Mostrando entradas con la etiqueta hora de ler. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta hora de ler. Mostrar todas las entradas

20.12.22

EDUCATRIBO ( ANIVERSARIOS): O LIBRO VIAXEIRO DE UXÍA ( 6º EI)

Este curso, para a celebración dos aniversarios, e dentro do Proxecto Educa-tribo, convidamos ás familias ó cole a ler a súa historia do libro viaxeiro para toda a clase.

O libro viaxeiro marchou a casa de Uxía, que estivo de volta onte, pero aínda non é o seu aniversario, así que ata o próximo setembro non terá 6 anos!!

Verónica, a súa mamá, e Uxía nos contaron a historia da súa vida, na que vimos que Uxía é unha amante dos animais e fai un montón de actividades divertidas: natación, montar a cabalo, patinaxe...





Cando estea cheo das vosas historias volverá ás vosas casas para que poidades disfrutar de todas elas.









Ademais da visita de Verónica, entre todos, describimos as calidades da protagonista relacionadas coa súa personalidade, carácter, forma de ser... e coas que estaba conforme as escribimos e realizamos un cartel que levará de agasallo ó rematar o curso.








MOITÍSIMAS FELICIDADES ADIANTADAS UXÍA!!!!!









16.10.19

LECTURAS NA BIBLIOTECA


O martes pasado Moisés e Pablo de 4º E.P. léronlle os máis pequenos "Con tango son tres", un libro precioso que tivo do máis atentos a todos.

16.4.18

LECTURAS PEQUECHAS XIII

Hoxe Iker e Blanca de 2º de E.P. contáronnos o conto dos Bolechas "A Tatá picouno unha abella".



9.4.18

HORA DE LER (5º E.I.)

Tamén neste día viñeron catro nenas de 3º de E.P. a contarnos e dramatizar  o conto "Os Bolechas: o rato Pérez". Tivemos unha hora de ler moi ocupada e solicitada 😊😊😊



LECTURAS PEQUECHAS XII (5º E.I.)

Continuamos coas lecturas dos nenos e nenas de 2º de E.P. Desta vez Moisés e Carla contáronnos o conto "Señores meses".




22.3.18

HORA DE LER (5º E.I.)

O mércores viñeron Saray, Denise e Sara, de 3º de primaria, a lernos e representarnos o conto dos Bolechas "Roscón con pelos".



10.3.18

HORA DE LER (5º E.I.)

O mércores visitáronnos catro nenas de 3º de primaria para contarnos o conto dos Bolechas "O Robertiño". Non só nos contaron o conto, tamén representáronno, gustounos moito.





27.1.18

LECTURAS PEQUECHAS VII (5º E.I.)

Continuamos coas lecturas pequechas. O luns viñeron Iker e Blanca a lernos o conto "Andrés cabeza abaixo". 





20.1.18

HORA DE LER (5º E.I.)

O venres tivemos a visita de Sara e Ángela, de 3º de primaria, que viñeron a lernos o conto "A historia dos Bonobos con lentes".




11.12.17

HORA DE LER (5º E.I.)

Hoxe viñeron a contarnos o conto "Tanta miga e a súa barriga" Lucía e Zaira de 6º de primaria.





LECTURAS PEQUECHAS VI (5º E.I.)

Continuamos coas lecturas pequechas, esta semana tocoulle a Moisés e Antía lernos o conto de "Carabuñas". Que tamén foron os que clausuraron,por este trimestre, as lecturas pequechas.





3.12.17

HORA DE LER (5º E.I.)

O mércores na hora de ler viñeron a lernos un conto tres nenas de 3º de primaria.
Carla, Sara e Denise léronnos o conto "O segredo de Flora". Gustanos moito que veñan os nenos e nenas maiores a lernos contos na aula. Gracias por vir.