Mostrando entradas con la etiqueta 1ºEP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1ºEP. Mostrar todas las entradas

19.6.23

GYMKANA: INFANTIL E 1º EP

 O venres nas últimas horas realizamos un conxunto de probas motrices ó estilo do "Humor amarillo", no que o alumnado de infantil e 1º de Primaria dividido en 8 grupos mixtos tiveron que seguir o circuíto superando os distintos obstáculos, guiados polo alumnado de 5º de Primaria.


Pinchar na imaxe para acceder á galería


PASÁMOLO XENIAL!!

28.3.23

AULA SENSORIAL ( 6º EI, 1ºEP)

 Hoxe o alumnado de 6º de infantil xunto co de 1º de Primaria compartimos unha sesión de aprendizaxe na aula multisensorial.


Neste espazo rotaron polas diversas porpostas: 

- Creación de minimundos con teas e obxectos con cores primaverais.

- Recortado de flores para o mural de Preescritura con Arte.

- Simetrías: pintado con témperas da metade dunha bolboreta para ó doblar a folla ver a simetría.

- Pintado con rotuladores de óvos de Pascua.

- Xogo no retroproxector con tubos decorados con elementos da primavera.

- Creación de mandalas de primavera con tapóns de botellas.

- Na mesa de luz conteo e asociación de número e cantidade.

- Grafismo creativo no Mural de Preescritura con Arte.




QUEN BEN O PASAN FACENDO ACTIVIDADES INTERNIVEIS!!

14.5.21

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Hoxe, o alumnado de infantil e 1º de Educación Primaria, visitamos o centro cívico onde gozamos dunha actuación da man de Soraya Lema e Adela Dios , chamada " O exército das paxariñas", unha representación de obras escritas e obras traducidas de Xela Arias.