24.2.22

COROAS DE ENTROIDO ( 5º EI)

 Onte no Leolab, realizamos unha actividade creativa para a creación de coroas de entroido. Cada peque tiña unha tira verde que podía decorar como quisexa cos materiais e ferramentas dispoñibles: tesoiras, pegamentos, pegatinas, iron fix, goma eva, cartolinas, plumas...

Pasáronno xenial e quedaron coroas moi chulas!!!!



Preme na imaxe para acceder á galería


23.2.22

Rosalía de Castro

 Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, 23 de Febreiro, plantando un pensamento que era a súa flor favorita, tamén fixemos un marcapáxinas para regalarlle alguén da nosa familia e levamos un conto de agasallo da biblioteca. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: Rosalía de Castro.





22.2.22

HOXE LE ( 5ºEI)

 Onte, como cada luns, despois do patio subimos á biblioteca a escoitar un conto. Nesta ocasión foi da man de Alma e Carmela de 6º EP, que leron o conto "Chofer de Sandías". Tras escoitar esta magnífica historia, repartiron a cada neno e nena un agasallo: unha sandía-coche coa súa foto e un debuxo dun animaliño.







Moitísimas grazas a Alma e Carmela polo seu esforzo en facer felices ós máis pequenos, animando á lectura de forma tan motivadora!!!

21.2.22

Inverno (4º Educación Infantil)


 Na clase de 4º de Educación Infantil estivemos traballando todos estes días o inverno e ata nos convertimos en esquimos, podedes ver todas as actividades que realizamos premendo no seguinte enlace: inverno.

Cociña de Entroido (4º E.I.)


 

Os nenos e nenas de 4º E.I. xa comezamos a festexar o Entroido acudindo a cociña e realizando estes antifaces de hoxaldre que merendamos ao día seguinte botándolle sirope de fresa ou de chocolate. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: Cociña de entroido.

16.2.22

1º CAMPIONATO DE VEHÍCULOS NO CEIP MILLADOIRO ( 5º EI)

 Esta semana pensamos cal dos vehículos da clase gañaría nunha carreira. Así que colocamos máis de trinta transportes con rodas na asemblea e cada neno/a escolleu dous deles, os que creían que chegarían máis lonxe.


Despois, en dous grandes grupos, realizamos varias carreiras na aula de psicomotricidade, seleccionando en cada fase un gañador en cada unha delas.

Por último, chegamos á final con 6 vehículos, polo que toda a clase baixou a psicomotricidade para coñecer o resultado deste campionato.

Grazas a Álex, o conserxe, utilizamos unha rampa chulísima e fíxonos un podium para colocar ós vehículos gañadores.


                                     Preme na imaxes para acceder á galería


FOI UNHA ACTIVIDADE DIVERTIDÍSIMA, E AGORA TEMOS UNHA RAMPA, UN PODIUM E UNHA BANDEIRA DE CARREIRAS PARA SEGUIR XOGANDO NO NOSO RECUNCHO!!!

15.2.22

ORELLAS DE ENTROIDO (5ºEI)

Onte comezamos a celebrar o Entroido facendo Orellas na cociña.

Atopamos unha receita moi sinxela e os peques pasaronno xenial amasando o seu trociño e estirando co rodillo!!!


Ademais quedaron deliciosas!!!!!






FOTOS

PROXECTO VEHÍCULOS: Paisaxe para o recuncho ( 5º EI)

 Durante as últimas semanas pensamos en crear unha paisaxe para xogar no novo recuncho do proxecto, así que, entre todos, pintamos unha cartolina e creamos distintos vehículos para xogar!!!




FOTOS

14.2.22

Proxecto Vehículos: Que corre máis? ( 5º EI)

 A pasada semana comezamos a investigar se corren máis os coches de carreiras ou as motos de carreiras. Para iso fomos ó Leolab, onde na pantalla multitáctil, abrimos un teclado grande para que os peques de un en un, e coa axuda dos compañeir@s puideran ir escribindo as letras.

Comezamos buscando a icona de Internet, e decidindo cal era a pregunta a escribir no buscador. Neste caso descubrimos que os coches de carreiras corren 378km/h e as motos de carreiras 362km/h.

Esta semana comezaremos a investigar cal dos vehículos da clase corre máis!!!!





FOTOS


E ti... que farías? (5º E.P.)


 Rematamos a investigación sobre Anselo Villar Amigo, aprendendo que fixo moitas cousas pola nosa vila. Así que nos tamén reflexionamos que cousas poñeríamos nos en Malpica, que nos parecen que faltan, por exemplo: unha tenda de patacas fritas, flores, un museo de dinosaurios, bandeiras, un castelo... Podedes ver todas as fotos e de que cousas cada neno e nena sería benefactor premendo no seguinte enlace: e ti que farías?

8.2.22

PROXECTO OS VEHÍCULOS ( 5º EI): Novas dúbidas

 A pasada semana, un neno da clase fixo a seguinte afirmación:

Os coches de carreiras corren máis que as motos!

Ante esta situación, realizamos unha asemblea para saber a opinión dos demais e unha votación, pero en vez de estar todos de acordo foi todo o contrario, algúns dicían que corrían máis as motos, outros que as motos pero de carreiras e incluso dixeron que son máis veloces as lanchas motoras.

Ábrense novas cuestións:

Cal é máis veloz? 

Cal é a velocidade máxima do vehículo máis rápido que existe?

Quen pode saber moito sobre este tema?


Agora temos que investigar e obter respostas!!!!

Lab Imaxe: Produto final ( 4º /5º EI)

1.2.22

ESCAPISMO: "EN BUSCA DA PAZ"

 


Escapismo: En Busca da Paz - Kizoa Movie Maker

Para celebración do Día da Paz, realizamos a proposta de escapismo " En busca da Paz" realizada polo Equipo de Imaxe, na que a través de diferentes probas tivemos que axudar á Serea Leo a atopar a un home malpicán que marchou en busca dunha vida mellor e que fixo grandes aportación á nosa vila, utilizando algúns dos recursos da nosa biblioteca creativa: códigos Qr, mesa de luz, código numérico no portátil, luz ultravioleta, placa microbit...


Durante este escapismo descubrimos que a persoa que buscaba a Serea Leo era Anselmo Villar Amigo e que emigrou a Arxentina.




Premer na imaxe para acceder á galería de imaxes


Descubrimos que fixo aportacións económicas importantes para mellorar as infraestructuras de Malpica: unha fonte coa primeira traida de auga da vila, un mercado que despois converteuse na 1º escola pública e agora é o Concello, unha rampla e un murallón no noso porto.  

Decidimos entón visitar a nosa vila, parándonos a observar con detalle, sorprendéndonos de que na fonte está o busto de Anselmo Villar Amigo.


FOTOS DA SAÍDA


O produto final da nosa investigación é o seguinte, esperamos que vos guste: