30.5.22

ANIVERSARIO DE AINARA ( 5º EI)

 Este fin de semana Ainara cumpliu os 5 ANOS!!! Así que hoxe tocou celebralo tal e como os peques esperan: soplando as velas da súa tarta que con tanto cariño realizan , cantándolles e dandolle moitos agarimos.








MOITÍSIMAS FELICIDADES AINARA!!!!!!

26.5.22

MAKEY MAKEY ( 5º EI)

 Durante o mes das letras tivemos un achegamento ós instrumentos musicais tradicionais: gaita, castañolas, pandeireta... 


Así que esta semana decidimos tocar o bombo pero utilizando o Makey Makey. Para iso, no Leolab, fixemos varios grupos, e cada un deles tiña que decorar uns círculos de cartón que foron os nosos " Bombos", despois pegarlle a cada un deles un pouco de papel de aluminio, conectar os cables da placa Makey Makey ó " Bombo" na parte de aluminio, e por último tocar o instrumento, non sen antes agarrar coa outra man o cable de TERRA.

Cada grupo xogou a tocar, e descubrimos que se un peque tocaba o cable TERRA para que soara o seu instrumento e outra persoa tocaba a este peque, ambos podían tocar!!! 

Premer na imaxe para acceder á galería




25.5.22

O RUEIRO DOS RETOS

 

 Antes de rematar este curso, propoñemos esta actividade dentro do noso PDI: Nós...Patrimonio inmaterial, para realizar dende as aulas ou dende casa en familia.

Neste xogo temos que atopar distintos lugares de Malpica para aprender máis sobre a nosa vila. 

O último día de cole publicaremos as solucións!


Esperamos que vos guste!!!!



24.5.22

MES DAS LETRAS: A nosa canción ( 5º EI)



Un día na clase, o encargado escolleu na hora da merenda unha canción que falaba sobre o noso idioma, o galego, e un neno da clase propuxo facer nós a nosa propia canción, idea que nos entusiasmou a tod@s.
Así que aproveitando o cadro que escollemos por votación na exposición fotografica para crear un verso, realizamos unha asemblea, na que cada neno e nena dixo o que veía no cadro. Con todas as opinións creamos unha nova letra para a música A raíz do Toxo verde de A Roda.

Aprendemos a canción, subimos á Radio Balea a cantar e a bailamos. 






DÍA DAS LETRAS GALEGAS de bibliotecamilladoiro

13.5.22

DÍA DA FAMILIA ( 5º EI): A PEGADA DOS AVÓS

O día 15 de maio celébrase o Día da Familia, e como cada unha é única e especial, decidimos averigüar as cousiñas que lles fan felices ós nosos avós e avóas e comparalo co que nos fai felices a Nós, xa que estivemos traballando o conto Ei, superavó!!!, onde un avó pasa un día cos netos viaxando por varios lugares do mundo.


 

DiadaFamilia from bemilladoiro on Vimeo.



                Premer na imaxe para acceder á galería




MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR PARTICIPAR E FELIZ DÍA DAS FAMILIAS!!!!




6.5.22

ANIVERSARIO DE SARA (5º EI)

 Hoxe celebramos o aniversario de Sara, e coma sempre soplamos as velas e cantámoslle, e levou a tartiña pintada por ela e decorada coa axuda de todos e todas!!!

Ademais despois repartiu un agasallos para tod@s. Moitas grazas!!





Xa tes 5 anos, Moitísimas felicidades!!!!



SUPERAVÓS (5º E.I.)

 A partir do conto que estamos traballando esta semana, EI, SUPERAVÓ!, no que o avó viaxa a diferentes sitios do mundo como a praia, ao oeste e a montaña, nos tamos estivemos buscando a donde nos gustaría viaxar cos nosos superavós e as nosas superavoas. Como o mapa ten as cousas significativas de cada país, cada un decidiu a que sitio viaxar según os seus intereses, podedes ver as fotos premendo no seguinte enlace: superavós.




Aquí podedes ver o conto de Ei, superavó!:



5.5.22

VIAXANDO POLO MUNDO ( 5º EI)

 Tras traballar o conto de Tonino, comezamos esta semana con Ei, superavó!!!!

Neste conto un avó leva ós seus netos a diferentes lugares utilizando un compás máxico e unhas postais. Grazas a isto, pasan o día nunha praia,  visitan o oeste onde se atopan cunha manda de búfalos e viaxan ata unha zona montañosa coas cumes nevadas.

Trala lectura deste conto, os peques sacaron os seus compás que trouxeran da casa, e comezamos unha asemblea: porque ten números e letras, cal é a súa utilidade, para que serve a agulla vermella e da voltas... 

Descubrimos que o compás indica onde está o norte, así que na clase... Onde estará? Fixemos unha busca por equipos.


Tamén esta semana no Leolab, utilizando o compás dunha tablet, buscamos os puntos cardinais e marcámolos con carteis, e posteriormente xogamos a levar o Beebot polos distintos puntos cardinais do mapa mundi.



Premer na imaxe para o acceso á galería


Como neste conto o avó viaxa cos netos e no concerto de Lydia Botana vimos como unha bolboreta viaxaba polo mundo, pensamos a que parte do mundo nos gustaría ir cos nosos avós e avoas e levamos ó Beebot ata alí.


4.5.22

LYDIA BOTANA: DA AQUÍ PARA ALÁ

 Hoxe o alumnado de infantil e 1º ciclo de Educación Primaria, gozamos do concerto de Lydia Botana no Centro Cívico, co espectáculo De Aquí para alá, organizado polo Concello de Malpica, no que acompañamos a unha bolboreta pola súa viaxe ó redor do mundo.



Premer na imaxe para acceder á galería


Foi moi divertido, colorido e escoitamos unha grande variedade de instrumentos!!!!!!!!!!

HOXE LE ( 5º EI)

Cada luns, dende comezo de curso, depois de subir do recreo disfrutamos do programa  Hoxe Le, onde o alumnado voluntario de 3º a 6º de Educación Primaria, len contos para os máis peques.
Este luns foi moi especial, posto que as nenas lectoras eran irmáns de dous peques da clase!!!!!!!



Moitas grazas pola lectura!!!!

2.5.22

ANIVERSARIO DE ROSALÍA ( 5º EI)

 Hoxe celebramos o aniversario de Rosalía que xa cumpliu 5 anos. 


Para iso rematamos de facer as boliñas de plastilina para a tarta que xa pintou Rosalía  a pasada semana, cantámoslle, solpou as velas e recibimos uns agasallos. Moitísimas grazas!!!!






PARABÉNS ROSALÍA!!!!!!!!