1.3.23

Mulleres Imprescindibles: Ana Romero Masiá (6º EI)

 Tras recibir a mensaxe da Serea Leo puxémonos mans á obra. 

O primeiro que fixemos foi pensar onde poderiamos atopar información, anotamos e buscamos paso por paso.




A primeira idea foi buscar por internet: Descubrimos que Ana Romero Masiá vive en Santiago pero ten casa en Barizo, que é historiadora, mestra e arqueóloga e que traballou 10 anos no Castro de Borneiro. Ademais atopamos unha noticia na prensa dixital do periódico La Voz de Galicia, polo que miramos e lemos noticias en varios exemplares en versión papel, que xa forman parte da nosa biblioteca de aula.

A segunda idea era atopar persoas que a coñeceran para contactar con ela: a profe Susana coñece a súa filla, polo que conseguimos o seu "correo electrónico" e o número de teléfono.

A terceira era invitala e escribirlle unha carta ou un correo: antes de contactar pensamos que queriamos saber e que nos gustaria que nos contase. Cando tiñamos pensado escribir un correo Borja chegou ó cole cun vídeo de Ana!!!!!! Neste a arqueóloga dixo que viría nuns días a visitarnos!!!


Ademais de seguir preparando a preguntas sobre que nos gustaría saber , decidimos poñernos no seu papel polo que nesta vez convertémonos en PALEONTÓLOGOS.
Cada neno e nena recibiu un pase de autorización para as Excavacións do Milladoiro ( aula sensorial), e por parellas tiveron que descubrir os fósiles agochados picando e limpando as pezas. Despois asociaron os fósiles atopados coas tarxetiñas explicativas do seu descubrimento.

Premer na imaxe para acceder á galería.



QUE GANAS DE RECIBIR E ENTREVISTAR A ESTA MULLER IMPRESCINDIBLE DA NOSA CONTORNA!!!!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario