Mostrando entradas con la etiqueta plan proxecta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta plan proxecta. Mostrar todas las entradas

11.6.24

XOGOS NA PRAIA (PVAD) educación infantil

O pasado luns 10 de xuño, o alumnado de educación infantil baixou a praia de Canido a facer unha xornada de xogos na praia. Esta actividade encádrase dentro do Plan Proxecta + PVAD (proxecto de vida activa e deportiva). Foi unha xornada de deporte e diversión onde os pequenos e pequenas pasárono en grande e que de seguro repetiremos o vindeiro curso.  

    

       acceso á galería de imaxes premendo sobre a seguinte 👇   

            


20.1.20

RECÍCLATE CON SOGAMA ( 6º EI)

Agora na clase temos tres cubos para separar o lixo que xeramos, por iso, o pasado venres, recibimos a visita do alumnado de 6º de Primaria que nos explicou como se utilizan os distintos contedores: amarelo, azul, verde, marrón...

Ademais organizaron un xogo no que tiñamos que colocar cada residuo no lugar correspondente. Moitas grazas por axudarnos coa reciclaxe!!!



VISITA

15.4.18

Investigando as caracolas ( 4º EI )

O martes recibimos a visita de María, a mamá de Juan Luis, trouxo unha caracola cocida, case todos a probamos, algúns non lles gustou nada, pero a maioría quería repetir. Moitas grazas!!!






resolvendo o misterio das caracolas




Unha vez resolto o misterio, fixémonos un novo podcast en Radio Balea!!!

https://soundcloud.com/bemilladoiro-1/caracolas-3-anos-terceira-parte











21.3.18

Visita do Plan Proxecta: O sabor da aventura está no mar

O martes recibimos a visita duns expertos no mundo mariño. Contáronnos a importancia de consumir peixe e dos superpoderes que nos darán, os tipos de pesca, sobre a acuicultura, tipos de mariscos... Regaláronnos un conto e unha gorra!!!




https://photos.app.goo.gl/OpBsBYdbOt3VkC3e2

2.3.18

PEIXES (6º E.I.)

Esta semana estivemos preparando a visita o aquarium de Coruña coñecendo diferentes peixes e as súas características. O primeiro que fixemos foi consultar unha guía de animais mariños do propio aquarium e tamén un libro de peixes onde explicaban todas as súas características. Despois observamos as imaxes de varios deles e intentamos adiviñar como se chamaban, que comían, onde vivían... e, finalmente fixemos un xogo para coñecer cal era o noso novo sitio no que tiñamos que atopar o peixe que nos tocara.

















O día seguinte collimos prestado do museo do Mar o cadro de peixes de Galicia e comparamos se aparecían algúns dos que tiñamos nos, estando a sardiña, a quenlla, o sargo...e tamén reconstruimos as espiñas dun peixe con palillos, quedándonos unha manualidade moi chula.


















Por último, hoxe estimos xogando co escornabot, collíamos unha tarxeta co nome dun peixe e tiñamos que levar a foto o peixe correspondente, unha maneira moi divertida de afianzar os conceptos. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Peixes.
































Un vídeo que nos gustou moito e que vos deixo por se queredes repetir na casa foi este:


1.3.18

ANIVERSARIO DE JUAN LUIS ( 4º EI )

Para celebrar o aniversario de Juan Luis recibimos a visita de María, a súa nai, que contou una preciosa historia sobre o noso protagonista, que forma parte do noso libro viaxeiro "Un mar de contos". Regalámoslle a Juan bicos e apretas, pero tamén recibimos agasallos, un sobre sorpresa cada un de nós cun sello de debuxos e algunas larpeiradas, e ademáis uns bombóns mariños que Juan repartiu moi contento na hora da merenda!! Fixo a coroa, bailamos e cantamos o cumpleanos feliz, e cociñamos. Neste caso, a partir da actividade do Plan Proxecta que tratou de recoller receitas do mar no Nadal, fixemos unhas brochetas de mexilóns, gambas e tomates, analizamos os mexilóns e fixémonos preguntas sobre eles ( poden ver sen ter ollos?, como e que comen?...), sacámolos das cunchas, insertamos os ingredientes en paliños, engadimos pirixel e... degustamos!! Estaba todo moi rico!!.


Moitas felicidades Juan, que xa tes 4 anos!!!


                          
aniversario Juan Luis

23.2.18

CORAL (6º E.I.)

Cunha nova mensaxe da nosa amiga a buceadora Rosa, chegounos tamén unha caixa cun coral fermosísimo (según os nenos/as sabemos que era dela porque a caixa viña mollada). Primeiro observamos as fotos de Rosa que nesta ocasión era dunha anémona, que a coñecemos do conto Una casa para el cangrejo ermitaño, varios corais e tamén fotos de algas e estivemos investigando a diferenza entre estes animais mariños que parecen plantas, e as propias plantas. Despois xa pasamos a estudiar o coral e todas as súas características e tocalo tamén aínda que con moito coidado xa que podía romper. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: coral.



20.2.18

CRUSTÁCEOS (6º E.I.)

Recibimos outra mensaxe da nosa amiga a buceodora Rosa e, nesta ocasión, son fotografías sobre distintos crustáceos, así que estivemos investigando cal era cada un deles e cales eran as características comúns cos definen. Ademais, como das casas trouxeron distintos caparazóns, analizamos cada un deles e os ordeamos de menor a maior.
















Tamén descubrimos un novo conto que nos gustou moito, Una casa para el cangrejo ermitaño:




E como na clase tiñamos un carlou que trouxo unha alumna da súa casa, estivemos escoitando o mar, ainda que houbo nenos e nenas que decían que eles escoitaban o zumbido dunha abella, unha tubería... Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Crustáceos.


31.1.18

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR (6º E.I.)

Embarcados dentro do plan proxecta comezamos O sabor da aventura ésta no mar, unha iniciativa da Xunta de Galicia, xunto co fondo europeo marítimo e de pesca que fomenta o consumo de productos do mar, como a sardiña, o xurelo, o rodaballo... e no noso caso o MEXILLÓN. Comezamos recibindo unha fotografía dos mexillóns por parte da nosa amiga a buceadora Rosa, despois analizamos diferentes láminas que nos indicaban as partes deste molusco e, por último, coñecimos os Arroases e as súas explicacións, como por exemplo, que os mexillóns aportan Iodo e fomentan o desenvolvemento da intelixencia. Podedes ver máis recursos premendo no seguinte enlace: O sabor da aventura está no mar.