30.12.12
VEÑEN OS REIS MAGOS
Por fin o día máis esperado da semana....o día que viñeron os Reis Magos!!
E aínda que daban un pouquiño de medo, démoslle a nosa fermosa carta chea de ilusións, e como non, de xoguetes que nos gustaría ter nestas vacacións. Cantamos paixoliñas e esmerámonos por demostrarlles que nos portamos moi ben este ano.
A ver se non se olvidan de nada...
BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO DOS NENOS/AS DE 3 ANOS!!!
NADAL, DOCE NADAL
Preparámonos para o Nadal!!! A última semana de clase estivemos moi atarefados decorando a nosa propia árbore navideña, repartindo brillantes e creativas postais caseiras para todos, pintamos pinas de cores para o taller de Nadal, escoitamos contos de nadal, aprendemos dúas paixoliñas moi divertidas e ata fixemos de reposteiros por un día creando deliciosas galletas.
E como non, participamos no concurso de debuxos navideños para o Concello e probamos os doces típicos de Nadal, en especial o turrón de chocolate porque o mazapán non nos gustou tanto como esperabamos.
Agora só falta que chegue Papa Nöel e os Reis Magos cargados de agasallos...como somos tan bos...
18.12.12
A vosa árbore
6.12.12
O NOSO PROPIO CORPO
Estos días descubrimos cousas novas do noso corpo e de nós mesmos. Coñecemos o nome de moitas partes do corpo, as diferencias e similitudes entre nós e con outras especies e a importancia de cada unha delas.
E fixémolo a base de xogos, algunha creación artística e sobre todo...bailando e cantando, o que máis nos gusta!!
Logo descubriremos os poderes máxicos dos sentidos que de seguro que nos sorprenderán, non o perdades!
26.11.12
O Outono e o Samaín
Xa estamos no outono e decubrimos os cambios máís significativos da natureza e as cores típicas da estación. Contamos, escoitamos e vimos contos seguindo a sinfonía de Vivaldi, experimentamos cos sentidos as características das follas secas e creamos un cadro e un mural con innovadoras técnicas artísticas.
Para conmemorar o día de Samaín tamén creamos caretas monstruosas, debuxamos e comentamos elementos que nos dan medo e ampliamos o noso vocabulario.
HAI QUE VER COMO TRABALLAMOS!!
25.11.12
romería de inverno
22.11.12
O twist dos esqueletos
20.11.12
A Castañeira
30.10.12
COÑECEMOS OS COGOMELOS
Estos días descubrimos un novo alimento típico do outono que podemos atopar nos montes e bosques galegos e que aínda hoxe son moi descoñecidos pola súa gran variedade. Famalos dos cogomelos!!
Algúns son comestibles, e moi bos e outros son as casas dos Pitufos. Pero coidado!!, tamén os hai que son tóxicos ou non comestibles e poden ser perigosos para a saúde. Descubrimos as súas formas, as cores e representámolos con plastilina e con debuxos.
Aínda falta moito para ser expertos...pero....pouquiño a pouquiño descubrimos os seus recunchos máis descoñecidos.
27.9.12
A VENDIMA
Xa estamos no outono e como xa sabemos comeza a época de recoller as uvas, pisalas e tratar o seu zume para facer o viño. Como era de esperar tamén fixemos o noso propio "viño", esmagando a uva coas mans. E ademais, reciclamos un pouco de viño para pintar as uvas da ficha de arte.
Hai que ver como traballamos!!!
26.9.12
POR 1ª VEZ NO COLE!!
Por fin comezamos o cole!!!
Estamos entusiasmados por xogar, coñecernos e aprender a ser maiores.
E neste período de adaptación logramos os nosos obxectivos: xa non lle temos medo a vir ao cole nin a subir no bus, fixemos novos amigos/as, xogamos cos distintos rincóns da clase, coñecemos as rutinas e xa comezamos a traballar con fichas e xogos. Ademais fixamos unhas normas para a aula que xa comezamos a cumplir e coñecemos aos especialistas que nos acompañarán neste curso xunto co noso amigo Cuqui que fala en inglés e Parrulo Pepe.
QUÉ DIVERTIDO É O COLE!!!
2.7.12
Camisetas artísticas
Antes de rematar o curso celebramos A Tómbola, xogamos a xogos populares e recibimos unha estupenda camiseta de premio. E por suposto, como artistas que somos démoslle un toque persoal e especial. Un recordo máis que nos permite expresar e ampliar a nosa visión artística do mundo dende o noso punto de vista; a dos nenos. Seguro que as poñemos de moda!!
28.6.12
Rematou o curso!
21.5.12
15.5.12
Paz Andrade
No colexio de Santa Comba, prepararon este video coa vida de VALENTÍN PAZ ANDRADE que é o autor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras. A min pareceume que vos había de gustar. Aquí volo deixo e xa me contaredes se acertei.
3.5.12
TALLER DA PRIMAVERA
2.5.12
O DÍA DO LIBRO
13.4.12
De excurión ao ACUARIUM
Antes das vacacións de Semana Santa despedímonos o grande, fomos de excursión ao Acuarium!!
Alí poidemos ver distintas especies de peixes como o tiburón, as raias, os atúns, o peixe paiaso...entre outros moitos. Ademais aprendemos a recoñecer algúns mamíferos (que non son peixes) como as focas e as baleas. Estremecímonos no tacto dos ourizos e da estrela de mar e quedamos abraiados ao descubrir cómo os buzos alimentan os animais do acuarium. Finalmente vimos o planeta terra e escoitamos atentamente as explicacións da nosa guía. E cómo non! Comemos de camping e xogamos no parque. Isto sí que é divertirse!!
12.4.12
O XORNAL NA TELEVISIÓN
Creamos o noso propio TELEDIARIO na televisión, qué mellor forma hai de aprender os medios de comunicación?
Fixemos entrevistas, representamos distintos roles (cámara, actriz/actor, xornalista, presentador, meteorólogo/a). E todo isto baixo distintos decorados e con distintas e innovadoras novas. Qué ben o pasamos!!
20.3.12
APRENDEMOS CON 5 ANOS
Neste curso xa coñecemos ao avó de Manuel que nos fixo pensar nos cambios materiais e culturais que se deron dende a súa infancia. E vaia se hai diferencia, nós temos de todo!
Tamén ensinamos cada un de nós a profesión e o oficio dos nosos pais coa axuda dunha ferramenta, aprendemos a medir con distintas instrumentos e profundizamos nos novos coñecementos que se esconden detrás dos variados e divertidos rincóns da aula.
Con todo isto...non nos cansamos!!, e seguiremos aprendendo moito máis.
ARTE CON 4 ANOS
Inspirados polo artista Miró descubrimos unha nova forma de crear o espacio, máis divertido e orixinal. Coñecemos a conmovedora historia de Laika, a 1ª cadela astronauta, e creamos un novo escenario para ela coa colaboación dos nosos amigos de 5 anos. Somos uns artistas!!
28.2.12
ARTE CON 5 ANOS
Como se nos faría eterno amosar todas as nosas obras artísticas, amosamos neste pequeno espazo dixital algunhas das máis célebres. Dende o comezo do curso descubrimos novos artistas, algún invento, obras de arte e técnicas que puxemos en práctica en diferentes creacións. Ademáis destacamos o libro feito por Bruno que tanto nos gustou.
E aínda nos queda moito por facer, asique non perdades de vista o blog dos Cativiños!
19.2.12
Pero o mellor...a foliada do venres!! Desfilamos como Antroideiros profesionais polas rúas de Malpica e comemos a comida tradicional propia destas festas para rematar xogando ata non poder máis.
Disfruta e comenta das nosas fotos preferidas!!