Rematamos o proxecto do bosque repartindo as fermosas caretas que nos regalou a mamá de Mayra e que tanto xogo nos deron no recuncho do bosque. Moitas grazas polas vosas aportacións. Podedes ver o reparto premendo no seguinte enlace: animais do bosque.
11.6.21
4.6.21
PROXECTO BOSQUE: DÍA DO MEDIO AMBIENTE ( 4º EI)
Tras escoitar ó Esquío, abrimos o paquete e recibimos o agasallo: Un pin de amig@s dos bosques!!!!!!!!!!!
Tamén creamos o noso ben merecido diploma polo noso esforzo na contribución dun mundo mellor, a través do coidado da natureza e dos nosos bosques!!!!!!!!!
26.5.21
BASAJAUN: O SEÑOR DO BOSQUE NO PAÍS VASCO ( 4º EI)
14.5.21
DÍA DA FAMILIA ( 4º EI)
Mañá, 15 de maio, celébrase o Día Familia e dende o cole decidimos crear un agasallo para elas!!
Dentro do noso empeño por axudar ó Esquío en Apuros, e contribuir a destruír o noxo, o que nos anoxa para construír un mundo mellor, lema deste trimestre dentro do PDI: Visión 3C, creamos unha maceta con barro, que despois de cocer, pintamos; creamos o cartel onde vai o noso nome con papel reciclado e transplantamos as sementes que tiñamos medrando en maceteiros de cartón reutilizable.
Ademais realizamos uns debuxos moi fermosos!!!
Esperamos que este agasallo vos guste moito, e que consigades que as plantas medren máis , que de momento son pequeniñas!!!
7.5.21
PROXECTO O BOSQUE: AXUDANDO A UN ESQUÍO EN APUROS ( 4º EI)
Tras recibir a solicitude de axuda do esquío, realizamos unha asemblea na que decidimos que fariamos para axudar a salvar os bosques, e así construir un mundo mellor:
- Escribir ós que talan árbores para que soamente corten as árbores necesarias.
- Reciclar papel, xa que o papel ven das árbores
- Plantar: cousa que xa fixemos
- Comprometernos a tirar o lixo no contedor axeitado
2.5.21
1.5.21
SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE ( 4º EI)
26.4.21
PAPIROFLEXIA ( 4º EI)
Laboratorio de Imaxe: Día do Libro, Leo le, nós lemos...? ( 4ºEI)
19.4.21
Proxecto O Bosque: TRASPLANTAMOS ( 4º EI)
A pasada semana realizamos o trasplante das nosas sementes á unha maceta de cartón biodegradable, que posteriormente irán colocadas nas macetas de barro.
14.4.21
Proxecto O bosque: As plantas ( 4º EI)
Esta semana continuamos co coidado das nosas flores, e observamos como algunhas están medrando bastante, polo que en breves comezaremos a transpantalas a macetas biodegradables.
Como no recreo encántalles recoller margaridas, dividimos o grupo en dous, e despois de regar as nosas plantas no laboratorio de pequeciencias , baixamos ó patio onde recollemos varios tipos de flores. Despois subimos á cociña, onde colocamos as flores nunhas cubiteiras , botamos auga e colorante e metemos no conxelador. O martes utilizando a mesa de luz e un pouco de sal xogamos cos cubitos de flores.
8.4.21
PROXECTO O BOSQUE: PLANTAMOS ( 4º EI)
No escape room realizado antes de marchar de vacacións, a Serea Leo deixounos de agasallo unhas sementes de flores para plantar.
Así que á volta se Semana Santa comezamos a pescudar sobre o que precisamos para plantar, pero non houbo demasiada investigación, pois a maioría sabía que precisamos sol, auga, regadeira, terra, macetas, pala... e por suposto SEMENTES.
Para realizar esta actividade dividimos a clase en dous grupos para ir á aula de pequeciencias, onde cada neno e nena escolleu que tipo de flor prefería plantar, colocou un algodón, a semente e regou ( desta forma podemos ver como xermina). Nesta aula hai moita luz e calor, polo que, cando comece a brotar a semente a pasaremos a unha maceta. Xerminarán as sementes de flores en algodón? Estaremos moi atentos.
Tamén lemos o conto El huerto de Simón, así que pareceunos moi boa idea, ademais de sementar flores, plantar alguns froitos e verduras, polo que teremos primeiro que saber que diferencia hai entre ambos. Para iso aprenderemos a seguinte canción:
25.3.21
ESCAPE ROOM ( 4º EI)
Hoxe, para rematar o trimestre realizamos un xogo de escapismo, no que a Serea Leo nos daba media hora para atopar uns agasallos agochados na aula de apoio infantil. Primeiro visualizaron o vídeo explicativo e despois buscamos as pistas , abrimos candados de números e de chaves, descubrimos os números cun código Qr na plantilla do Robot Doc, o número 4 pintado con luz ultravioleta, o 2 nunha caixiña e o 1 montando as pezas dun puzle.
Foi moi divertido e ademais os tres pequenos grupos atoparon o agasallo da Serea Leo: sementes de flores!!!!!
Como o fixeron moi ben, levaron de premio un óvo e un coelliño de fieltro!!!
Copia de ESCAPISMO - Kizoa Movie Maker
22.3.21
ÓVOS ULTRAVIOLETAS ( 4º EI)
Hoxe descubrimos que o inverno marchou e xa estamos en Primavera!!!!!!
Posto que nesta estación a flora e a fauna comezan a reproducirse, cada vez veremos máis insectos, flores, paxariños... decidimos dedicar este día a traballar con óvos.
Comezamos consendo óvos de cartón utilizando lá e agullas, e o fixeron moi ben. Despois fomos ó Leolab, onde, utilizando lámparas e lanternas de luz ultravioleta e rotuladores fluorescentes, decoramos o noso óvo. Foi unha actividade moi motivadora e máxica para eles, e ademais foi sorprendente ver as nosas producións coa luz prendida, algunhas cores eran distintas!!!!
10.3.21
Que comen as aves?
Hoxe estivemos investigando que comen as aves, a verdade é que as nosas hipóteses xa eran moi acertadas pero fixemos un xogo moi divertido, tíñamos que meter a man sen mirar nunha bolsa e se queríamos comelo. Ao principio estaban un pouco asustados porque pensaban que eran gusanos de verdade pero resultaron ser gusanitos e pequenas gominolas de froitas. Podedes ver as fotos premendo no seguinte enlace: comida de paxaros.
Despois fumos a cociña a preparar uns gusanos de froitas moi especiais porque a base era de chocolate e porque tamén traballamos a lóxica-matemática xa que as froitas seguían unha serie. Podedes ver as fotos premendo no seguinte enlacea: gusanos.
9.3.21
Niños de paxaros (3 anos)
Seguimos coa nosa investigación dos paxaros do bosque e, nesta ocasión, estivemos traballando como fan os seus niños. Para iso fumos fora recopilar paos que logo pegamos e decoramos o ovo con papeliños de cores, así que bonitos nos quedaron, podedes ver as fotos premendo no seguinte enlace: ovos.
1.3.21
LEOLAB ( 4º EI)
Hoxe, na hora de xogo por recunchos, decidimos ir ó Leolab onde tiñan que xogar libremente entre as distintas opcións:
- Construcións con Lego, palliñas e Kappla
- Mesas de luz
- Escornabots
- Mesa interactiva: xogos de trazo de letras
- Pantalla multitáctil: xogo sobre o Bosque
Na pantalla multitáctil xogamos con este Genially sobre o noso Proxecto:O Bosque
8.2.21
RECUNCHO DO BOSQUE ( 4ºEI)
No seguinte enlace, que actualizaremos cada certo tempo, poderedes ver os novos materiais que os/as peques traen ó cole e como xogamos con eles.
O noso recuncho cada vez ten máis cousiñas, moitísimas grazas pola vosa participación!!!!
5.2.21
PROXECTO: O BOSQUE ( 4ºEI)





















