O pasado xoves o alumnado de 3 e 4 anos acudiron a cociña a realizar un taller de flores, organizado pola profe en prácticas Lara. Desfrutaron cos trasvases, tenguindo a auga, colando as flores, dándolles diferentes olores...podedes ver todas as fotos premendo na seguinte imaxe.
10.4.25
Taller de flores
4.5.23
PERCORRENDO GALICIA : FACENDO NEVE ( 6º EI)
Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!
Para comezar pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia.
Hoxe viaxamos ata O Cebreiro da man de Lucas, que nos explicou cousiñas dese lugar e o ubicamos no noso mapa de Galicia. Posto que moitos nenos e nenas non tocaran a neve decidimos realizar un experimento!
Así, en dous grandes grupos, visitamos a cociña onde se atoparon dúas opcións para a creación da neve, cada unha coas súas instrucións , unha mesturando dúas partes de bicarbonato e unha de auga e a opción de mesturar 1 parte de maicena con dúas de espuma de afeitado de cor azul. Cando remataron de facer a súa mestura escolleron e botaron purpurina azul ou branco, e rematamos xuntando a neve en dúas caixas, segundo a mestura, para amasar un ratiño máis. Mestres non se estropee, esa neve formará parte da aula multisensorial.
29.11.22
Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas ( 6º EI)
Novembro configúrase como o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, por iso no noso centro organizamos varias sesións nas que o alumnado do 2º e 3º ciclo de Educación Primaria desenvolveron o método científico para expoñer ó alumnado de infantil e 1º ciclo os seus experimentos.
Na aula de 6º EI, recibimos a formación do alumnado de 5º EP, polo que hoxe no Leolab disfrutamos de tres experimentos relacionados co noso Proxecto sobre a Prehistoria:
- Pinturas rupestres: utilizando a mestura de café e auga envellecemos papeis, e representamos sobre as mostras xa secas, pinturas rupestres.
- O lume de cores: nesta ocasión observamos a diferenza de cores entre o lume provocado con alcohol e o de acetona.
- Volcáns: mesturando xabrón, vinagre, un pouco de auga, colorante vermello e bicarbonato representamos a lava dun volcán.
MOITAS GRAZAS Ó ALUMNADO DE 5º EP, POLAS SÚAS EXPLICACIÓNS E ESTA GRANDE ACTIVIDADE!!!!
18.6.20
EXPERIMENTO DO PAN ( 6º EI)
Agora pasados máis de 6 meses de aquel experimento xa temos as evidencias para ver a importancia de lavar as mans.
24.10.19
1º GRUPO LABORATORIO PEQUECIENCIAS
14.6.18
EXPERIMENTO: A TINTA INVISIBLE (5º E.I.)
O noso experimento consiste en escribir con tinta invisible de limón e unha vez seca ver o que escribimos ou debuxamos. Foi moi divertido ver que intentabamos escribir o noso nome ou debuxar persoas, casas, e, incluso figuras xeométricas, xa que unha vez exposta a unha fonte de calor puidemos ver o que fixemos.
22.3.18
ESTADOS DA AUGA (5º E.I.)
Ao final, aprendimos, que o Perito Moreno está conxelado, polo que é auga en estado sólido, que as cataratas de Iguazú é auga en estado líquido, e, que o mar no que podemos facer surf, tamén é auga líquida. E cando temos nubes ou neboa, é auga en estado gaseoso.
21.3.18
MÉTODO CIENTÍFICO: A FLOTACIÓN ( 4º EI )
Posto que esta teoría é o resultado da nosa experiencia, non saben que non é certa, polo tanto continuaremos facendo experiencias que nos leven a entender, dentro das nosas posibilidades, o fenómeno da FLOTACIÓN!!



.jpg)










