Mostrando entradas con la etiqueta 4-5 anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4-5 anos. Mostrar todas las entradas

25.5.23

EXCURSIÓN: SANTIAGO DE COMPOSTELA ( 5º E 6º EI)

 Onte, o alumnado de 5º e 6º de Educación infantil visitamos Santiago de Compostela, como excursión de fin dos proxectos de aula enmarcados dentro da PDI: Nós...Patrimonio in-material!!

Baixamos do autobús e percorremos uns poucos metros ata chegar á Catedral, alí alucinaron co tamaño da mesma e coa cantidade de peregrinos que había!!

Despois na praza do Obradoiro collemos o tren turístico que nos levou por Santiago, estaban encantados porque lles regalaron uns cascos por se querían escoitar a audio guía e escoller eles mesmos o idioma, porque se pasaron todo o traxecto cantando o himno de Galicia e muiñeiras, saúdando a todos os peregrinos ou persoas que levaban mochilas...

Cando chegamos de novo á praza subimos por unhas escaleiras onde había un gaiteiro tocando e onde os peques de 5º de EI atoparon á Serea Leo que lles entregou a compostelana polo seu percorrido no Proxecto de aula:Galicia, o noso camiño! e  paramos a  merendar na praza da Inmaculada.


Tras merendar e xogar un pouco volvimos ó autobús para dirixirnos á Cidade da Cultura. Ó principio tiñamos organizado facer unha pequena ruta pola senda mitolóxica, pero o cansancio e a calor era demasiada, polo que estivemos xogando no Parque da Balea, onde o pasaron en grande e o cansancio parecía que desaparecera. Fixemos un parón para comer e volvemos a xogar ata que xa foi hora de marchar.


UN DÍA ESPECTACULAR!!!


Premer na imaxe para acceder á galería

15.2.23

FEIRA DO TROCO


 

A semana pasada estivemos traballando a primeira forma de comercio que é o TROCO. Precisamos de axuda nos nenos e nenas máis maiores, 5º e 6º de E.P., que nos prepararon a marabillosa feira do troco,que podedes ver na imaxe, con manualidades feitas por eles (diademas, pulseiras, colares, pompóns...). Ao alumnado de 4 e 5 anos démoslles dúas chucherías e decidían se facían un troco ou non. Houbo quen cambiou as dúas, unha ou ningunha, pero todos quedaron satisfeitos cos seus trocos. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: Feira do Troco.

10.10.22

VISITANDO RESTOS PREHISTÓRICOS ( 5º E 6º EI)

 O venresvisitamos o Dolmen de Dombate  eo Castro de Borneiro, xa que necesitabamos descubrir quen foron os primeiros homes e mulleres en vivir en Galicia e de quen eran as ferramentas da Serea Leo, e descubrimos que foron os...


PREHISTÓRICOS!


Os primeiros vivían en covas e construíron Dolmens, que eran lugares onde enterraban ós seres queridos todos xuntos, e máis adiante apareceron os castrexos, que tamén continuaron utilizando estas estruturas.

Nesta visita, ademais de coñecer o Dolmen de Dombate e descubrir moitas curiosidades, puidemos entrar dentro dunha recreación dun Dolmen coas súas pinturas interiores e petroglifos, e observan algunhas das ferramentas e tecidos que creaban coa pel e ósos de animais. 

Despois visualizamos uns debuxos animados sobre a vida na prehistoria e como foron aprendendo a crear cachelas, a cazar e pescar, a utilizar o barro, as ferramentas...

Rematamos a visita realizando unha rápida visita ó Castro de Borneiro, xa que o tempo non era nada apacible, polo que volvimos ó cole para merendar e mentres ver un pouquiño a película animada Los Croods, cuxa temática é sobre a era prrehistórica. Antes de marchar, tivemos tempo de xogar un ratiño.



Premer na imaxe para acceder á galería

18.3.21

Laboratorio de Ideas: "Maruxa" (5º-6º EI)


 O Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia comezou coa lectura de  "Maruxa" de Eva Mejuto para concienciarnos da igualdade entre mulleres e homes, rematando por ir ao laboratorio de cociña a facer pan: medidas, mesturas, fermentación, temperatura...

Picando na imaxe accederedes ás fotos do noso laboratorio.

Un laboratorio moi divertido!