Seguimos investigando sobre o espazo, así que nesta ocasión xogamos e experimentamos con imáns, para poder entender a gravidade. Descubrimos que os imáns atráense rápidamente, pero hai un lado que repele, e tamén que non se poden pegar en todas as superficies...buscamos na clase lugares onde os imáns podan pegarse... claro, NO METAL!!!!
Mostrando entradas con la etiqueta ESPACIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESPACIO. Mostrar todas las entradas
30.3.17
ESCULTURA: FACEMOS MARCIANOS ( 6º EI )
Estre trimestre traballamos as esculturas, así que fixemos uns marcianos en plastilina!!!
28.3.17
INVESTIGAMOS OS PLANETAS E A LÚA ( 6º EI )
Descubrimos una canción dos planetas que nos gusta moito!!!!
Ademais da información dos libros atopamos un vídeo que nos axudou moito na
nosa investigación sobre a LÚA!!
15.3.17
DIA DA MULLER TRABALLADORA ( 6º EI )
chroma dia da muller from marta couto on Vimeo.
12.2.17
VISITA DE PAULA: SISTEMA SOLAR ( 6º EI )
29.1.17
AXUDAMOS A ORIONA: EXPERIMENTAMOS COA GRAVIDADE ( 6º EI )
Tras ver este vídeo sobre a gravidade decidimos facer experimentos sobre a gravidade. A conclusión Oriona: as cousas na terra caen por culpa da gravidade, unha forza que atrae as cousas ó centro da Terra, e no espazo case non hai gravidade, por iso flotan.
19.1.17
SALTAMOS ESTRELAS 6º EI
Xogamos a saltar as estrelas seguindo a secuencia nummérica. No principio saímos de un en un, pero despois xogamos dous ó mesmo tempo, somo meteoros, así que temos que ter coidado de non chocar, e se nos equivocamos na secuencia numérica tragaranos un agullero negro!!!
11.1.17
ORIANA: A AMIGA INTERGALÁCTICA DE SUPERZORRO
15.12.16
12.12.16
29.9.16
O ESPAZO: INVESTIGAMOS
O martes chegamos pola mañá e Alba trouxera o Libro Cd de Pablo Díaz, Toc Toc, así que o miramos e escoitamos a canción sobre a Galaxia, e como querían bailar, BAILAMOS!!!! eso sí, cando parara a música quedarían como estatuas.
Como o día anterior resolveramos a hipótese de por qué non vemos as estrelas cando é de día, fixemos a experiencia para comprobalo. Apagamos todas as luces da clase excepto a do proxector, que nesta actividade fai de sol, e colgamos unha das estrelas do camiño, atopadas o día anterior, detrás do proxector. Puxémonos diante do "SOL" , o proxector, e ver se podíamos ver as estrelas de detrás, cousa imposible.
Deixaramos pendente a visita á Biblioteca, así alá marchamos. Atopamos moitos libros, pero so levamos a clase aqueles que falaban sobre as estrelas.
Vimos, na hora de ler, un corto de Pixar sobre a Lúa e as estrelas, e xurdiron varias preguntas: as estrelas teñen luz?, que é a gravedad? cantas lúas existen?
Intentaremos das respostas a estas preguntas pouco a pouco.
28.9.16
INICIAMOS PROXECTO: O ESPAZO
Ó comezo de curso, ó falar nas asembleas que queríamos aprender e investigar xurdiron varias propostas sobre o espazo: ir ó planetario, investigar as galaxias... e unha hipótese concreta: Por qué non podemos ver as estrelas cando é de día?
Dixeron que as estrelas non se ven porque están detrás da lúa, dentro do sol, que están no ceo, , que están no espazo, que de noite si se ven...
Este luns a primeira hora, na subida as aula, atopamos un camiño de estrelas de diferentes cores e numeradas. Saltamos de unha a outra ata á última, a alí estaba a nosa sorpresa, un TELESCOPIO!!!!! Algúns nenos e nenas dixeron que servía para ver o ceo, o sol, a lúa, as estrelas... miramos por el, por todas as mirillas que atopamos, ata descubrir por onde era o sitio correcto. Estabamos moi ilusionados, así que baixamos ó patio a mirar por el e descubrir algo, pero o ceo estaba cheo de nubes, aínda que algún neno asegurou ver a lúa.
Unha vez na clase, e traballada a hipótese na semana anterior, anotamos onde poderiamos buscar información dixeron: na biblioteca,en internet e en casa. Así pois, fumos á biblioteca do cole, pero estaba ocupada, volvimos a clase e buscamos por internet onde descubrimos que as estrelas non se ven de día por que... hai moita claridade pola luz do sol!!! Seguindo na pantalla, e por iniciativa dos peques, debuxamos cousas que estaban no espazo: a lúa, as estrelas, o sol e a Terra.
Para pedir información ás familias fixemos votacións de entre todas as ideas que deron sobre a forma da nota: cadrado, rectángulo, círculo, rombo, esfera, poliedro, cubo, óvalo, calavera, estrela, cilindro... fixemos varias votacións ata que gañou a estrela contra o cilindro por 12 a 0.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)