Mostrando entradas con la etiqueta India. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta India. Mostrar todas las entradas
23.3.15
9.3.15
1.3.15
ESPECIAS DA INDIA (5º E.I.)
Esta semana tocounos coñecer as especias da India, grazas o material aportado polas familias.
Foron moitas as actividades que realizamos e moito nos gustou traballar con elas. Primeiro as observamos, as tocamos e pensabamos a que nos recordaban.
Fixemos mandalas típicos da India, quedando todo o cole hulindo a curry, por iso invitamos os nosos compañeiros e compañeiras a que huliran os nosos mandalas.
Despois de traballar todas as especias, eleximos entre todos a nosa favorita e a que nos recordaba a súa olor, gañando a especia ANIS DE ESTRELA coa olor a ROSCÓN DE REIS.
E finalmente traballamos os sentidos, buscando nos diferentes folletos publicitarios.
Este é o resumo fotográfico de todo o traballo realizado:
16.2.15
23.1.15
BANDEIRAS E CONTINENTES (5º E.I.)
Como xa sabedes estamos a traballar a India e tivemos que situala no seu continente, así que aprendemos todos os demais. Ademais cambiamos o nome das mesas e agora cada un estamos sentados nun continente diferente, ao igual que aprendemos o seguinte rap que nos gusta moito.
Tamén atopamos a bandeira da India nun dos libros que nos deixáchedes, buscamos moitas máis bandeiras e rematamos facendo cada un a nosa propia bandeira, este foi o resultado.19.1.15
ELMER (5º E.I.)
Metidos de cheo no mundo dos elefantes da India trouxeron a clase o conto de Elmer e buscamos outros contos na rede, gustándonos moitísimo e por iso os deixo o seguinte enlace:
Entón decidimos facer os nosos propios elefantes de cores empregando todo tipo de materiais.
E o noso resultado foi o seguinte:
11.1.15
UN AGASALLO POR REIS
Xa estamos de volta na clase das curuxas, tendo unha gran sorpresa cando chegamos a clase e é que os Reis Magos deixárannos un agasallo. Estivemos a deducir que poderían ser naquela caixa tan pequena... e resultou ser un elefante, pero non un elefante calquera.
Todos quixemos ver de preto aquel elefante e comprobar que cousas diferentes tiña.
Chegamos á conclusión de que non era un elefante como os que había nos zoos de España, así que empezamos falar de que sitios poderían ser e estes foron os resultados.
Finalmente comprobamos en Internet como eran os elefantes destes lugares e ningún coincidía, así que cun pouco de axuda atopamos que era un elefante da India.
E agora queremos coñecer máis sobre este elefante e sobre o país onde viven, India, por iso unha vez máis pido colaboración ás familias para que manden toda a información que teñan sobre a India ou obxectos que poidan estar relacionados con este país. Como sempre moitas grazas de antemán.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















