Mostrando entradas con la etiqueta espazo maker. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta espazo maker. Mostrar todas las entradas

21.3.19

ESPAZO MAKER ( 5º EI)

A nosa nova biblioteca xa está case rematada, así que visitamos o espazo maker para facer actividades dirixidas e poder coñecer algúnhas das oportunidades que nos ofrece dito espazo.

Pasámolo xenial!! Xogamos coas palliñas de construcción, co muro Lego, coas rodas dentadas, xogo de construcción, xogos na pantalla multitáctil, achegámonos ó makey makey e descubrimos un novo robot con instruccións sinxelas para programar os seus movemenetos, o Matatalab.




FOTOS MAKER

11.12.18

RECEITA DO NADAL ( 5º EI )

O sábado é o cumple de Anna e, como sempre, imos facer unha receita, pero tendo en conta que o Nadal está próximo, propúxenlle ós peques cociñar algo propio destas datas, polo tanto visitamos a cociña para revisar os libros de receitas e atopar algo do Nadal para cociñar na celebración do aniversario de Anna.

Antes de ir á cociña pensamos que cousas son típicas destas datas, e apuntámolas na pizarra. Na cociña atopamos cousas moi interesantes, entre elas, unha receita china, o Wan tun, pero entre tanto buscar descubrimos na cociña moldes de galletas e biscoitos con diversas formas: cabaliño de xoguete, galletas do nadal, bastóns, Papá Noel... os moldes gustáronnos tanto que fixemos unha votación entre o molde de biscoito de copo de neve ou a receita dunha árbore con lacasitos, o resultado foi aplastante 13:0, polo que faremos o biscoito con forma de copo.


Fotos da receita do Nadal

15.6.18

MAKER SPACE (6º E.I.)

Nestes últimos días estivemos realizando todas aquelas actividades que ao longo do curso non nos deu tempo, entres elas a exploración dos novos materiais da biblioteca que formarán parte para ao ano que ven do novo espazo do centro, o "maker space". O material que empregamos foi diversos xogos de construción que nos permite traballar as nosas habilidades manipulativas, creativas... como por exemplo os legos, bunchems, construción con palliñas, pezas de madeira... podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: maker space.






10.6.18

EXPLORANDO RECURSOS ( 4º EI )

Levamos un par de semanas descubrindo novos recursos ( que formarán parte do makerspace da biblioteca escolar) e aproveitando os coñecidos para afianzar coñecementos.

Pantalla táctil de clase: Reforzamos as series sinxelas, esta vez facendo raia -punto-raia, que utilizamos para decorar una estrela de mar , que despois utilizamos para facer un colar insertándoa xunto con macarróns. A pantalla tamén a utilizamos para traballar conceptos básicos a través do xogo LA ABEJA BUBA, recurso que lles encanta.

Lámpara de luz negra: utilizámola na nosa actuación do Samaín, pero casi non se acordaban, así que  fixemos unha actividade máxica, na que descubrimos como a lámpara de luz negra facía brilar os nosos dentes e ollos e a roupa branca. Utilizámola para facer debuxos na escuridade con rotuladores fluorescentes.

Mesa interactiva: é multitáctil , así que podíamos participar varias persoas ó mesmo tempo.  Xogamos a facer puzles do abecedario, xogos musicais artísticos , e aplicación de xogos lóxicos ( buscar unha cor e unha forma determinada).

Para ver as imaxes premer nos enlaces:


https://photos.app.goo.gl/CbBYcaRvyzgAnRqp7

https://photos.app.goo.gl/fnbavBMyXQnMpx6fA

20.12.17

ACTIVIDADE MAKER (6º E.I.)

O pasado luns fixemos o noso primeiro contacto coas actividades maker, que é unha palabra que imos empezar a empregar moito en educación. Esta actividade consistiu en crear diferentes circuitos en grupo para despois poder facelos cos escornabots, para elo fixemos barreiras con pizas e palliñas, pontes con tubos do papel, puxemos animais polo menos... ao principio foi moi complicado pero pouco a pouco fumos aprendendo dos nosos erros e resultou unha experiencia moi enriquecedora. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: circuitos.