30.12.12
VEÑEN OS REIS MAGOS
Por fin o día máis esperado da semana....o día que viñeron os Reis Magos!!
E aínda que daban un pouquiño de medo, démoslle a nosa fermosa carta chea de ilusións, e como non, de xoguetes que nos gustaría ter nestas vacacións. Cantamos paixoliñas e esmerámonos por demostrarlles que nos portamos moi ben este ano.
A ver se non se olvidan de nada...
BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO DOS NENOS/AS DE 3 ANOS!!!
NADAL, DOCE NADAL
Preparámonos para o Nadal!!! A última semana de clase estivemos moi atarefados decorando a nosa propia árbore navideña, repartindo brillantes e creativas postais caseiras para todos, pintamos pinas de cores para o taller de Nadal, escoitamos contos de nadal, aprendemos dúas paixoliñas moi divertidas e ata fixemos de reposteiros por un día creando deliciosas galletas.
E como non, participamos no concurso de debuxos navideños para o Concello e probamos os doces típicos de Nadal, en especial o turrón de chocolate porque o mazapán non nos gustou tanto como esperabamos.
Agora só falta que chegue Papa Nöel e os Reis Magos cargados de agasallos...como somos tan bos...
18.12.12
A vosa árbore
Hoxe estiven a dar unha volta polo cole e...¿que vin? ESTA FERMOSA ÁRBORE DE NADAL!!!
Xa supoño que tódolos adorniños fixéchedelos vós e amin gustáronme moito, moito.
Dentro duns dís xa serán vacacións así que ¡Ata a volta!
Ah! e non esquezades pedir un libro na carta que lles escribades ais Reis.
Víchedes os que pedín eu?
6.12.12
O NOSO PROPIO CORPO
Estos días descubrimos cousas novas do noso corpo e de nós mesmos. Coñecemos o nome de moitas partes do corpo, as diferencias e similitudes entre nós e con outras especies e a importancia de cada unha delas.
E fixémolo a base de xogos, algunha creación artística e sobre todo...bailando e cantando, o que máis nos gusta!!
Logo descubriremos os poderes máxicos dos sentidos que de seguro que nos sorprenderán, non o perdades!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)