Mostrando entradas con la etiqueta dinosaurios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dinosaurios. Mostrar todas las entradas

26.4.16

EXPERIMENTO: COMO DESCONXELAR UN OVO? (6º E.I.)

Finalmente quixemos facer un experimento para comprobar como traballan os paleontólogos e que instrumentos teñen que empregar para sacar os osos de dinosaurio cando os encontran conxelados. 
Para o noso experimento o primeiro que fixemos foi meter dinosaurios pequenos nun globo, encher os globos de auga e despois para o conxelador.















Despois de dous días os sacamos do conxelador e despois de comprobar que estaban moi fríos, plantexamos distintas hipótesis de como os podíamos desconxelar, xa que tiñamos que sacar os dinosaurios que estaban dentro.


A primeira hipótesis  foi poñer os ovos debaixo dunha luz moi potente (a cal non tiñamos), a segunda deixala o sol (pero tardaba moito), a terceira foi facer un reflexo cun obxecto brillante e dirixir este cara os ovos (pero non conseguimos facer dito reflexo), a seguinte foi empregar un martelo (a mais rápida aínda que saltaban xeos por todos lados) e a última usar un secador de pelo, que sustituimos polo secador de man do baño, coa sorpresa co ovo derretíase e volvíamos a obter agua, foi todo un descubrimento!


















HUELLA DE DINOSAURIOS (6º E.I.)

Outra característica que descubrimos dos dinosaurios foron as súas huellas, xa que os herbívoros e os carnívoros teñen huellas distintas e así o comprobamos coa area e os distintos dinosaurios.




E nos fixemos a nosa propia huella da man para comparala coa do dinosaurio.

 

 

O NOSO OVO DE DINOSAURIO (6º E.I.)


Tamén quixemos facer o noso ovo de dinosaurio para que nos quede para sempre. Buscamos algo na clase que nos servira para facer a forma e no recuncho da arte atopamos unha O que era perfecta. Así que lle dimos forma, eleximos a cor e cando secaron pusémoslle as pintiñas. Estamos encantados con os nosos ovos. 






















Este foi o proceso:



 E este o resultado: 

OSOS CON MACARRÓNS (6º E.I.)


O noso traballo cos dinosaurios levounos a plantexarnos quen os descubrira, xa que sabemos que fai miles de miles de anos que xa non existen. Así que fixemos de paleontólogos, rebuscamos nas areas, descubrimos osos que formaban un esqueleto de diplodocus, reconstruímolos e, finalmente, os recreamos con macarróns. Quizá o resultado non nos quedou moi parecido o do museo pero o proceso encantounos.


13.4.16

COCIÑAMOS OSOS DE DINOSAURIOS (6º E.I.)


PALEONTÓLOGOS en 6º E.I.

Quen descubriu os dinosaurios? grazas os paleontólogos hoxe en día sabemos como son os dinosaurios, así que trouxemos area e atopamos diferentes partes dun dinosaurio o cal tivemos que reconstruir.


Ademais unha alumna deixounos ver detinadamente fósiles, así que comprobamos como se atopan estes nas pedras e como teñen que traballar os paleontólogos para que despois podamos disfrutar dos dinosaurios nos museos.


Finalmente cada un fixo o seu propio fósil, este é un resumo de toda a actividade:




PROXECTO DOS DINOSAURIOS (6º E.I.)


Tras o éxito que tiveron os dinosaurios durante o segundo trimestre co proxecto do museo, decidimos adicar un tempo a estudar os dinosaurios un pouquiño máis. Desta maneira comezamos preguntándonos que sabíamos sobre eles e que queríamos saber:


Estamos realizando distintas investigacións como por exemplo como naces, como extinguíronse, que comen... aumentando día a día o museo, que casi non nos colle na mesa.


Unha das primeiras actividades que realizamos foi a clasificación dos dinosaurios e para iso consultamos os libros que trouxeron os diferentes nenos e nenas a clase, este é un pequeno resumo: