28.5.21

ANIVERSARIO DE AINARA ( 4º EI)

 Hoxe Ainara está de cumple, xa ten 4 anos!!!!!!


Por iso leva  a súa coroa e os debuxiños que fixeron con moito agarimo os seus compañeiros e compañeiras.





Moitísimas felicidades Ainara!!!

OS BOTES DA CALMA ( 4º EI)

 Hoxe traballamos a calma, para iso dividimos o grupo en dous e así realizamos dúas actividades: por un lado unha sesión de Ioga e polo outro un obradoiro para realizar un bote da clama.

Na cociña elaboramos o noso bote botando auga, aceite hidratante, pintura, purpurina, pegamento e varias contas brilantes. Ó final o bote non quedou como esperábamos, pero a sesión foi divertida, e é importante aprender dos erros!!!


FOTOS



26.5.21

Monstro de Cores ( 4 EI)

Dende a pasada semana, a pesar de seguir co Proxecto do Bosque, comezamos a traballar as emocións de forma máis específica a través do conto: O Monstro de cores.


Ademais de ler este conto realizamos varias actividades:



Utilizamos a ruleta das emocións. como me sinto eu?





Recoñecemos emocións nos demais na Pantalla interactiva


Separamos as emocións


-Emocións propias e alleas na mesa de luz


BASAJAUN: O SEÑOR DO BOSQUE NO PAÍS VASCO ( 4º EI)


Hoxe, despois de merendar, tiñamos preparada unha sorpresa na biblioteca .

Cando chegamos estaba Urko, o papá de Laia, e o primeiro que fixemos foi escoitar a seguinte mensaxe:







Despois Urko, contounos quen era o que mandaba a mensaxe e o que facía ( vixiar e coidar dos bosques), e despois escoitamos o conto Basajaun: epidemia en el bosque.

 Neste conto, os animais do bosque e o Basajaun deciden colocar papeleiras para que os visitantes non tiren o lixo no chan, xa que estaban enfermando, así que xurdiu a idea de pedir ó Concello algunha papeleira máis para o parque de Malpica , porque somos amig@s dos bosques e imos axudar ó Basajaun. (Intentaremos escribir unha carta se nos da tempo)








A madeira das árbores tamén serve para facer música, e neste caso vimos este vídeo onde se utiliza un instrumento propio do País Vasco e Navarra, o Txalaparta:

 



Rematamos a sesión facendo pequenos sons de percusión coas claves e os tronquiños de madeira do noso recuncho de construción.




Moitísimas grazas a Urko por ensinarnos tantas cousas e polo agasallo, o conto do Basajaun!!!!!!

14.5.21

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Hoxe, o alumnado de infantil e 1º de Educación Primaria, visitamos o centro cívico onde gozamos dunha actuación da man de Soraya Lema e Adela Dios , chamada " O exército das paxariñas", unha representación de obras escritas e obras traducidas de Xela Arias.






DÍA DA FAMILIA ( 4º EI)

 Mañá, 15 de maio, celébrase o Día Familia e dende o cole decidimos crear un agasallo para elas!!


Dentro do noso empeño por axudar ó Esquío en Apuros,  e contribuir a destruír o noxo, o que nos anoxa para construír un mundo mellor, lema deste trimestre dentro do PDI: Visión 3C, creamos unha maceta con barro, que despois de cocer, pintamos; creamos o cartel onde vai o noso nome con papel reciclado e transplantamos as sementes que tiñamos medrando en maceteiros de cartón reutilizable. 


Ademais realizamos uns debuxos moi fermosos!!!

Esperamos que este agasallo vos guste moito, e que consigades que as plantas medren máis , que de momento son pequeniñas!!!




                                Fotos:  Debuxos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS ( 4º EI)

 

- Realizamos marcapáxinas





- Xogamos con este recurso ofrecido polo Seminario Galán:

7.5.21

PROXECTO O BOSQUE: AXUDANDO A UN ESQUÍO EN APUROS ( 4º EI)

 Tras recibir a solicitude de axuda do esquío, realizamos unha asemblea na que decidimos que fariamos para axudar a salvar os bosques, e así construir un mundo mellor:


- Escribir ós que talan árbores para que soamente corten as árbores necesarias.

FOTOS

- Reciclar papel, xa que o papel ven das árbores

FOTOS


- Plantar: cousa que xa fixemos

- Comprometernos a tirar o lixo no contedor axeitado





ANIVERSARIO DE SARA ( 4º EI)

 Onte Sara estivo de aniversario, XA TEN 4 ANOS, así que, ademais de felicitala e cantarlle, levou a coroa decorada por ela e a cartolina cos debuxiños dos compañeiros e compañeiras.








MOITÍSIMAS FELICIDADES SARA!

3.5.21

Recuncho Robótico - Tres porquiños

 Estreamos o noso recuncho Robótico co xogo dos tres porquiños, tiñamos que axudar a cada porquiño a chegar a sua casa cos materiais apropiados pero sen pasar por enriba do lobo. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: recuncho robótico dos porquiños.



2.5.21

PROXECTO O BOSQUE: UN ESQUÍO EN APUROS ( 4º EI)



ANIVERSARIO DE ROSALÍA ( 4º EI)

 Onte foi o aniversario de Rosalía, por tanto o venres levou a súa coroa e os debuxiños dos compañeiros e compañeiras. Aínda que xa lle cantamos e desexámoslle moitas felicidades, esperamos que onte tivera un día estupendo.









Rosalía xa ten 4 anos, MOITAS FELICIDADES!!


1.5.21

SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE ( 4º EI)

Xa levamos un tempiño traballando co conto dos 3 porquiños, así que realizamos unha sesión na aula de psicomotricidade na que todos eran lobiños que camiñaban polo bosque, pero ó parar a música , tiñan que agocharse seguindo as indicacións: ir ó círculo, cadrado ou triángulo, agocharse de 1 en 1, de 2, 3 ou 4 nas formas amarelas, vermellas ou azuis. 

Rematamos a sesión realizando xogos grupais. Pasáronno pipa!!!