Mostrando entradas con la etiqueta monstros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta monstros. Mostrar todas las entradas

16.10.19

MONSTROS (4º/5º E.I.)

Seguimos coa aventura monstruosa na clase de 3 e 4 anos e nesta ocasión fixeron uns maravillosos monstros con palliñas, ollos e tapóns. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: monstros.


31.10.17

MONSTROS MARIÑOS (6º E.I.)


Estivemos preparando a nosa actuación para as lecturas terroríficas e para iso o primeiro que tivemos que facer foi crear o noso monstro mariño. Entre todos fixemos un monstro que chamamos PULTISER MARIÑO e tiña cabeza de pulpo, tentáculos que terminaba en serpes, orellas e dentes de tiburón, raias de tigre, cinco ollos e lingua de serpe. Cada un fixo o seu propio debuxo.


Despois con diferentes partes cada un creou o seu propio monstro, podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: monstrons mariños.


1.12.16

MONSTROS QUE NON DAN MEDO (5º E.I.)


Esta semana tocoulle o turno os monstros que non dan medo, porque soamente están nos nosos soños e na nosa imaxinación, por eso cada uno de nos pode imaxinar o seu monstro como queira. Desta maneira, pasámolo en grande facendo os nosos propios monstros con miles de ollos, plumas, pernas e patas... Podedes ver todas as fotos premendo no seguiente enlace: Monstros.