MÚSICA


Unha nai recomedounos esta páxina web, para traballar e xogar cunha ampla gama de aspectos musicais. É moi intuitiva, divertida e impresionante!!!!!!!!

A pesar de que todo o proposto na web é moi interesante, consideramos que hai algúns xogos máis recomendamos para as aulas de infantil, xa que permiten traballar aspectos que eles poden entender: enlazar o son máis grave con movementos máis lentos ou máis baixos, e o son máis agudo con movementos máis rápidos e máis altos.
 Dentro do que atoparedes nesta web , gustánnos especialmente o xogo de Ritmo, pois é moi sinxelo e poden crear unha secuencia de sons, Espectograma, xa que poden ver as ondas do son e poden gravarse para despois ver como éstas suben no son máis agudo e baixa no máis grave, Ondas sonoras, parecido ó espectograma pero máis sinxelo, e Kandinsky, xa que poden crear melodías a partir dun debuxo que eles fagan.

https://musiclab.chromeexperiments.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario