Comezamos na clase de 3 anos o traballo das vogais e para elo encontraron diversos xogos que lles axudaran a coñecer estas letras, a súa grafía, a discriminación fonolóxicas... Ademais engadimos na clase dos novos xogos, o primeiro deles na bandexa sensorial onde iremos incorporando todos os obxectos que atopemos que comecen con vogal para a súa posterior clasificación e tamén outro xogo máis de clasificación de debuxos na súa vogal correspondente. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: vogais.
24.2.26
16.10.25
"Unha eiruga moi larpeira" (4º E.I.)
Esta semana estivemos traballando o conto "Unha eiruga moi larpeira" que nos serviu para afondar en múltiples conceptos: os días da semana, os números, os cores, as froitas, a alimentación saudable, o tamaño... Algunhas das actividades que realizamos foron as seguintes e podedes ver todas as fotos premendo nos títulos das mesmas:
- O noso nome: poñemos as pegatinas do noso nome formando unha eiruga.
- Número 1: traballamos o número un, a cantidade e o trazo, ademais de rasgar papeis e facer boliñas para completar a mazá que comeu a eiruga o luns.
- Búsqueda das eirugas: facemos unhas pescuda de eirugas glotonas polo patio axudados de lupas. Cada unha delas tiña o nome dun neno/a escrito por detrás, polo que cada un tiña que atopar a súa.
- Merenda: fumos a cociña, cos compañeiros/as das outras clases de Educación Infantil, para facer unha merenda coas diferentes froitas, invitando a eiruga larpeira a que probáramos de todas elas.
- Xogos: na clase poden realizar diferentes actividades relacionadas co conto, tanto no recuncho sensorial onde teñen que meter os gusanos nos ovos de cada color ou contar bolboretas, como no recuncho de traballo que teñen varias actividades de ensertar, de ordear os alimentos, de contar as froitas, de colocar pompóns nas diferentes eirugas...
- Tale-bot: cunha plantilla de alimentos tiñan que sacar da bolsa un elemento do xogo da eiruga larpeira e levar o robot a dito alimento, cada vez o dominan mellor e moitos deles xa son capaces de conducilo se ningunha indicación.
- Eiruga e bolboretas: rematamos o traballo do conto pintando cada un a súa bolboreta con pinceis de fermosas cores e elaborando varias eirugas realizando unha serie para traballar o número un e o número dous, as cores e as formas xeométricas.
9.10.25
Pulseiras do nome (4º E.I.)
O pasado día realizamos pulseiras do noso nome, foi un pouco difícil poñer os abalorios pero non puidemos quedar máis contentos coas nosas pulseiras. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: pulseiras.
26.9.25
Traballo da inicial (4º E.I.)
Esta semana estivemos traballando a nosa incial en diferentes formatos: con letras magnéticas, plastilina, mesa de luz, no patio coas tizas, con pegatinas, con pintura... e, por suposto, a que máis nos gustou foi a creación das nosas letras con masa de hoxaldre na cociña. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: a nosa inicial.
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)



