Rematamos o segundo trimestre cunha saída ao Área recreativa de Gabenlle en Laracha para complementar o traballo sobre o bosque e os animais que están realizando nas diferentes aulas de infantil. Podedes ver todas as imaxes desta xornada premendo no seguinte enlace: Gabenlle.
23.4.25
27.3.23
EXCURSIÓN A CORUÑA ( 6º EI)
O venres, como actividade final do noso Proxecto Os Castrexos, realizamos unha visita ó Castelo de San Antón en Coruña.
Alí vimos un montón de cousas prehistóricas que nos chamaron moito a atención: a reproducción dun barco prehistórico, a punta de frechas, espadas e coitelos, cintos de ouro, torques impresionantes...ademais coñecimos moitas cousas da chegada dos romanos, como que trouxeron as moedas, o vidro, as tellas, debaixo da rúa Real de Coruña hai un cemiterio romano...
A visita foi moi interesante, especialmente o pozo ou cisterna, un espazo onde os habitantes do Castelo gardaban a auga potable.
Despois merendamos na Torre de Hércules, e a pesar do aire,l pasámolo xenial.
10.6.18
EXCURSIÓN FIN DE CURSO: POBO AVENTURA ( INCLUÍDO 4ºEI)
19.5.11
A CASA DO QUEIXO
Visitamos animais domésticos e aprendemos a elaborar o queixo. Ademáis, ensináronnos a tratar a lá e, sobre todo, xogamos moito. QUÉ BEN O PASAMOS!!
