28.4.22

EXPERIMENTO CIENTÍFICO ( 5º EI)

 Nos últimos días estivemos traballando co conto de Tonino, que vai do Polo Sur onde hai moito frío ata o deserto do Sáhara onde hai moita calor.

Así que decidimos ir á cociña, onde por parellas, meteron nun globo algún dos obxectos dispoñibles e botaron auga, para despois meter o globo no conxelador.

Ó día seguinte volvimos á cociña, onde quentamos no microondas a area de praia e comprobamos a calor do "deserto" e comezamos a resolver o problema: Temos globos conxelados con obxectos dentro... cal será a forma máis rápida de liberalos do xeo?

Deron moitas respostas, algunhas delas non se podían facer, como crear unha cacharela ou darlle cun martelo, pero as outras comprobámolas todas: tirar ó chan as bólas conxeladas, metelas en auga quente, mollar con auga temperada, meter dentro da area quente, quentar no microondas, deixalas ó lado da ventá para que a derreta o sol...

Tras facer estas comprobacións, o noso resultado foi: 

1. Se tiramos as bólas ó chan, os obxectos libéranse moi rápido pero éstes seguen conxelados.

2. A forma máis rápida de derreter a bóla e conseguir o obxecto e metela en auga quente.


Premer na imaxe para acceder á galería












26.4.22

DÍA DO LIBRO: Lectura na rúa ( 4º e 5º EI)

 Onte conmemoramos o Día do Libro con lecturas na rúa.

Así, o alumnado de 4º e 5º de infantil baixamos  ó agro da igrexa de Malpica, onde primeiro as profes lemos tres contos: Tonino, O coelliño branco e O crocodrilo ó que non lle gusta a auga para despois merendar.

Tras recoller, foron collendo o conto que tiñan na súa mochila para ler e foron cambiandoos entre eles. Despois os gardaron na mochila e acabamos a actividade xogando e aproveitando o magnífico día de sol!!!


Premer na imaxe para ó acceso á galería












ANIVERSARIO DE BORJA ( 5º EI)

 Onte celebramos o aniversario de Borja que xa cumpliu 5 a fin de semana.


Coma sempre, soplou as velas da tarta que escolleu e pintou a pasada semana e decorada polas boliñas de plastilina realizada polos compañeir@s. Así que onte lle cantamos e soplou as 5 candeas, e el regalou agasallos para todos e todas. Moitas grazas!!!







MOITÍSIMAS FELICIDADES BORJA!!!!!

21.4.22

MES DAS LETRAS: TONINO ( 5º EI)

Comezamos a celebración dos mes das letras, 19 de abril ó 13 de maio, coa lectura do conto Tonino, un pingüín que cansado do frío do Polo Sur, decide coller unha barca para ir a Túnez, onde compra un camelo para ir ó deserto do Sáhara, pero ante a falta de peixes no deserto e a morriña decide volver ó seu fogar en submarino.

Trala lectura deste conto pensamos onde está o Polo Sur e onde está Tunisia ( Túnez), así que collemos a bóla do mundo e buscamos. Pensamos que sería interesante ver o fogar de Tonino na Antártida e o deserto de Túnez e saber a distancia entre ambos puntos, así que no Leolab utilizamos o Google Earth para visitar a Illa de Media Luna, onde hai unha grande colonia de pingüíns e o deserto do Sáhara que percorre moitos países e onde vimos camelos. 




COLONIA CON FIUNCHO ( 5º EI)

 Durante os recreos ós peques encántalles coller elementos naturais. flores, pedriñas, herbas... e esta semana especialmente dedicáronse a coller fiuncho, e a pesar de que xa hai tempo que descubrimos que ó fregalo nas mans deixa un olor moi rico, onte pensamos que sería xenial facer colonia.


 Así que mans á obra, collemos un morteiro e machucamos o fiuncho con auga. Descubrimos que a "colonia" tiña unha cor verdosa e que non poderiamos usala en nós mesmos, polo que decidimos que a utilizariamos como ambientador.


Como a cantidade obtida de momento é pouca, deixaremos os materiais no recuncho da natureza para seguir facendo máis.




18.4.22

GYMKANA ( 4º E 5º EI)

 Para rematar o segundo trimestre realizamos un xogo de Gymkana co alumando de 4º e 5º de Educación Infantil.

Para iso creamos 5 grupos mixtos, e cada un deles cunha profe: María, Carmen, Belén, Sandra e Marta, e cada un deles tivo que superar as 6 probas correctamente para que a profe lle dera unha das 6 pezas dun puzle, e o rematar poder xuntalas para así descubrir o espazo do cole onde estaba o cofre coas sorpresas. 

Cada grupo comezou por un xogo pero para ir ó seguinte tiveron que escanear o código QR creado polo alumnado de 6º de EI que nos daba pistas sobre a súa ubicación. Os xogos foron os seguintes:

- Cruzar a tea de araña no patio cuberto.

-En psicomotricidade completar un circuíto.

- Na subida ó 2º andar, crear a palabra PRIMAVERA buscando no corralito as letras necesarias de entre todas as bolas.

- Na aula multisensorial, tirar da ruleta para saber que obxectos había que atopar na mesa sensorial.

- No leolab, crear torres cos ladrillos de cartón pero coa altura indicada.

- No pasillo do cole que nos leva ó pavillón, encestar os ladrillos nos aros da mesma cor.


Os agasallos dos distintos grupos estaban na Cociña, Biblioteca, aula Chroma, Radio Balea e na estrutura de Vimbio.


                        PREMER NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA


PASÁRONNO XENIAL E LEVARON A SÚA AVIONETA DE AGASALLO!!!!!!!

7.4.22

XOGOS ROTATORIOS ( 5º EI)

 Hoxe montamos na clase varios xogos no que o alumnado rotaba, incluíndo novos materiais que xa forman parte da aula multisensorial:


1. AS CARITAS: un xogo no que hai que escoller unha carta que representa caras con diversas emocións e intentar montar o puzle desa carita.

2. Realidade Aumentada ( RA): pintamos con ceras artísticas un camión de bombeiros, e utilizando a aplicación Quiver puidemos velo en realidade aumentada e con movemento.

3. RA con plastilina: utilizando a aplicación Play-Doh Touch, puidemos reproducir e xogar coas pezas que creamos en plastilina.

4. Pesos: utilizando unha balanza e os pesos Montessori, xogaron e experimentaron coas cantidades e o pesos.

5. Cadrados: utilizamos un xogo moi sinxelo pero moi divertido, ENCUADRA, no que a través de escoller entre varias cartas modelo tivemos que intentar reproducir os exemplos propostos.

6. Taller: utilizamos un material novo para utilizar ferramentas como a chave inglesa e o desparafusador para apretar ou sacar distintos tipos de tornillos.

7. DOC: utilizando o noso robot Doc, xogamos a levalo a distintas partes do panel.


Premer na imaxe para acceder á galería









PIRULETAS DE CHOCOLATE ( 5º EI)

 Onte por fin probamos as piruletas de chocolate, despois de varios días para que endureceran. Aínda que algunhas romperon, estaban boísimas!!!!



                        Premer na imaxe para acceder á galería

              





ANIVERSARIO DE LEO ( 5º EI)

 Onte Leo estivo de aniversario, xa cumple 5 anos!!!

Así que lle cantamos, soplou as velas da tarta que el mesmo pintou e que decoramos entre todos con boliñas de plastilina e repartiu agasallos para todos!!!













MOITÍSIMAS FELICIDADES LEO!!!

4.4.22

FLORES DE PRIMAVERA ( 5º EI)

 Coa chegada desta nova estación, a primavera, xurdiron na clase temáticas relacionadas coa natureza, o crecemento das plantas, animais, os niños de paxaros, as abellas... 

Nunha das asembleas, Catuxa comentou que sería alucinante aprender a facer flores de papel e que lle encantaría que a nosa clase estivera chea de flores.


Así que mans á obra!!!!!!! 

O venres no Leolab, na zona de creatividade, atopamos moitos libros de manualidades e estivemos investigando para atopar como crear flores en papel. Descubrimos varias formas, e votamos entre as dúas que nos pareceron máis doadas: caraveis e rosas. Gañaron os caraveis, así que nos puxemos a traballar nas nosas flores. 


Tras esta investigación, hoxe decidimos realizar unhas flores de primavera, pero a norma era que había que utilizar todo tipo de trazos: puntos, círculos, raias, espirais, zig zag... Traballaron moito e se esforzaron para deixar unhas flores preciosas que adornar a nosa clase!!!


Premer na imaxe para acceder á galería