Mostrando entradas con la etiqueta plantas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta plantas. Mostrar todas las entradas

22.4.16

PLANTAMOS CEBOLAS ( 5º EI )


Acabamos a semana plantando cebolas, as sementes semellaban a trociños de terra ou pedras!!!



 
 
 
 
 
 

19.4.16

Cambio de macetas ( 5º EI )


Onte transplantamos a Leituga Batavia e a planta de fresón, xa que necesitaban máis espazo para medrar. Fixémolo con moito coidado para non romper as raíces!!

PLANTAMOS GUISANTES ( 5º EI )


Hoxe plantamos guisantes, outras das plantas que decidiramos que queríamos ver medrar. Tivemos una grande sorpresa, cando despois de ulir o sustrato e ver se ulía ben ou mal, atopámonos con que as sementes de guisantes eran ROSAS!!!!!!!!! Quedamos alucinados, e agora estamos esperando con ansia a que medren, xa que algún pensan que sairán guisantes rosas!!!

18.4.16

A S SEMENTES MEDRAN!!!!!!! ( 5º EI )


Hoxe, ó chegar a clase despois do fin de semana, atopámonos con varias sorpresas: está medrando un xirasol, una margarida e un montón de leitugas!!! Entusiasmounos moitísimo, que emoción!! Agora temos que transplantar as leitugas por que non caben onde están!!! Ademáis hoxe levei a clase una planta de fresón, esperemos que aparezan fresóns en breves!!!



 

 
 
 
 

13.4.16

Plantamos Leituga Batavia ( 5º EI )


Continuando coa creación dunha pequena horta na clase, hoxe plantamos leituga Batavia. Collimos todo o necesario: a terra de plantar, que xa sabemos que se chama sustrato, a pala, a botelliña de auga, o sobre de sementes e reciclamos o cartón dos óvos como maceta. Botamos o sustrato, as sementes ,que primeiro vimos e tocamos, un pouco máis de sustrato e por último a auga. Despois investigamos no ordenador canto e como debíamos regar a leituga, descubrimos que todos os días para que a terra esté húmida pero mediante goteo. Rematamos facendo o carteliño co nome do plantado, cando hai que regar e a data de hoxe para facer o seguimento do crecemento.
hipocampillo's PLANTAMOS LEITUGA BATAVIA album on Photobucket