Mostrando entradas con la etiqueta animacion á lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animacion á lectura. Mostrar todas las entradas

4.6.26

Aniversario lector (4º E.I.)

 Hoxe acompañounos a mamá e o papá de Antía para celebrar no cole o seu cumple, aínda que é no verán, para poder realizar a actividade de Aniversario lector con todos os seus compañeiros e compañeiras. O libro que elexiron foi " Onde está a miña mamá?" e ademais nos trouxeron un rico biscoito que fixo Antía coa súa avoa. Moitas gracias por acompañarnos. 





14.5.26

Festival das Letras Galegas (4º E.I.)

Hoxe fumos ao centro cívico a celebrar o noso tradicional Festival das letras, a clase de 3 anos interpretou a canción "Cocorico", seguindo co traballo da literatura dentro do PDI "Marabillarte". Ademais tamén presentamos os vídeos de DichoLeo que podedes ver no blogue da biblioteca: Dicholeo.

 

17.4.26

Proxecto: Granxa (4º E.I.)

 


Neste último trimestre, iniciamos un novo proxecto, A granxa, aínda que a literatura segue estando moi presente en todas as actividades que realizamos. Gracias as aportacións das familias contamos con un montón de recursos novos que nos sirven para o noso traballo diario. Desta maneira, creamos un mini mundo da granxa, aportamos novos xogos (quebracabezas, actividades de numeración...) relacionados coa granxa a área de traballo, aprendimos a xogar ao dominó da granxa, cada un deles realizou a súa propia granxa con pegatinas... e ata fixemos un mini horto na clase. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: granxa.


6.3.26

Semana da Muller: galegas nas artes. Rosalía de Castro (4º E.I.)

 Durante esta semana na clase de 4º Educación Infantil estivemos traballando as mulleres galegas nas artes, no noso caso seguimos coa literatura polo que afondamos na figura de Rosalía de Castro. Acudimos a exposición de "As nosas letras" da biblioteca escolar adicada a esta escritora, realizamos varios genially para coñecer un pouquiño máis da súa vida e da súa obra, cantamos a canción de "O Moucho" de Migallas, descubrindo que a letra era un poema de Rosalía, fumos a buscar flores para decorar a portada do seu primer libro titulado "La flor" e cada un dos nenos e nenas elexiu un poema seu e coloreu un debuxo quedando así un fermoso mural para compartir co resto de compañeiros e compañeiras. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: día da muller.



24.2.26

Vogais (4º E.I.)

 Comezamos na clase de 3 anos o traballo das vogais e para elo encontraron diversos xogos que lles axudaran a coñecer estas letras, a súa grafía, a discriminación fonolóxicas... Ademais engadimos na clase dos novos xogos, o primeiro deles na bandexa sensorial onde iremos incorporando todos os obxectos que atopemos que comecen con vogal para a súa posterior clasificación e tamén outro xogo máis de clasificación de debuxos na súa vogal correspondente. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: vogais.



23.2.26

Día de Rosalía de Castro (4º E.I.)

 Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía de Castro coñecendo a súa figura e recitando algún dos seus poemas. Comezamos visionado un vídeo dos Bolechas no que presentaron a Rosalía de Castro e explicaron algún dos seus poemas máis famosos. Despois acudimos a exposición da biblioteca e lemos o conto "Parece una rosa", que nos gustou moito. Coñecimos un pouco máis da súa vida e dos seus libros a través do genially sobre ela, no que tíñamos que superar varias probas e no que tamén aparecía a versión cantada do poema "Xan", que tamén nos fixo moita gracia. Ao final deste xogo nos propoñía que pintaramos unha ilustración de Juanlu Nacha, que nos están quedando do máis coloridas e, finalmente, seguindo a proposta da Asociación de escritores e escritoras en lingua galega can neno/a levou de agasallo un libro en galego e un marcapáxinas con forma de flor. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: rosalía de castro.





13.2.26

Entroido (4º E.I.)


Rematamos esta semana de entroido na que fixemos moitísimas actividades. Comezamos con novos xogos relacionados con esta festa na área de traballo (memori, quebracabezas...); o martes fumos a cociña a facer unhas ricas rosquillas; o mércores acudimos á aula sensorial onde, entre outras actividades, fixemos uns coloridos collares; o xoves cos nosos disfraces e coa merenda tan rica das familias tivemos unha gran festa de entroido e xa o venres o tradicional desfile de entroido, nesta ocasión no pabillón xa que non acompoñaron as condicións metereolóxicas. Podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: Entroido.
 

29.1.26

Galicómic: Unha aventura de moito conto!

 Estes días aproveitamos tamén para realizar a actividade de Galicómic, que xa é un clásico no noso centro, e que mellor maneira de meternos nos contos e vivir grandes aventuras coas nosas persoaxes preferidas. 




Copia de GALICOMIC Plantilla 2025-26.pdf de bibliotecamilladoiro

28.1.26

Emocións (4º E.I.)

 Durante estas semanas, a partir da lectura do conto Que tal estás?, estivemos traballando as diferentes emocións que sentía o protagonista e buscando outros contos na que as persoaxes tamén sentiran todas esas emocións. Desta maneira, traballamos os seguintes contos:

- Monstro rosa para a ledicia.

- Cocorico para o enfado, o medo e a ledicia.

- A tartaruga que quería durmir para a calma.

- O coelliño branco para o medo.

- Perdido para a tristeza.


En cada un dos contos empregamos as caras das emocións translúcidas da mesa de luz que lle íbamos poñendo encima das persoaxes e realizamos diferentes actividades que completaban o traballo destas emocións como aprender a técnica do "moucho, a tartaruga e o león" para controlar o enfando ou na clase de música a canción "Si estás feliz", a cal lle fumos engadindo múltiples estrofas como si estás triste, si estás aburrido, si tienes frío...


Unha vez que identificamos todas as emocións nas diferentes persoaxes relacionamos no emociómetro o monstro de cores, co persoaxe do conto e coa emoción de monito, tamén na mesa de luz e co escornabot. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: emocións.










14.1.26

Que tal estás? (4º E.I.)


O pasado martes O Mago da Palabra tróuxonos un novo conto para traballar as emocións, Que tal estás? de Anthony Browne. Estivemos identificando como se sentía monito, o protagonista, e pensando que cousas lle pasaría para que sentira así. Despois, estivemos expresando nos esas emocións diante do espello e o resto da clase tiñan que adiviñar a cara que facíamos. Ademais, o Mago da palabra presentounos a mochila emocional para levar para casa e traballar en familia, con múltiples recursos: diferentes libros para cada emoción, xogos, a marioneta do mago, o espello, a ficha para o emociómetro...



Destacar que despois desta sesión tivemos o patio e estiveron todos xuntos xogando a construír unha casa onde vivir xuntos. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: emocións.





4.12.25

Nadarín (4º E.I.)

 Estas semanas estivemos traballando o conto de Nadarín e O peixe arcodavella a través de múltiples actividades. Despois das lecturas e de reflexionar sobre os mesmos creamos na clase o recuncho sensorial do mar con múltiples animais mariños, decoración de peixes colgando, actividades na mesa de luz, creación de tubos sensoriais e o traballo coa area que sempre nos desperta momentos de calma. Tamén introducimos diferentes xogos na zona de traballo relacionados co mar como o memori, o barco equilibrista, colocar os paos de cores no peixe de madeira... e introducimos outras activdades como o ioga con animais do mar aprendendo a facer posturas como a estrela de mar e novas cancións como as dos peixes do mar de Magín Blanco, Nadando sen parar de Mamá Cabra e un peixe un pouco mentireiro como é O peixe salmonete de Golfiños.


Creamos a marioneta de Nadarín de cor negro e as marionetas dos seus irmáns peixes de cor vermello e traballando en conxunto conseguimos facer o peixe xigante igual que no conto. Tamén aprendimos a importancia de facer cousas en equipo xa que tíñamos un puzle do mar e cada un tiña unha peza diferente polo que se queríamos facelo era importante poñerse todos de acordo e darnos conta que todas as pezas eran importantes se queríamos rematalo.

Co conto do O peixe arcodavella elaboramos uns fermosos peixes con pegatinas de cores e compartimos os brillantes, xa que ao igual co peixe soamente podíamos pegar un diamente para que os demais tamén poideran pegar o seu. Elaboramos un peixe con bloques lóxicos que logo reproducimos na nosa ficha con pegatinas o que nos axudou aprender as formas xeométricas básicas.

Como actividade final, e a que máis gustou, foi a creación do noso bote do mar para levar para casa recollendo diferentes elementos que traballáramos estes días. Ademais conseguimos que o peixe poidera moverse a través do bote o que lles facía moita ilusión. Podedes ver todas as fotos de estas actividades premendo no seguinte enlace: Nadarín.



27.11.25

Aula sensorial: mar (4º E.I.)


 Hoxe acudimos á aula sensorial a realizar diferentes experiencias relacionadas co mar. Despois de ler o conto de "Nadarín" reproducimos a sensación de estar nun mar mediante os proxectores e a música das ondas mariñas de fondo. Primeiro xogamos cos pañuelos de cores simulando que eran ondas, así se o mar estaba tranquilo e a música era lenta os pañuelos movíanse suaves pero se pola contra era un mar enfurecido as telas movíanse moi rápido creando máis tensión. Despois tiñan que pechar os ollos e intentar adiviñar que eran os diferentes obxectos que tiñan nas mans intentando reproducir os distintos animais que aparecen no conto: anémonas, conhas, peixes de cores, serpes mariñas, polbos... Finalmente, marchamos do mar e atravesamos unha serie de rochas (chan plantar) para poñernos os zapatos e poñer en común todas as sensacións que sentíramos. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: mar.

22.11.25

Emociómetro - Educación Responsable (4º E.I.)


 

O pasado venres comenzamos unha nova actividade, dentro do programa de Educación Responsable, que instauraremos xa durante todo o curso, o Emociómentro. Neste panel iremos clasificando os diferentes contos que lemos na clase según a emoción que nos espetou a súa lectura, apoiados polos monstros de cores que nos acompañan este curso. Desta maneira xa clasificamos "Cocorico" e "O monstro de cores" dentro da ledicia, "Un pouco perdido" no apartado de tristeza, deunos un pouco de medo "Corre, corre, cabaciña" e "Nadarín", estaba moi enfadado o esquío de "O ladrón de follas" e trasmitiunos calma "Unha eiruga moi larpeira". Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: Emociómetro.

20.11.25

Aniversario lector (4º E.I.)

 O pasado luns celebramos o aniversario de Mía, que cumpriu xa 3 anos, e a súa nai e o seu irmán acudiron a nosa clase a ler o conto "Un día de pesca" e traernos un rico pastel.






10.11.25

Outono e Magosto (4º E.I.)


A semana pasada estivemos traballando o outono e gracias a colaboración das familias poidemos realizar este fermoso mural que preside o corredor da nosa clase. Ademais de facer múltiples actividades coas follas e ler o conto "O ladrón de follas" que lles gustou moito. O pasado venres celebramos o Magosto no centro realizando xogos tradicionais de magosto co resto de compañeiros/as das outras clases e moitos deles probaron as castañas por primeira vez, con diversas opinión. Podedes ver todas as fotos premendo nos seguintes enlaces: Outono e Magosto.

29.10.25

Samaín 2025 (4º E.I.)

 Esta semana estivemos realizando un montón de actividades terroríficas relacionadas co Samaín. Contamos o conto de Corre corre cabeciña e elaboramos as cabazas do conto para a exposición do centro. Pintamos tamén outra cabeza descubrindo que si mesturamos o amarelo co vermello obtemos o cor laranxa. Tamén cambiamos o recuncho sensorial facendo trasvases e atrapando moitos bichos coas pinzas. E hoxe convertemos a aula nunha auténtica aula sensorial: pintamos cabazas con pinturas de luz ultravioleta, elaboramos os nosos antifaces rascando na pintura negra, decoramos as mesas de luz con teas de arañas, xogamos coas lanternas e leímos contos no castelo. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Samaín.



27.10.25

Actuación Lecturas terroríficas (4º E.I.)

 Hoxe comezamos a XVI Semana das lecturas terroríficas, inaugurando esta xornada os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil coa actuación da canción do "Monstro de cores". O primeiro vídeo é o que estabamos proxectando por detrás na biblioteca e o segundo é a propia actuación. O fixeron genial, son uns artistas!!!


9.6.23

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE DANIELA P. ( 6º EI)

 

Esta semana  celebramos por adiantado o aniversario de Daniela P.,  que cumplirá os 6 anos no verán!!!!!Como non podiamos quedar sen escoitar a súa historia, visitounos Sheila, a súa nai, e Antía, a súa irmá maior.


Na súa historia descubrimos moitas cousas de Daniela, entre outras que é unha artista da patinaxe sobre rodas, e que a súa chegada encheu de alegría a toda a familia!!!



Cando este libro estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas, aínda que teredes que esperar ata o próximo curso!








Ademais da visita, entre todos, describimos á nosa protagonista, Daniela, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.












MOITÍSIMAS FELICIDADES ADIANTADAS DANIELA!!!!!















EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE AINARA( 6º EI)

 

A pasada semana Ainara estivo de aniversario,  cumpliu 6 anos!!!!!Por iso recibimos a visita de Jenny e David, que nos contaron a historia de Ainara, na que descubrimos o montón de cousas que fai, como cociñar ou disfrazarse!!






Cando este libro estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas, aínda que teredes que esperar ata o próximo curso!











Ademais da visita, entre todos, describimos á nosa protagonista, Ainara, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.












MOITÍSIMAS FELICIDADES AINARA!!!!!













30.5.23

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE SELENA ( 6º EI)

 

A pasada semana Selena cumpliu 6 anos!!!!!Por iso recibimos a visita da súa nai Lucía para celebrar o seu aniversario!!! 

Contaronnos a historia de Selena e a súa inseparable compañeira de aventuras Eli, tamén as cousas que máis lle gustan e como foi a súa vida neste primeiros anos de vida!!






Cando este libro estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas, aínda que teredes que esperar ata o próximo curso!






Ademais da visita de Lucía, entre todos, describimos á nosa protagonista, Selena, relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.










MOITÍSIMAS FELICIDADES SELENA!!!!!