16.6.26

Xogos con auga (4º E.I.)


Hoxe tivemos unha xornada de auga na clase de 3 anos, na que realizamos as seguintes actividades:
- Tren de lavado de coches e bonecos.
- Clasificación de pelotas de cores que estaban na auga e transportaban con cazos.
- Pesca de letras con coladores e colocación no nome dos nenos e nenas de clase.
- Creación de pócemas con herbas, flores... e trasvases a diferentes recipientes.
- E xogo libre con diferentes barquiños de cores.

Os nenos e nenas o pasaron xenial e podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Xogos con auga.



 

Aniversarios verán... tamén lectores!

Xa rematando o curso, non nos podemos esqueder dos nosos compañeiros que cumplen en verán. 

 Aproveitando que temos forno novo, xa a estreamos facendo un bizcocito de cunple que o botábamos moito de menos. 


Pinchando no imaxe de abaixo podedes acceder a galería do aniversario de Álvaro e Iria. Coma sempre moitas grzas a súa familia por vir a contar o conto neste día tan especial para eles. 

Parabén Álvaro e Iria 🎉




15.6.26

Aniversario xuño...Tamén lectores!

Estamos no último mes de curso e estamos comezando esta semana co aniversario de Iván, que xa cumpliu 6 anos!

Moitos parabéns e grazas a súa avoa por vir a ler o conto neste día tan especial.



Preme na imaxe para acceder á galería

Xornada sobre rodas

 Hoxe realizamos a tradicional actividade de fin de curso, a "Xornada sobre rodas", que tanto lle gusta aos nenos e nenas e ademais lles axuda a coñecer as normas de circulación e as señales de tráfico. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Xornada sobre rodas.






12.6.26

Cociña de verán

 O pasado martes acudimos a cociña a facer unha receta saudable de verán, unha tarta xeada de froitas con iogur natural. Levaba tres capas unha de amorodos, outra de plátano e outra de frambruesa, para elo tivemos que trocear as froitas e mesturar todo coa batidora e despois deixar repososar todo no conxelador. Hoxe a probamos para merendar. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: cociña.




11.6.26

Excursión O Ventoso

 Hoxe fomos de excursión á Granxa Escola O Ventoso, onde nos agardaban tres actividades moi especiais.

A primeira actividade consistiu en facer un bolo de pan. Coas mans na masa, aprendemos como se elabora e foi, sen dúbida, a actividade que máis éxito tivo.

Despois coñecemos a Caramelo, un poni moi tranquilo co que puidemos dar un pequeno paseo. Tamén visitamos os establos, onde descubrimos como viven e de que se alimentan.

Para rematar, fixemos un pequeño percorrido para coñecer algúns dos protagonistas da granxa como Mesi e Ronaldo (as cabritas), Pepa (o porquiño) ou Pompón (un precioso coello).

Rematamos o día na área recreativa de Gabenlle, onde xantamos e gozamos dun anaco de xogo no parque.



Excursión granxa-escola O ventoso (4º E.I.)

 Hoxe todo o ciclo de Educación Infantil fomos de excursión a granxa-escola O ventoso en Laracha. Realizamos moitas actividades relacionadas cos animais, os seus coidados e a vida na granxa. Comezamos elaborando o noso boliño de pan, que ademais despois levamos para casa, a media mañá merendamos unha rica froita e bebemos auga que nos deron na granxa. Continuamos montando o poni, chamado Caramelo, que nos encantou e se portaron xenial con el, ademais de coñecer os establos e todos os seus coidados. Por último, visitamos o resto de animais da granxa, a porca Pepa, o can Lucas, a ovella e as cabras, o coello pompón, as codornices, as galiñas, os patos, o pavo real... Rematamos a xornada comendo na área recreativa de Gabenlle e xogando no seu parque. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: granxa-escola.



10.6.26

Aula sensorial_ verán (4º E.I.)


Hoxe acudimos a aula sensorial a realizar diferentes actividades relacionadas co verán:

- Traballamos coa area mollada na bandexa tuff coas letras, as cunchas, facendo xeados...

- Xogamos libremente nas diferentes mesas de luz, coas culleres dos xeados, as tartarugas, as moedas...

- Empregamos as pipetas, auga de cores, aromas e as flores que collimos o outro día na horta para facer as nosas propias pócemas.

- Pintamos coa luz ultravioleta no papel branco as nosas creacións libres.

- Cada un fixo o seu propio debuxo con espuma de afeitar, que semellaban xeados.

E, por último, en diferentes momentos acudimos a zona de relaxación que ten unha lámpada que semella unha peceira. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: aula sensorial.
 

8.6.26

Aniversario lector (4º E.I.)

 Hoxe celebramos o último aniversario deste curso, de Lino que tamén cumple anos no verán. Viñeron os seus pais a ler o conto de "Los tres cerditos" e ademais trouxéronos dos ricos biscoitos. Moitas gracias pola vosa participación nesta actividade.







5.6.26

Día Mundial do Medio Ambiente 2026 (4º E.I.)

 Toda esta semana estivemos traballando a importancia de coidar o medio ambiente, centrándonos sobre todo no importante que é non tirar lixo ao chan para que non acabe no mar. Fixemos múltiples actividades como xogos na pantalla interactiva, vimos varios contos sobre a reciclaxe, empregamos o robot para levar o lixo o seu contenedor correspondente, pintamos uns mandalas sobre a natureza que os transformamos en atrapa soños... e, elaboramos un cartel con area para a exposición de todo o centro que leva o lema de "Lixo viaxeiro remata no mar enteiro". Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Día do medio ambiente. 




4.6.26

Aniversario lector (4º E.I.)

 Hoxe acompañounos a mamá e o papá de Antía para celebrar no cole o seu cumple, aínda que é no verán, para poder realizar a actividade de Aniversario lector con todos os seus compañeiros e compañeiras. O libro que elexiron foi " Onde está a miña mamá?" e ademais nos trouxeron un rico biscoito que fixo Antía coa súa avoa. Moitas gracias por acompañarnos. 





Visita á horta (4º E.I.)

 


Onte realizamos unha saída moi especial xa que fumos ver unha horta de Malpica. Foi moi emocionante descubrir como son as plantas das diferentes verduras que despois vemos no noso plato, pero sobre todo empregar o sacho para encontrar as patacas. Tamén estivemos apañando nos limóns e nas flores e viñemos cargados para a casa. Ademais aproveitamos para baixar o porto, visitar as redeiras e seguir concienciándonos do importante de non tirar lixo ao chan para que despois non vaia para o mar. Podedes ver todas as fotos desta xornada tan emocionante premendo no seguinte enlace: horta. 



2.6.26

Aniversario lector (4º E.I.)

 Este mes imos celebrar os aniversarios dos nenos e nenas que cumplen no verán. Comezamos con Valentina e nos acompañou a súa nai e a súa irmá, lendo un fermoso libro titulado "Llegarás hasta la luna". Tamén nos trouxeron un rico pastel de chocolate. Moitas gracias por participar nesta actividade de aniversarios lectores.




1.6.26

Excursión Coruña (5º e 6ºEI)

Fai unhas semanas desfrutamos dunha estupenda excursión á Coruña. A nosa primeira parada foi nun parque de Arteixo, onde os nenos e nenas puideron xogar, correr e compartir momentos de diversión cos seus compañeiros e compañeiras.

Despois desprazámonos á Coruña para asistir a unha obra de teatro da AFundación. Foi unha experiencia moi enriquecedora na que gozamos da interpretación, da música e da maxia do escenario.

Pasamos unha xornada chea de aprendizaxes, convivencia e momentos inesquecibles. Preme imaxe para acceder á galería.



29.5.26

Vaca condesa (4º E.I.)


 Onte rematamos cos traballos deste curso adicados a literatura, seguindo co PDI proposto polo biblioteca "Marabillarte", e o fixemos co libro da "vaca condesa"de Juan Alfonso Belmonte. Despois de ler o conto e buscar as vogais a palabra vaca, subimos a aula de arte para facer a nosa vaca condesa inspirándonos na Madrid cow gallery. Quedaron tan ben que as imos deixar ata fin de curso para a exposición final. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: vaca condesa.

26.5.26

Robot_granxa (4º E.I.)

 Estamos rematando co proxecto da granxa e hoxe para repasar as diferentes partes e os animais que nela podemos encontrar, empregamos unha actividade STEAM, usando o robot infantil da Xunta de Galicia. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: robot.




20.5.26

Bandexa sensorial (4º E.I.)

 Rematamos este curso coa bandexa sensorial (tuff tray), que tanto nos acompañou este curso, con area da  praia e diferentes xogos como as letras, os xeados, os moldes...





Excursión Coruña (4º E.I.)

 A pasada semana realizamos a nosa primeira excursión e todo foi unha gran emoción, dende montarnos no autobús ata descubrir un novo parque en Arteixo para merendar. Despois acudimos a unha representación teatral na Afundación Abanca de A Coruña. Podedes ver todas as fotos da xornada no seguinte enlace: excursión.



14.5.26

Festival das Letras Galegas (5º e 6º EI)

Con motivo do Festival das Letras Galegas, o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil participou nunha actuación moi especial. Cantamos unha fermosa canción relacionada co noso PDI Marabillarte e co apaixonante mundo da pintura.

Foi un momento cheo de música, ilusión e emoción, no que puidemos compartir e gozar xuntos desta celebración tan especial da nosa lingua e da nosa cultura.


Festival das Letras Galegas (4º E.I.)

Hoxe fumos ao centro cívico a celebrar o noso tradicional Festival das letras, a clase de 3 anos interpretou a canción "Cocorico", seguindo co traballo da literatura dentro do PDI "Marabillarte". Ademais tamén presentamos os vídeos de DichoLeo que podedes ver no blogue da biblioteca: Dicholeo.

 

Manualidades Granxa (4º E.I.)

 Son moitas as actividades que estamos a facer arredor do tema da granxa, entre elas unha ovella de algodón, un pitiño con tiras amarelas que nos serviu para iniciarnos no mundo das tesoiras e o pitiño que sae do seu cascarón que é a nosa actividade estrela. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: manualidades da granxa.



Día da Familia (4º E.I.)

 Mañán, 15 de maio, celébrase o DÍA DA FAMILIA, pero como imos de excursión realizamos hoxe a actividade que tíñamos prevista para ese día. Gracias a colaboración das nosas familias fixemos a actividade "Cápsula do tempo", na que os nosos papás e a nosas mamás escribiron unha carta para cando o seu fillo ou a súa filla marche do cole en 6º de E.P. Ademais adxuntaron fotos ou obxectos aos que os nenos e nenas teñen moito apego. Metimos todos os sobres nunha caixa que pasara con eles ao longo dos cursos e que seguro que será moi emocionante cando as abran con 12 anos. Non encontramos mellor maneira que celebrar este día da familia. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: cápsula do tempo.



13.5.26

Aniversario lector (4º E.I.)

 Hoxe Xoel cumple 4 anos e o celebramos coa actividade "Aniversarios lectores", gracias a que viñeron o seu papá e a súa mamá a ler o conto "Las princesas también se tiran pedos". Tamén nos trouxeron unhas ricas madalenas que cociñaron xuntos. Moitas gracias pola vosa visita.










24.4.26

Día do Libro: merenda saudable e lectura na rúa

 Hoxe conmemoramos o Día Internacional do libro, coa xa tradicional actividade de "Lectura na rúa e merenda saudable". Todo o alumnado de Educación Infantil baixamos as rúas de Malpica, a zona da praia, para desfrutar dunha merenda saudable que elaboramos previamente na aula de cociña (biscoito de cenoria, brochetas de froita e sandwich de fiambre). Lemos diferentes contos cunhas vistas e cun día que nos acompañou espectacular, despois cada profe contou un conto diferente e rematamos a xornada cun tempo de lecer no parque. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: dia do libro.




 Onte estivemos preparando na cociña a merenda saudable para actividade polo Día do Libro, proposta dende a biblioteca do centro. Aproveitando que estamos traballando a comida dos animais da granxa, fixemos un biscoito de cenoria. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: biscoito de cenoria.










23.4.26

Aniversario lector Nico (4º E.I.)

 Hoxe, coincidindo co Día do Libro, cumpriu anos Nico e o celebramos coa actividade de "Aniversarios lectores". Acompañounos a súa nai e a súa irmá Sofía, que nos leron entre as dúas o conto de "Os tres porquiños" e nos trouxeron un rico biscoito de chocolate.








22.4.26

Aniversario Lector Amanda (4º E.I.)

 Hoxe celebramos o aniversario de Amanda, que xa cumpriu 4 anos, coa actividade "Aniversarios lectores". Acompañounos a súa nai e o seu pai que nos leron o conto de "O peixe arco da vella" e ademais nos trouxeron un rico biscoito.







17.4.26

Actividades sensoriais da granxa (4º E.I.)

 O pasado xoves acudimos a cociña realizar diferentes actividades sensoriais relacionadas coa granxa, coas aqueles desfrutaron moitísimo. Estas foron:

- Pelar ovos cocidos e picalos.

- Atrapar miñocas (limpiapipas) co pico dos pitiños (pinzas).

- Traballar na horta.

- Esquilar as ovellas (espuma de afeitar).

- Limpiar os porquiños que estaban na pocilga.

- Darlle de comer as galiñas machacando o millo, cereais, copos de avena...


- E, a actividade estrela, ordeñar as vaquiñas.

Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: actividades sensoriais.



Proxecto: Granxa (4º E.I.)

 


Neste último trimestre, iniciamos un novo proxecto, A granxa, aínda que a literatura segue estando moi presente en todas as actividades que realizamos. Gracias as aportacións das familias contamos con un montón de recursos novos que nos sirven para o noso traballo diario. Desta maneira, creamos un mini mundo da granxa, aportamos novos xogos (quebracabezas, actividades de numeración...) relacionados coa granxa a área de traballo, aprendimos a xogar ao dominó da granxa, cada un deles realizou a súa propia granxa con pegatinas... e ata fixemos un mini horto na clase. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: granxa.


16.4.26

Aniversarios abril... tamén lectores! (6ºEI)

 🎂 Hoxe estamos de festa! 🎂

No cole celebramos o aniversario de Nerea, que cumpre 6 anos. Entre cancións, sorrisos e moita ilusión, compartimos un momento moi especial con todos os amigos pero tamén coa súa familia.

Agardamos que gozases moito do teu día. Parabéns, Nerea! 🎉



Para acceder á galería preme na imaxe

27.3.26

Saída Museo de Belas Artes (6ºEI)

No noso proxecto "Marabillarte", temos claro que a mellor forma de aprender sobre a arte é sentíndoa de preto. Por iso, os nenos e nenas de 6 EI, acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de primaria, fomos de excursión ao Museo de Belas Artes da Coruña.

Foi unha experiencia fantástica onde os nosos pequenos artistas puideron:
  • Observar cadros e esculturas reais, descubrindo que cada obra conta unha historia.
  • Explorar diferentes técnicas e cores que nos serven de inspiración para as nosas propias creacións na aula.
  • Marabillarse co patrimonio da nosa cidade, convertendo o museo nun gran lenzo vivo.
Seguimos mergullados neste mundo de cor e creatividade. A arte está en todas partes! ✨🖼️



Para acceder á galería preme na imaxe

Semana da primavera (4º E.I.)

 Coa chegada da primavera e as vacacións da Semana Santa, esta semana a dedicamos a realizar diferentes actividades, relacionadas con estes temas, que tanto lle gustaron aos nenos e nenas de 4º de Educación Infantil (podedes ver todas as imaxes premendo no título das actividades):

- Piruletas de chocolate: o pasado martes acudimos a biblioteca a realizar piruletas de chocolate blanco e chocolate negro, cada neno elexiu cal quería, e despois de susperar numerosos problemas conseguimos facelas e tamén uns bombóns que desfrutamos ao día seguinte.


 

- A primavera de Vivaldi: seguindo co PDI que nos ocupa este ano, "Marabillarte", xuntamos dúas artes nunha actividade: a pintura e a música. Escoitando a música de Vivaldi tiñan que pintar as cousas que lle inspiraran da primavera dentro do seu aro. Despois quedáronnos uns cadros mois bonitos que levou cada un para a súa casa.



- Taller de flores: o xoves volvemos a cociña pero nesta ocasión a facer diferentes experimentos con flores e froitas, así fixemos transvases con fiuncho, mesturas de flores no mortero, pescamos limóns e laranxas, mesturas con condimentos, desconxeamos margaridas que previamente conxearamos...


- Aula sensorial: hoxe realizamos diferentes actividades relacionados cos sentidos, por unha banda acudimos a aula sensorial a facer figuras de flores na mesa de luz, ler contos da primavera na cabaña... e tamén ao patio a xogar coa luz da bolboreta que nos fixeron os maiores na clase de relixión.