28.5.19

EXCURSIÓN A GALIPARK

Onte todo o alumnado fomos de excursión de fin de curso a Galipark, un parque multiaventura en Padrón. Alí pasámolo en grande saltando nos hinchables, facendo chaveiros personalizados, xogando ó mini-golf e por suposto, conducindo o noso propio kart.
O tempo acompañounos, así que tamén puidemos ver os patos e as tartarugas e xogar nunha casiña de madeira que había nunha árbore. Foi unha xornada moi divertida , pero agotadora, polo que a maioría dos peques volveron durmindo no autobús!!!



Fotos Galipark

23.5.19

ANIVERSARIO DE SAÚL ( 5º EI)

Onte celebramos o aniversario de Saúl, aínda que ata agosto non ten 5 anos. Coma sempre fomos á cociña, onde tras lavar as mans e vaciar o lavavaixelas, comezamos a facer as piruletas de pantasmas: partimos o chocolate e botamolo nunha pota, engadimos un pouco de leite e removemos moito para que non se pegara. Despois collemos cada trociño de plátano e mollámolo no chocolate, puxemos lacasitos brancos como se foran ollos e metemos todo no conxelador. Na clase regalámoslle a Saúl bicos e apretas , soplou as velas despois de pedir un desexo e de cantarlle, probamos as piruletas que estaban boísimas aínda que non deron o resultado que esperábamos, e rematamos bailando por toda a clase. Moitísimas felicidades Saúl, en agosto xa terás 5 anos!!!!



Aniversario de Saúl

12.5.19

Aniversario de Dania ( 5º EI)

O mércores celebramos o aniversario de Dania. Como sempre fomos á cociña onde, tras lavar as mans, preparamos magdalenas de vainilla con pepitas de chocolate: batemos ovos, mesturamos ingredientes, utilizamos o vaso medidor para saber a cantidade de azucre, fariña e leite necesaria, limpamos a cociña, deixamos os cacharros no lavavaixelas... e metemos as magdalenas no forno.

Mentres esperábamos que a nosa receita estivera cociñada, regalámoslle a Dania bicos e apretas, descubrimos o que había na piñata que trouxo Dania ( lápices e libretas para todos), bailamos pola clase e rematamos probando as magdalenas, que estaban realmente boas, non sen antes de que a protagonista pedira un desexo e soplara as velas.

Moitas felicidades Dania, xa tes 5 anos!!!!



Aniversario de Dania

SESIÓN DE CONTACONTOS

O xoves tivemos unha sesión de contacontos con Celtia, que nos contou historias para escoitar, cantar e bailar do seu libro CANTAMOS, algunhas delas versionadas de contos clásicos: os tres porquiños, Juan sen medo, o parruliño feo... Pasámolo xenial , xa que participamos activamente !!!!

Moitísimas grazas!!!

Contacontos

5.5.19

COCIÑANDO PERCEBES( 4º EI)

A pasada semana os nenos e nenas de 4º de infantil fixeron unha receita deliciosa: PERCEBES!!!

Antes de cociñalos, falaron sobre o oficio de percebeir@, onde viven os percebes, como se recollen... despois os viron, tocaron e uliron, e tras cociñalos degustaron este manxar!!!!!



FOTOS

2.5.19

REVISTA ESCOLAR ( 5º EI)

Esta semana fixemos a portada para a revista escolar Dígocho Eu, esforzámonos moito, xa que algunha das nosas pode ser a portada da revista este curso, e quedaron así de bonitas!!!








                                                                                                                                                                                                             



TARTARUGA MARIÑA: COMPARANDO TAMAÑOS ( 5º EI)

Por fin rematamos de pintar a nosa tartaruga mariña. Está feita a tamaño real, 250cm, así que utilizando un metro moi grande, buscamos esta medida e despois tumados ,medímonos e escribimos no metro o noso nome para comparar as nosas medidas coas da tartaruga mariña máis grande.


Tartaruga mariña

DÍA DO LIBRO ( 5º EI )

Para celebrar este día fixemos varias actividades:

 1.  Asalto literario en Malpica: os nenos e nenas de 4º e 5º Infantil xunto co alumnado do IES Urbano Lugrís tiveron unha sesión de contacontos, onde os maiores lle contaron varias historias os máis pequenos, repartidos en grupos de tres. 

                Sofía contoulle a Clara, Gabriel e Izan a Xoaniña Rosmona.
                Brais a Martín Cousillas, Benito e Dania o conto de Troco.
               Manuel contoulle a Martín Martelo, Xulia e Leo o conto de Mosquito.
               Paula e Sergio contoulle a Valentina, Anna e Martina o conto de Rita.
               Alba contoulle a Marcelo, Antía e Rita o conto de Un gato na árbore.
               Anxo contoulle a Alba, Saúl e Breixo o conto de Ségueme.
               Paula contoulle a  Izan, Noa e Noel o conto de As aventuras de osiño.

Rematada a sesión, merendamos e xogamos no parque una anaco, e antes de marchar agasallamos ós nosos contacontos con caraveis. Moitísimas grazas !!!! .

Día do Libro no parque de Malpica

2.  Unha eiruga moi larpeira: tras traballar os vermes de seda dentro do Proxecto de China, fixemos un pequeno libro para levar esa semana.



3. BOOKTUBERS: Fixemos unha asemblea para falar dos nosos contos favoritos, fomos á biblioteca a buscalos (moitos peques coincidan no mesmo) e despois fixemos no Chroma unha sesión de booktubers, recomendado a lectura do noso conto.


 
Untitled from bemilladoiro on Vimeo.









4. Inventamos o conto: A tartaruga Pili.

Utilizando as palabras Tartaruga, Mar e Plástico, inventamos a historia dunha tartaruga que tivo un percance no mar por culpa dos plásticos. Escollemos o nome de Pili a partir dunha votación entre varias opcións propostas polos peques. En breves serán eles mesmos quen conten a historia que xa está rematada.