29.2.20

GRANDES IDEAS ( 6ºEI)

O xoves un neno da clase tivo unha grande idea, pensou que sería estupendo poñer carteis a cada cubo de lixo, para evitar que ninguén se confundira e poder facer unha mellor reciclaxe. Propuxémolo ó resto da aula e todos estiveron de acordo, por tanto fixeron os carteis entre todos e quedaron así de ben:

28.2.20

DOUTORA TIRITA E EXPERIMENTO CIENTÍFICO ( 6ºEI)


Antes de celebrar o Entroido , recibimos o último reto da Doutora Tirita, no que din que para ser auténticos/as científicos/as tiñamos que utilizar aparellos do laboratorio como lupas ou microscopios.

A comezos de xaneiro fixemos un experimento científico, cando estabamos investigando como se contaxian os virus. Ese día , á subida do patio e antes de merendar, fomos á cociña e dividimos a clase en dous grupos: o que tiña as mans sucias e os que as lavaron. Cada grupo tocou un trozo de pan de molde e metéronno nunha bolsiña, de forma que ó rematar tiñamos tres bolsas: pan tocado coas mans limpas e lavadas, pan tocado con mans sucias e pan non tocado sacado directamente do paquete orixinal.

Aproveitando o reto da Doutora Tirita , hoxe marchamos ó pequeciencias, onde miramos e comprobamos as nosas hipóteses ( o pan sucio ule mal, os virus comeron o pan, todos os pans están estropeados, haberá montañas de virus...) Tras analizar o pan vimos que o pan sucio estaba moi estropeado e tiña pinchiñas negras, pero non había rastro de moho nin virus. Así que tras saber que o pan de molde ten conservantes, decidimos esperar varios meses más e volver a comprobar como está o pan. Xa que estabamos no pequeciencias, utilizamos os microscopios para ver pel de cebola e as lupas.




FOTOS

18.2.20

GUANTES DE XEO (4º e 5º E.I.)


A pasada semana os nenos e nenas de 3 e 4 anos seguiron con seus experimentos, nesta ocasión cos procesos de transformación da auga. Para elo, meteron en guantes auga en estado líquido que despois con boliñas de cores que despois introduciron no conxelador. Para recuperar as boliñas tiveron que romper o guante e esperar a que se desconxelara.





13.2.20

5º RETO DA DOUTORA TIRITA ( 6º EI)

Esta vez a caixa dos retos estaba chea de cousas. A doutora Tirita dixo que o Enfadaditis estaba comezando a infectarnos e por tanto cada vez eramos menos amables, por este motivo , ademais de deixarnos a peza por superar o reto anterior, o reto da semana é ser moi amables!!!!!
Para axudarnos regalounos a vacina Cariñotrón e un cartel para solucionar os conflitos.
Temos un reto duro pero podemos facelo!!!!!


FOTOS

11.2.20

ANTICHIVATOSE (4º E 5º E.I.)



Para celebrar a PAZ cada clase creou un virus maligno pero tamén unha vacina para curalos. Os nenos e nenas de 3 e 4 anos explican claramente cal crearon na súa clase.

ARTE MUSICAL (4º e 5º E.I.)

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos realizaron unha actividade artística musical, pintando ao ritmo do Bolero de Ravel. Podedes ver todas as imaxes no seguinte vídeo.


10.2.20

4º RETO DA DOUTORA TIRITA ( 6º EI)

A semana pasada na caixa dos retos conseguimos unha peza máis do noso puzle, xa sospeotamos que se trata de Marie Curie.

O reto desa semana foi deseñar o disfraz de virus bo para o Entroido, e ademais poñerlle nome segundo a emoción boa que imos contaxiar. A maioría irá disfrazado do virus escollido na Semana da Paz, pero algún e algunha cambiou a emoción a contaxiar.


DESEÑO DOS DISFRACES



ANIVERSARIO DE CLARA ( 6ºEI)

A semana pasada celebramos o aniversario de Clara, que xa cumpliu 6 anos!!!

Coma sempre describimos a súa personalidade, como é, características que a describen, e despois fixemos un libro con debuxos entre todos, pero antes de facelo falamos sobre os gustos de Clara, as súas cores preferidas e as cousas que non lle gustan nada. Mentres todos se esforzaron en facerlle o debuxo, ela decorou a portada para o se libro. Tamén trouxo agasallos para todos!!!!!!

Moitísimas felicidades e moitas grazas Clara!!!! 

FOTOS

PROXECTO O CORPO: A VACINA DO BO TRATO ( 6º EI)

5.2.20

PIZZA EN 4º e 5º E.I.


Na clase de 3 e 4 anos estiveron de sorte esta semana, xa que o pasado luns foron a cociña a elaborar as súas propias pizzas, que despois comeron na mereda. Estiraron a masa, botaron o tomare, o queixo e despois cada un os ingredientes que quixeron. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: pizza.

2.2.20

LABORATORIO DE IMAXE , 4º GRUPO ( INFANTIL E 1º CICLO)

O  cuarto grupo xa pasou polo laboratorio de imaxe e coma sempre , todos aprendimos xuntos, colaborando para poder obter resultados.

As actividades realizadas xiraron ó redor dun tema concreto: O rescate da Serea Leo, un xogo de pistas ou escapismo. A dinámica nas sesións foi a seguinte:

- 1º sesión: falamos sobre o que é un xogo de escapismo e como funciona, despois de saber o que é, descubrimos que temos que rescatar a Leo, pero primeiro manipulamos candados de chaves e de números, lanternas de luz UV,  utilizamos a mesa de luz,  e usamos a Tablet para atopar imaxes de Realidade Aumentada agochadas na clase, non sen antes identificar o icono da aplicación.



FOTOS 1º SESION


- 2º sesión: visualizamos a mensaxe que deixa a Serea Leo e os piratas malvados. Dividimos a clase en dous grupos mixtos, pero esta vez, e vista as experiencias anteriores, por un lado fixeron a actividade o alumnado de infantil con Ana nunha clase do 2º andar e o grupo de primaria comigo, Marta, na aula de apoio de infantil; xa que para facer un xogo de este tipo é necesario grupos pequenos e adaptado ó nivel cognitivo dos peques. Fixemos o xogo, todos atopamos á Serea Leo, e intercambiamos opinións sobre a experiencia.




ESCAPISMO

FOTOS

- 3º sesión: facemos unha asemblea sobre o que máis lles gustou, se cambiarían algo... despois fixemos un traballo de mesa no que tiñan que debuxar e escribir o que máis lles gustou e os materiais/elementos utilizados (candados, lanternas, chaves, caixas, mesa de luz...) Mentres uns traballaban (os maiores axudaron ós máis pequenos), outros gravaban no chroma a súa opinión sobre a actividade.