26.1.23

Cociñando pola PAZ

 Esta semana estamos conmemorando o Día da Paz e da non violencia, e para elo recuperamos a creación dun vídeo realizada polo alumnado de 6º E.P. no ano 2013, "Marce, o carteiro":


Marce, o carteiro from bemilladoiro on Vimeo.

Decidindo que era moito mellor compartir chocolate que facer a guerra, fumos a cociña a "intentar" facer o símbolo da paz con hoxaldre, para despois bañalos en chocolate. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: cociña pola paz.



23.1.23

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE MANUELA E MATEO ( 6º EI)

Este curso, para a celebración dos aniversarios, e dentro do Proxecto Educa-tribo, convidamos ás familias ó cole a ler a súa historia do libro viaxeiro para toda a clase.


O xoves recibimos a visita de Bea, a mamá de Manuela e Mateo, que nos contou a historia destes grandes superheroes, das cousas que lles gustan, do seu carácter... ademais trouxo cousiñas de cando eran pequeniños, moi pequeniños!!








Cando estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas, aínda que teredes que esperar ata o próximo curso!














Ademais da visita de Bea, entre todos, describimos ós nosos protagonistas, Manuela e Mateo, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.












MOITÍSIMAS FELICIDADES A MANUELA E MATEO!!!!

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE ÁNGEL( 6º EI)

 Comezamos este trimestre cumplindo anos, pero non celebramos os cinco, agora xa imos cumplir 6 ANOS!!!


Así que a pasada semana recibimos a visita de María, a mamá de Ángel, que nos contou a súa historia, a súa forza e a súa superación!!!






Cando estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas, aínda que teredes que esperar ata o próximo curso!













Ademais da visita de María, entre todos, describimos ó noso protagonista, Ángel, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.








MOITÍSIMAS FELICIDADES ÁNGEL!!!!!









19.1.23

O noso castro


 Construímos o noso propio castro, elaborando construcións moi diversas. Recortamos os ladrillos con cartulina e despois usamos palla para o tellado. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: o noso castro.



13.1.23

PERCORRENDO GALICIA ( 6º EI)

 Esta semana apareceu na clase un mapa de Galicia, un material que forma parte do noso PDI: Nós...Patrimonio in-material!

Neste mapa ubicamos onde estaba Malpica e colocamos gomets violetas sobre aqueles lugares nos que descubrimos restos prehistóricos:

- Castro de Borneiro e Dolmen de Dombate

- A casa da Moura en Ourense- O castro de Santa Tecla

- A mina de Ouro de O Rosal


Premer na imaxe para acceder á galería


CONSTRUINDO CASTROS ( 6º EI)

 Esta semana, trala volta das festas, reiniciamos o noso Proxecto sobre a Prehistoria. 

O mércores, no Leolab, construímos castros con diversos materiais, para iso dividimos a clase en pequenos grupos e tiñan que seguir as seguintes premisas:

- Escoitar ó capitán ou capitana de cada grupo.

- Cada Castro tiña que ter cando menos tres cabanas e un muro ó redor.

- Había que traballar en equipo chegando a acordos.