Escapismo: En Busca da Paz - Kizoa Movie Maker
Neste mes de xaneiro, todo o cole levamos a cabo o Laboratorio Documental, actividades deseñadas polo equipo de Biblioteca e dinamización da Lingua Galega.
O obxectivo deste laboratorio era realizar unha formación de usuarios na biblioteca escolar creativa, de forma que o alumnado tivera que buscar libros ou contos nos que se traballasen valores propios da celebración do Día da Paz.
No caso de infantil, a nosa formación de usuarios xirou ó redor da busca de tesouros na biblioteca para recoñecer distintos espazos dentro da mesma. Nesta actividade atopamos o libro Hasta que podamos Abrazarnos, conto no que traballamos o amor e a amizade.
A partir deste conto realizamos varias actividades que podedes ver en entradas publicadas anteriormente.
Outro dos obxectivos deste laboratorio, era realizar lecturas compartidas a través do blog, xa que este curso non podemos realizar actividades conxuntas para a celebración do Día da Paz. Ademais, realizamos unha exposición dos contos traballados, incluíndo o valor que se transmite no mesmo e un código Qr que enlaza ás producións finais, as lecturas compartidas.
Aquí tedes a nosa lectura, esperamos que vos guste tanto como a nós:
Laboratorio Documental: Día da Paz from bemilladoiro on Vimeo.
Dende a volta das vacacións do Nadal , estamos traballando co conto " Hasta que podamos abrazarnos". Neste conto, entre outras cousas, Ourizo e Tartaruga demóstranse canto se queren tocando unha canción con instrumentos.
Así pois, decidimos xogar con catro instrumentos musicais: maracas, triángulo, pandeireta e xilófono. Tras tocar libremente , tivemos que pintar o instrumento que soaba pero sen ver cal era.
Pasáronno pipa!!!!