Na volta de Semana Santa comezamos un novo proxecto: Percorrendo Galicia, enmarcado dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial!
Para comezar pedimos a colaboración das familias solicitando que trouxeran ó cole imaxes e fotos dos peques en distintos lugares de Galicia.
Esta semana comezamos con Sara, xa que visitou a Muralla Romana de Lugo. Neste caso a protagonista contou a súa experiencia e datos da Muralla, despois colocamos a súa foto no mural do proxecto e marcamos no mapa de Galicia a súa ubicación. Tamén investigamos e descubrimos que mide 2000 metros!!!
Como as distancias tan grandes son dificiles de imaxinar, realizamos unha experiencia de construción. No patio exterior, aproveitando o bo tempo, dividimos a clase en pequenos grupos coa misión de que cada un construíra a muralla máis longa que puideran, despois fomos medindo e marcando cada construción realizada de metro en metro para despois sumar. Todas as murallas tiveron distintas medidas.
Despois pensamos que se colaborábamos todos e xuntábamos os bloques poderiamos facer unha muralla moitísimo máis longa, asi que ... Mans á obra!!
Despois de contruila medimos de novo, marcando cada 5 metros cun peque ( o máximo do metro que tiñamos), para despois sumar, polo que conseguimos unha muralla de 26 metros!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario