OUTONO DE PALABRAS, OUTONO DE PICTOGRAMAS!
31.10.20
CABAZAS 2020
Ao longo da semana o alumnado de 5º e 6º da EI preparou a súa exposición de cabazas, ademais visitamos o resto de exposicións descubrindo as cabazas tan orixinais elaboradas polos compañeiros!
Tamén fixemos máscaras de cabazas terroríficas e xogamos en aula para celebrar o samaín, pasámolo xenial!
27.10.20
ANIVERSARIO ISMAEL (aula 4-5 anos)
O luns, na aula de 4 e 5 anos, celebramos o aniversario do noso amigo Ismael.
Todos xuntos elaboramos un libro agasallo para Ismael. Cada neno fixo un debuxo de aniversario cunha felicitación incluída. Ismael decorou a portada do libro agasallo.
En asemblea cantámoslle a canción "parabéns". Coa súa coroa Ismael soprou as velas nunha tarta de plastilina que fixemos en clase todos xuntos.
Tamén, con moita ilusión, colocou a súa foto no panel dos 4 anos. Que maior!
HORA DE LER (4 e 5 anos)
Na aula de 4 e 5 anos comezamos a semana cunha chea de aventuras!!
O luns fomos á biblioteca na hora de ler, as compañeiras de 6º EP contáronnos o conto "unha fábrica de bicos"
ENCANTOUNOS!!!
Desenvolvemos a actividade respectando as medidas de seguridade: ventilación, hixiene, máscara, quendas cos compañeiros/as de 3 anos... co fin de poder seguir desfrutando destas marabillosas experiencias.
Que nova historia nos agardará na próxima sesión?
26.10.20
CABAZAS 2020
Na clase de 3 anos presentamos hoxe as nosas cabazas e ademais fumos ver as dos nosos compañeiros/as, as que máis nos gustaron foron as enfermeiras, Spiderman, Batman... podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Cabazas 2020.
OUTONO ( 4º EI)
O outono xa chegou cargadiño de actividades na clase dos nenos e nenas de 3 anos: pintamos o contorno da folla, semellamos ao vento soprando follas, clasificamos todos os elementos do outono que aportaron as familias, debullamos, probamos os froitos secos e os froitos carnosos (cos que se pode facer zume)...podedes ver todos os traballos do outono no seguinte vídeo resumo.
Lecturas terroríficas: 4º Educación Infantil
Debido á situación actual, este curso non podemos celebrar a Semana de Lecturas Terroríficas con actuacións na biblioteca escolar, como facíamos cada curso. Así que esta vez disfrutaremos das representacións dos compañeiros/as doutras clases na hora de Ler a través das producións subidas no blog.
Na clase de 4º EI realizamos dous contos, nos momentos de desdobre da aula, utilizando a técnica do Binomio Fantástico de Gianni Rodari, no que a historia evoluciona en función das personaxes que saen do dado, neste caso: morcegos, pantasmas, bruxas, arañas, cabazas e momias.
Esperamos que vos gusten!!!!!
A bruxa Carabuxa from bemilladoiro on Vimeo.
9.10.20
ANIVERSARIO DE DIEGO ( 4ºEI)
6.10.20
Liñas verticais (4º E.I.)
Comezamos a traballar o trazo a través da práctica das liñas verticais, primeiramente experimentamos na pantalla dixital e despois repasamos liñas de diferentes cores coa axuda do pincel. Podedes ver todas as fotos deste primeiro taller de grafomotricidade premendo no seguinte enlace: liñas verticais.