25.12.20

Laboratorio de imaxe: Un nadal con moita luz

 Neste mes de decembro, o equipo tecnolóxico, baixo o lema Un Nadal con moita Luz, propuxo realizar dentro do laboratorio de imaxe, unha postal de Nadal incluíndo nela unha circuíto electrónico sinxelo.

Os máis peques realizaron circuítos E-Téxtil en papel e os máis maiores desenvolveron a creatividade utilizando fieltro. 


O pasado curso, a partir dunha formación para o alumnado ofertada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, tivemos no centro a Paola Guimeráns, un referente na creación de circuítos E-Téxtil, polo que este curso decidimos que todo o alumnado do centro tiña que coñecer esta dinámica tan creativa e chamativa.


Aquí tedes os produtos finais!!!  



Postais navideñas con circuítos electrónicos - Kizoa Movie Maker




FELICES FESTAS !!!!!!!

CARTA ÓS REIS MAGOS ( 4º EI)

Neste mes, os nenos e nenas de 3 aniños subimos á Radio Balea por primeira vez. A pesar de que algúns peques non quixeron participar, conseguimos que todos entraran no estudo e permaneceran alí tranquilos un ratiño para perder o medo. Tivemos algún erro técnico polo que falta a gravación dun grupo, aínda así realizaron a actividade e cumplimos o obxectivo, subir e coñecer o estudo de radio e achegarnos ós micros e cascos. Fixéronno moi moi ben!!! Neste podcast podedes escoitar o que piden ós Reis Magos, esperamos que vos guste. FELICES FESTAS!!!!


 

24.12.20

Nadal 2020 en 4º E.I.

 Este vídeo é un resumo dalgunhas das actividades que fixemos neste Nadal tan atípico na clase de 3 anos. Con cada unha delas intentamos que os nenos e nenas sentiran a mesma ilusión e motivación que todos os anos. Esperemos que o disfrutedes!


23.12.20

"O castiñeiro do Apalpador"

 O pasado luns acudimos ao centro cívico a desfrutar dun espectáculo de títeres, "O castiñeiro do Apalpador". Esta función estaba organizada polo Concello e cumprimos con todas as medidas de hixiene e de distancia de seguridade.





21.12.20

Reis Magos



 Hoxe tivemos a visita virutal dos Reis Magos, xa que nos tempos que estamos vivindo non puideron achegarse ao centro como fan todos os anos. Xa elaboráramos as cartas previamente e ademais agasalláronnos con caramelos para todos. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: Reis Magos.

Feliz 2021!


 

PORTADAS DOS TRABALLOS ( 4º EI)


Durante este mes traballamos o conto de "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis".  Tras deseñar no Leolab unha locomotora, imprimimos as pezas na impresora 3D , que despois coloreamos con rotuladores especiais e con esmalte de unllas con purpurina. Estas pezas incorporámolas ás nosas portadas nas que realizamos unhas vías para a nosa locomotora. Quedaron moi chulas!!!!!!!!! 


PORTADAS DOS TRABALLOS 

20.12.20

LABORATORIO DE IMAXE: UN NADAL CON MOITA LUZ ( 4º EI)

Para este mes de decembro, o equipo de imaxe propuxo traballar a luz a partir da realización dun circuíto E-téxtil para a creación de postais navideñas. 


 Na nosa clase creamos estas postais partindo do noso tren navideño:







 Tamén realizamos xogos na mesa de luz coa temática do Nadal:








18.12.20

Lab. Experimental_Ciencia en galego na BE

 


Produto final dos Laboratorios Experimentais levados a cabo no mes de novembro, celebrando así o mes da ciencia en galego na BE.


Parabéns a tod@s, grandes aprendizaxes experimentais e en GALEGO!

10.12.20

ADORNOS DE NADAL (4º E.I.)


 

Que bonitas están quedando todas as árbores de Nadal cos adornos de reciclaxe tan orixinais que elaboráchedes, que gran traballo! Podedes ver os adornos dos compañeiros e compañeiras de clase premendo no seguinte enlace: Adornos de Nadal.

9.12.20

Bee-bot Nadal de números


Hoxe estivemos traballando os números a través dun xogo co Bee-bot. Tiñamos que tirar un dado, contar cantos puntiños nos saíran e levar a abella robótica ata unha imaxe que tivera tantos elementos como números nos tocara. Foi moi divertido e podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: BeeBot de Nadal.

Vision 3C: Gianni Rodari ( 4º EI)

 Tras dous meses de moito traballo, os peques de 3 aniños xa remataron de realizar un stopmotion adaptando o conto de Gianni Rodari: Que fai falta?





Stopmotion Rodari - Kizoa Movie Maker

8.12.20

Outono de palabras, Outono de pictogramas


Presentamos o producto final da actividade proposta para este mes de novembro partindo do PDI Visión 3C.

Un resumo de emocións, tan necesarias expresar, comunicar e máis ca nunca nestes tempos de incertezas.
Mais seguimos xunt@s para comunicarnos, para coidarnos, para que se nos escoite porque temos moito que contar e contamos moito: somos cidadáns, con dereitos e deberes, contribuíndo á construción dun mundo mellor. 

Seguiremos emocionándonos, comunicando, construíndo!

4.12.20

XOGO DE NADAL (4º E.I.)

 

O TREN DE MARTIÑO ( 4ºEI)

Hai algúns días comezamos a traballar o conto " Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis".

A partir deste conto, no que Martiño lle pedía ós Reis Magos unha locomotora con tres vagóns: vermello, azul e amarelo, realizamos varias actividades:


1. Facer a vía do tren de Martiño, traballando o trazo horizontal e vertical, para que un dos trens que temos na clase puidera pasar por ela.



2. Facemos a portada dos nosos traballiños, debuxando as vías do tren.


3. Deseñar unha locomotora no encerado multitáctil do Leolab, para despois imprimila en 3D  e utilizala nas portadas dos traballiños que fixeron. Cando estean todas impresas, cada peque pintará a súa.




4. Xogamos co Tren de Martiño, no que tiñan que colocar os vagóns por orde de 1 ó 3, e colocar o número axeitado de agasallos en cada vagón.


5. Coloreamos a nosa propia locomotora e ademais puxemos unha foto de cada un de nos conducindo o tren e con todos eles decoramos a árbore da nosa clase.

ANIVERSARIO DE MAYRA ( 4º EI)

 Esta semana celebramos o aniversario de Mayra, que xa ten 3 anos!!!

Entre tod@s fixemos unha cartolina chea de debuxos para ela , que esperamos que che gusten moito. E por suposto, Mayra fixo a súa coroa da cor que escolleu, a rosa.


MOITÍSIMAS FELICIDADES!!!!!!








2.12.20

Laboratorio experimental 5º e 6º EI.

 

Ola familias!

Neste curso escolar, dadas as circunstancias e situación sanitaria actual, decidiuse modificar a organización dos laboratorios de aprendizaxe.

Así, cada mes poñeremos en práctica un laboratorio que desenvolverá cada titoría co seu grupo de alumnos/as.

No mes de Novembro levamos a cabo o laboratorio experimental.

En asemblea xurdiu a curiosidade de investigar sobre o auga e as súas cores. Ante a situación decidimos experimentar e descubrir que lle pasa á auga cando se introduce no conxelador e se deixa alí varios días. Tamén, quixemos investigar o que pasaría se ademais de introducir a auga no conxelador lle engadimos colorante de diferentes cores.

Moitas foron as hipóteses que os nenos/as aportaron ante a problemática xurdida: a auga convertirase en xeo, poñerase dura, estará fria, non se poderá beber, convertirase nun arco da vella, convertirase en xeo de cores...

- -     Para descubrilo, visitamos a biblioteca de centro e alí consultamos diferentes libros de experimentación. Atopamos un moi interesante, “Los experimentos del agua”, aínda así, non conseguimos unha resposta precisa.  

       Entón, que podemos facer? EXPERIMENTAR









Agora si, concluímos: Xeo de cores! 

29.11.20

VIDA PRÁCTICA ( 4º EI)

  Seguindo a área de Vida Práctica de Montessori, na que se defende o principio de que temos que axudar ó alumnado a facer as cousas por eles mesmos, non facerllas nós, creamos un espazo na aula dentro do recuncho de encaixes e quebracabezas con materiais da vida práctica.


O venres presentamos estes materiais (que irán cambiando durante o curso en función das necesidades) e os peques rotaban no seu uso, unha vez que sabían o que tiñan que facer.


As actividades realizadas foron as seguintes:

- Colgar no tendal roupa para "secar"

- Utilizar o morteiro para machacar pasta

- Abrir e pechar distintas botellas e envases

- Subir a cremalleira dunha chaqueta, poñer os botóns de clic dun peto e colocar as hebillas dunha sandalia.

- Introducir limpapipas de cores nun escorredor.

- Manipular a táboa con distintas aperturas : variedade de botóns, cremalleira, velcros, cordón, cintos...

- Facer trasbases con pinzas de avelás e noces, e de garavanzos cunha culler.

- Utilizar a vasoira e recolledor para limpar o chan sucio de millo.


Todos/as estiveron moi concentrados/as e pasáronno xenial...

QUE BEN SE SENTEN CANDO SE VEN CAPACES DE FACER AS COUSAS POR ELES MESM@S!!!!


Fotos: VIDA PRÁCTICA

25.11.20

LABORATORIO EXPERIMENTAL ( 4º EI)

Debido á situación sanitaria actual no Concello, no centro decidimos modificar a organización dos laboratorios de aprendizaxe.

 Neste curso, non haberá laboratorios os mércores, nin grupos interniveis, nin mestres impartindo docencia ó alumnado co que non está de forma cotiá.  Aínda así, posto que hai que continuar avanzando e estamos comprometidos cos obxectivos europeos e seguimos a Axenda 2030, realizaremos os laboratorios pero de forma moito máis segura para tod@s.

Para desenvolver os novos laboratorios, cada mes un equipo realizará unha proposta de tarefas creativas para traballar aspectos concretos do seu laboratorio, que se desenvolverán dende cada titoría.


En novembro celébrase o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares, por tanto, o equipo encargado do Laboratorio Experimental, propuxo a realización de experimentos científicos, partindo dunha problemática, formulación de hipóteses, investigación na biblioteca escolar, observación e conclusión.


4º Educación Infantil

 Despois da hora de ler, realizamos unha asemblea na que lle preguntamos ós peques porque era importante lavar tanto as mans, xa que botamos xel e lavamos con xabón as mans varias veces cada día. Algunhas das súas respostas foron: porque os bichiños pican no pelo, para que as mans estean limpitas, porque o xel non se pon nos ollos, porque está o coronavirus, o coronavirus é moi pequeniño, o coronavirus na praia picoume un montón...

Aínda que tiñan respostas bastantes axustadas, non houbo un acordo entre tod@s, e posto que as profes tampouco sabiamos, decidimos ir á biblioteca a investigar. Primeiro tivemos que coñecer a CDU, os debuxiños que indican onde están situados os distintos libros de consulta, para saber onde estaban os relacionados coa ciencia. Despois agrupámonos por parellas para buscar nos libros, ata que un neno atopou un papel nun libro no que explicaba que os virus teñen medo ó xabón e fuxen de el. Como tamén aparecía un experimento, decidimos que o día seguinte o faríamos.

Nesta dinámica, vimos como a pementa pégabase ó dedo e se fora un virus ó meter o dedo na boca o virus poñeríanos enfermos, sen embargo, ó mollar o dedo en xabón e tocar a pementa, esta fuxía. Polo que chegamos á conclusión de que sí: OS VIRUS TEÑEN MEDO Ó XABÓN,  e para evitar enfermar de coronavirus é IMPORTANTE lavar as mans.


Experimento Científico 

24.11.20

TRAZO HORIZONTAL ( 4º EI)

 Hoxe utilizamos por primeira vez as xices de cores, así que @s peques estaban moi contentos, para realizar no encerado as raias da Cebra Camila , conto lido na clase varias veces.

FIXÉRONNO MOI BEN!!


TRAZO HORIZONTAL

A INICIAL DO NOSO NOME II ( 4º EI)

 Estas semanas seguimos traballando o recoñecemento da inicial do noso nome, e para iso realizamos varias actividades, algunhas delas son as seguintes:


1. PLANTILLAS: primeiro realizamos a nosa inicial con plastilina, e despois utilizando unha pantilla individual e personalizada, intentamos trazar a nosa inicial con rotulador, fixemos o camiño da nosa letra con millo e rematamos realizando a inicial con arxila branca.

2. COLGANTES: pintamos as letras realizadas con arxila branca e creamos uns colares chulísimos.


3. MEMORY: xogamos ó clásico xogo do Memory, no que ós peques tiñan que atopar as súas iniciais.


4. MESA INTERACTIVA: usamos a mesa interactiva multitáctil que collemos de empréstito do Leolab, para realizar o trazo da inicial do noso nome, bucando primeiro a nosa letra entre todas as do abecedario.


5. PINTAMOS: utilizando os pinceis, cada peque trazou a súa inicial seguindo o camiño, obras que agora decoran a nosa clase.


6. MESA DE LUZ: trazamos a nosa inicial sobre a mesa de luz con café no Leolab.







Pinchando en cada actividade podedes ver as fotos!!!

23.11.20

Aniversario de Lucas ( 4º EI)

Hoxe Lucas estivo de aniversario, así que lle cantamos, escribimos o seu nome e lle fixemos unha cartolina chea de debuxos como agasallo, na que os compañeir@s tiveron que debuxalo, e ademais o protagonista fixo a súa coroa da cor que escolleu.

LUCAS XA TEN 3 ANOS, MOITÍSIMAS FELICIDADES!!!!!!!!!











 

20.11.20

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Hoxe, 20 de Novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, por iso, dende o CEIP Milladoiro queremos reivindicar o Dereito a unha Educación en Igualdade e de Calidade para todos e todas, e darlle así voz a tod@s os que non a teñen.


15.11.20

O NÚMERO 1 ( 4º EI)

O venres traballamos o trazo do número 1. Para iso, despois de que a persoa encargada cada día de facer as nosas rutinas na asemblea rematara: os días da semana, os nenos e nenas que viñeron ó cole e os que faltan, cantar a canción das vogais, colocar o cartel do tempo... coñecimos a nosa pizarra máxica, na que utilizando uns rotus especiais podes pintar nela e despois borrar cun papel.
Nesta pizarra trazamos o número 1 e despois, en pequenos grupos, traballamos no Leolab. Alí fixemos o trazo na mesa de luz utilizando café molido, tamén na pantalla multitáctil e na mesa interactiva. 

Como o fixeron moi ben, rematamos cun xogo na mesa interactiva no que en función da cor escollida e o trazo libre creaban unha melodía.


Pasáronno Xenial!!!!

10.11.20

A INICIAL DO NOSO NOME ( 4º EI)


Esta semana comezamos a traballar a inicial do noso nome, algo imprescindible para, entre outras cousas, poder localizar as nosas gabetas nas que gardamos os traballiños. Para iso realizamos varias actividades plásticas, xogamos co Beebot para buscar a nosa inicial e xogamos  de forma interactiva en Genially, onde reforzamos o trazo vertical xa traballado e incluimos algúns outros para unir cada foto dos nenos/as da clase coa súa inicial do seu nome.










INICIAIS 

6.11.20

O noso nome (4º E.I.)

Esta semana, entre outras moitas actividades, queríamos traballar o noso nome, así que imos propoñer algunhas actividades por se queredes facelas na casa, podedes adaptalas cos materiais que teñades, soamente son algunhas pequenas ideas. 

Buscar nas revistas ou periódicos as letras do noso nome e facer un collage.

Encher con papeis de cores a nosa primeira letra.


Escribir as letras do noso nome en arroz, sal, pan raiado...


Facer as letras do noso nome con macarróns.


AULA 5-6 ANOS; ANIVERSARIO DE RITA E MARTÍN

 Onte, Xoves 5 de Novembro, celebramos o cumple dos amigos Rita e Martín! 

Cantámoslle, bailamos e démoslle de agasallo o libro dos aniversarios. 

Parabéns!






5.11.20

CANCIÓNS DO OUTONO

Por se queredes repasar na casa algunhas das cancións que estamos aprendendo do outono, aquí tedes os vídeos:


Bee-bot (4º E.I.)

 A semana pasada tamén coñecemos a que vai ser a nosa amiga a partir de agora o BEE-BOT, que é unha abella robot. Ela axudounos a recoñecer o noso nome e a nosa foto, foi unha actividade moi divertida e podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Bee-bot.




Samaín en 4º E.I.

 A semana pasada chegou o tempo de Samaín, das cabazas, dos contos de medo, das cancións de esqueletos, de experimentar coa realidade 3D e de facer pócemas de bruxas na cociña coa mesa de Luz. Podedes ver algunhas destas actividades premendo nos seguintes enlaces: Quiver e Pócemas.
















4.11.20

XOGANDO EN CASA

 Debido á situación actual, e mentres preparamos materiais e actividades, deixamos este enlace a un xogo interactivo que lles gusta moito, e que permite traballar moitos aspectos lóxicomatemáticos:



3.11.20

 ANIVERSARIO ANXO!

Hoxe na clase de 5º e 6º de EI festexamos o aniversario de Anxo. Pasámolo xenial. Coa coroa de aniversarios Anxo soprou as velas e colocou a súa foto no panel dos 4 anos. Logo cantámoslle e dímoslle de agasallo o libro dos parabéns con todos os debuxos dos seus compañeiros/as.

Parabéns Anxo!!