro explícanos a importancia que teñen os nosos pequenos actos para o planeta e como axudarlo a mellorarlo. A partir de ahí estivemos pensando diferentes cousas que cada un de nos podíamos facer, pero como tamén estabamos a traballar a paz, ocorréusenos reutilizar materiais e facer unha pomba con materiais reciclados. Unha pomba que loita contra a guerra e neste caso, contra a guerra dos plásticos, así que empregados as botellas de auga que terminamos na merenda, os tapóns de plástico, as palliñas... e creamos a nosa ECOPOMBA. 
Os nosos compañeiros do 1º ciclo de E.P. colaboraron creando as nubes con mensaxes de paz e os símbolos da paz con tapóns reciclados. Podedes ver todas as imaxes do proceso premendo no seguinte enlace:  ecopomba.



RECICLANDO EMOCIÓNS


Na clase de Educación Emocional aproveitamos que tíñamos moitos material reutilizable que nos sobraron doutros traballos, papeis distintos, tapóns, macarróns, bastoncillos, plumas, limpiapipas... e representamos as diversas emocións que estamos traballando, aínda que esta actividades gustounos tanto que casi todos os puxeron contentos. Podedes ver as fotos de todo o proceso premendo no seguinte enlace: reciclando emocións.

DIA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz e como todos os anos baixamos a conmemorar este día con todos os nosos compañeiros e compañeiras cantando no patio a canción de Mamá Cabra Beixo, Abrazo e Apreixón (que podedes volver a oír premendo no seguinte enlace). Enchemos o patio de abrazos e de bicos vivindo grandes momentos, por iso podedes ver todas as fotos no enlace: Día da paz.


Pequeciencias 4º grupo

laboratorio4º from bemilladoiro on Vimeo.

PROXECTO DO CORPO: ENFADADITIS ( 6º EI)

Esta semana xa rematamos de crear ó noso virus ENFADADITIS. Para isto, decidimos entre todos que forma tería e gañou círculo, tamén votamos a cor e houbo moita competencia entre o rosa e vermello, pero gañou este último.

Despois determinamos que partes tería: ollos, patas, nariz, boca, cola  e pinchos. Fixemos grupos de traballo por parellas, de forma que cada unha se centrara na creación dunha parte, e unha vez todo organizado, marchamos ó Leolab, onde deron moita conta da súa imaxinación e creatividade para converter e reutilizar restos de materiais nunha obra de arte.

E ASÍ NACEU ESTE ENFADADITIS TAN SINGULAR E MONSTRUOSO!!!



O ENFADADITIS

O 3º RETO DA DOUTORA TIRITA E OS VIRUS DA PAZ ( 6º EI)

O luns, na caixa dos retos da Doutora Tirita, atopamos unha nova peza do que pensamos que é un puzle e un cartel con novas preguntas que debemos responder.

RETO 3


En canto as pezas, comezamos a sospeitar de que se trata de Marie Curie, por que xa podemos ler a palabra Marie, pero aínda non está demasiado claro, teremos que seguir traballando para coñecer este misterio.
En canto ó novo reto , a doutora pídenos descubrir que é un virus e como se contaxia, e para iso :


- Investigamos na biblioteca
-  Recibimos un libro que trouxeron as nenas de 5º de Primaria, posto que sabían que estabamos investigando sobre este tema :




- Visualizamos o seguinte:












Tamén propuxo que nos convertéramos en virus bos, e que no Día Da Paz, contaxiaramos a todos de sentimentos positivos. Cada un escolleu o que máis lle apetecía:

Dania e Breixo contaxiaron calma, Anna, Valentina e Noa contaxiaron amor, Saúl apretas, Leo cosquillas, Santiago protección, Clara mimos, Marcelo e Benito alegría e Antía sorrisos.


CONTAXIANDO POLAS AULAS









28.1.20

CERAS DE XEO (3/4 anos)

Os nenos e nenas da clase de 3 e 4 anos crearon ceras de xeo. Primeiro probaron a facelas de diferente maneira con auga, con alcohol, colorantes... para comprobar que elementos se conxelaban e cales non. Cal foi a sorpresa o día seguinte que as ceras de alcohol non se conxelaran, así que soamente puidemos pintar coas de auga, que fría estaban e que rápido se derretían. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: ceras de xeo.



23.1.20

XOGOS VIAXEIROS: A MALETA VACA ( 6º EI )

Esta semana, por fin, comezamos a dinámica de repartir responsabilidades semanais. Unha delas é a maleta Vaca, que contén xogos viaxeiros, pero como é distinta ós xogos do curso pasado, dedicamos unha sesión a xogar en pequenos grupos cos materiais que irán por todas as casas.

Esta vez inclúe o xogo do Equilibry, no que hai que colocar pezas pequenas enriba dunha máis grande que se balancea sen que caian as demáis, utilizando dous dados que indican que peza e en que base temos que colocala, o xogo do Dominó , o libro Mis robots en Pijamarama que utilizamos nos recunchos dos sentidos e querían volver a utilizar, xa que permite ter ilusións ópticas,  o xogo da Palabra Oculta, no que colocando a inicial de cada debuxo proposto descubrirán as palabras agochadas e un xogo de sumas e restas.


A MALETA VACA

LEOLAB ( 6º EI)


Esta semana descubrimos que os virus vense utilizando un microscopio, pero os nenos e nenas pensaban que podiamos utilizar outros aparellos, así que fomos ó Leolab a buscar artefactos que nos axudaran. Entre as cousas que temos alí, decidiron que o espello, unha lupa e un tubo serven para ver virus ademais do microscopio, polo que na próxima semana intentaremos utilizar todos os aparellos para comprobalo.

Aproveitando o espazo no que estabamos, propuxen varias actividades : Lego , palliñas, mesa interactiva e un novo material, o Makedo, un xogo con ferramentas de verdade pero adapatado ós máis pequenos. Escolleron libremente, a maioría o Makedo, e algúns acabaron facendo construcións moi orixinais utilizando os parafusos, o aparello para facer buratos, desparafusador...


LEOLAB

PROXECTO O CORPO: 2º RETO DA DOUTORA TIRITA ( 6º EI )

O luns, ó chegar a clase, descubrimos na caixa dos retos da Doutora Tirita dúas cousas: unha peza que non identificamos, pero parece ser un puzle e unha nova proposta.

Esta vez temos que inventar un Violentovirus e unha menciña, ademais de contestar a unha pregunta moi doada: que precisamos para ver un virus?

Para escoller o nome do noso violentovirus, primeiro decidimos que contaxiaría, para iso votamos entre Enfado, medo ou tristura, e gañou o enfado. Despois escollemos o nome entre varias ideas propostas polos peques: Enfadaditis, Enfadadolloritis, Enfadotán, Enfadococo, Enfadomáis, Enfadodonta e Enfadatodo. Entre todas elas , e tras unha dura votación, escollimos O VIRUS ENDADADITIS.

Despois cada un debuxou como se imaxina a este virus.

ENFADADITIS


Pero todavía quedaba crear unha menciña. Para iso decidimos crear unha vacina e tivemos propostas moi interesantes: Enfadido, Quitavirus, Cordaatrapavirus, Pinchadavirus, Escudomenciña, Vacinavirus e Cariñotrón. Trala votación gañou Cariñotrón, e entre todos engadimos os ingredientes:
- 4 corazóns
- 5 respiracións
- 6 flores
- 1 clase de Yoga
- 100ml amor
- 6 minutos falando



RETO 2

20.1.20

RECÍCLATE CON SOGAMA ( 6º EI)

Agora na clase temos tres cubos para separar o lixo que xeramos, por iso, o pasado venres, recibimos a visita do alumnado de 6º de Primaria que nos explicou como se utilizan os distintos contedores: amarelo, azul, verde, marrón...

Ademais organizaron un xogo no que tiñamos que colocar cada residuo no lugar correspondente. Moitas grazas por axudarnos coa reciclaxe!!!



VISITA

19.1.20

PROXECTO DO CORPO : RETO 1 DA DOUTORA TIRITA ( 6º EI)

O martes, ó chegar a clase, descubrimos a caixa da Doutora Tirita na que plantexa un reto. Fixémolo moi ben, pero xurdiu unha dúbida : que é un VIRUS?

Uns dicían que eran prateados, outros que eran anticuerpos, que son xigantes, que son minis, que son vermellos, negros, que morden, teñen pinchos...así que subimos á radio a facer unha tertulia sobre os virus.

Agora estamos á espera de saber que pista e que reto teremos a próxima semana!!!!!!


RETO 1



17.1.20

RECUNCHOS DOS SENTIDOS ( 6ºEI)

Comezamos este trimestre repasando os sentidos, e para iso pasamos por 5 obradoiros:

Sentido do gusto: metimos un dedo en sustancias misteriosas: cacaco, azucre, aceite, fariña e vinagre, pero cos ollos pechados e tivemos que adiviñar que era o que estabamos probando.

Sentido do olfato: ulimos varias cousas e clasificamos as que nos gustan e as que non.

Sentido do tacto: pasamos descalzos por un camiño con distintas texturas e xogamos coa caixa máxica: metendo a man e sen sacar o obxecto tiñamos que describilo: liso, rugoso, áspero, suave, duro ou brando, e adiviñar que era.

Sentido da vista: xogamos cun libro con efectos visuais, outro escrito en braille e probamos a debuxar algo cos ollos tapados.

Sentido do oído: escoitamos varios sons e tivemos que tachar nunha folla o debuxo correspondente ó son, pero tiñamos que estar moi atentos, xa que había máis debuxos que sons.

SORPRESA NAVIDEÑA ( 6º EI)

O primeiro día á volta das vacacións do Nadal, na árbore da entrada da clase, atopamos uns paquetes e descubrimos que os Reis Magos deixaran uns agasallos: un libro sobre o corpo, outro con posturas e actividades de relaxación e unha boneca super bonita!!!!!!!!!

QUE SORPRESAS MÁIS AGRADABLES!!!