27.2.23

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE OLIVIA( 6º EI)

 

O venres recibimos a visita de Adriana, a mamá de Olivia, para celebrar de forma adiantada o seu aniversario, xa que para cando cumpla 6 anos estaremos en Primaria. 


Contounos a súa historia, o moito que lle gusta estar na casa dos avós, xogando  cos animais e enredando na terra!!






Cando este libro estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas, aínda que teredes que esperar ata o próximo curso!








   

Ademais da visita de Adriana, entre todos, describimos á nosa protagonista, Olivia, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.










MOITÍSIMAS FELICIDADES ADIANTADAS OLIVIA!!!!!









24.2.23

Rosalía de Castro

 Estes días estivemos conmemorando o Día de Rosalía de Castro, 23 de febreiro. Na clase de 6º E.I. estivemos traballando o seu poema "Parece unha rosa" e ademais fixemos novas versións do poema e escribimos unha palabra del para encher a silueta de Rosalía. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: poema.









Despois todo o cole foi buscar un agasallo polo Día de Rosalía, que consiste nun libro e unha flor en forma de pulseira que realizou outro compañeiro/as. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Rosalía.




16.2.23

Entroido en Educación Infantil

 Chegou o día máis esperado polos nenos e nenas, no que poden lucir os seus disfraces, así de guapos e guapas está a clase de:

4º E.I.



5º E.I.


6º E.I.






As fotos individuais do alumnado de 5 anos podedes velas premendo no seguinte enlace: Disfraz libre.

15.2.23

ENTROIDO: Deseño de disfraces ( 6º EI)

 Hoxe realizamos unha actividade moi creativa: deseñamos disfraces.


Cada neno e nena tiñan unha imaxe deles mesmos e tiñan que disfrazala do que quisexen.

 Para iso, utilizando distintos tipos de papeis e materiais, tesoiras e pegamentos, pensaron de que se disfrazarían, que materiais precisarían e  fixeron bocetos, unha vez  tiñan as partes debuxadas completaron a tarefa, quedan unhas verdadeiras obras de arte.


Premer na imaxe para acceder á galería


AULA SENSORIAL POLO ENTROIDO (6º E.I.)

 O pasado martes o alumnado de 6º E.I. foi vivir o entroido a través dos diferentes sentidos na aula sensorial, realizando por grupos as seguintes actividades:

- Cos ollos tapados tiñan que poñerlle as diferentes partes da cara a un paiaso, seguindo as indicacións dos compañeiros e compañeiras

- Estreamos o chan de diferentes texturas e, cos pés sen calcetíns, tiñan que realizar un circuíto por este, dín que foi a actividade que máis lles gustou.

- Para o olfato xogaron ó memory, no que tiñan que unir cada olor coa froita correspondente.

- No proxector tiveron que colorear unha máscara de entroido.

- Na mesa de luz decoraron varias imaxes de entroido con elementos de cores translúcidos.

- Na cabana escura observaron e leron libros e contos, pero éstes eran especiais, xa que tiveron que utilizar as lanternas de luz ultravioleta para descubrir as cousas agachadas nas páxinas.

- Espazo chroma: creamos unha parte de gravación chroma onde utilizaron diversidade de disfraces e complementos para xogar nas diferentes paixases que aparecían na tablet.

- Na mesa sensorial, utilizando a ruleta con debuxos de entroido,  tiveron que buscar os obxectos agochados.



Foi unha sesión moi divertida e o pasaron en grande!!!

Premer na imaxe para acceder á galería


FEIRA DO TROCO


 

A semana pasada estivemos traballando a primeira forma de comercio que é o TROCO. Precisamos de axuda nos nenos e nenas máis maiores, 5º e 6º de E.P., que nos prepararon a marabillosa feira do troco,que podedes ver na imaxe, con manualidades feitas por eles (diademas, pulseiras, colares, pompóns...). Ao alumnado de 4 e 5 anos démoslles dúas chucherías e decidían se facían un troco ou non. Houbo quen cambiou as dúas, unha ou ningunha, pero todos quedaron satisfeitos cos seus trocos. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: Feira do Troco.

9.2.23


Ola!!!!

Queremos recordar que este curso retomamos os laboratorios interniveis: laboratorio de Son ( Radio), de Imaxe ( Robótica/recursos dixitais), Creativo ( arte) , Experimental ( os sentidos, manipulacións...) e Documental ( A biblioteca), e que o blog que alberga o noso traballo sobre esta actividade, e sobre as realizadas dentro da nosa biblioteca creativa atoparédelo no seguinte enlace:


 https://leolabmilladoiro.blogspot.com/

3.2.23

XOIAS CASTREXAS ( 6º EI)

 Dentro do noso Proxecto da Prehistoria descubrimos que os castrexos máis modernos aprenderon a extraer ouro das minas, e con iso crearon as primeiras xoias e adornos.


Esta semana cada neno e nena deseñou e imaxinou a súa propia xoia, inventando o seu nome e a parte do corpo onde poñela. Primeiro fixemos a actividade en papel e despois creamos un obradoiro artístico para representalas con goma eva dourada.

Co resto de goma eva puideron seguir inventando máis xoias.


ESTES PEQUES SON UNS ARTISTAS!!!!!!!


Premer na imaxe para acceder á galería


EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE PEDRO ( 6º EI)

 

Esta semana recibimos a visita de Belén, a mamá de Pedro, que nos contou a súa historia, o moito que lle gustan os animais e a súa horta, nada lle sabe tan ben como o plantado na casa!!







Cando estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas, aínda que teredes que esperar ata o próximo curso!





       


         




Ademais da visita de Belén, entre todos, describimos ó noso protagonista, Pedro, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso. Nesta ocasión, en vez facer unha asemblea, cada compañeir@ escribiu as cualidades nas mini pizarras para ver o avance na escritura libre.









MOITÍSIMAS FELICIDADES PEDRO!!!!!









2.2.23

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO MATEO F ( 6º EI)

 

A pasada semana recibimos a visita de Mónica, a mamá de Mateo, que nos contou a súa historia, as cousas que máis lle gustan e por suposto a súa gatiña!!!





Cando estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas, aínda que teredes que esperar ata o próximo curso!










Ademais da visita de Mónica, entre todos, describimos ó noso protagonista, Mateo, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.








MOITÍSIMAS FELICIDADES MATEO!!!!!