Mostrando entradas con la etiqueta mesa de luz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mesa de luz. Mostrar todas las entradas

15.2.23

AULA SENSORIAL POLO ENTROIDO (6º E.I.)

 O pasado martes o alumnado de 6º E.I. foi vivir o entroido a través dos diferentes sentidos na aula sensorial, realizando por grupos as seguintes actividades:

- Cos ollos tapados tiñan que poñerlle as diferentes partes da cara a un paiaso, seguindo as indicacións dos compañeiros e compañeiras

- Estreamos o chan de diferentes texturas e, cos pés sen calcetíns, tiñan que realizar un circuíto por este, dín que foi a actividade que máis lles gustou.

- Para o olfato xogaron ó memory, no que tiñan que unir cada olor coa froita correspondente.

- No proxector tiveron que colorear unha máscara de entroido.

- Na mesa de luz decoraron varias imaxes de entroido con elementos de cores translúcidos.

- Na cabana escura observaron e leron libros e contos, pero éstes eran especiais, xa que tiveron que utilizar as lanternas de luz ultravioleta para descubrir as cousas agachadas nas páxinas.

- Espazo chroma: creamos unha parte de gravación chroma onde utilizaron diversidade de disfraces e complementos para xogar nas diferentes paixases que aparecían na tablet.

- Na mesa sensorial, utilizando a ruleta con debuxos de entroido,  tiveron que buscar os obxectos agochados.



Foi unha sesión moi divertida e o pasaron en grande!!!

Premer na imaxe para acceder á galería


26.5.21

Monstro de Cores ( 4 EI)

Dende a pasada semana, a pesar de seguir co Proxecto do Bosque, comezamos a traballar as emocións de forma máis específica a través do conto: O Monstro de cores.


Ademais de ler este conto realizamos varias actividades:



Utilizamos a ruleta das emocións. como me sinto eu?





Recoñecemos emocións nos demais na Pantalla interactiva


Separamos as emocións


-Emocións propias e alleas na mesa de luz


28.1.21

LABORATORIO DOCUMENTAL: Contos valorados, lecturas compartidas ( 4º EI)

 Neste mes de xaneiro, todo o cole levamos a cabo o Laboratorio Documental, actividades deseñadas polo equipo de Biblioteca e dinamización da Lingua Galega.

O obxectivo deste laboratorio era realizar unha formación de usuarios na biblioteca escolar creativa, de forma que o alumnado tivera que buscar libros ou contos nos que se traballasen valores propios da celebración do Día da Paz.

 No caso de infantil, a nosa formación de usuarios xirou ó redor da busca de tesouros na biblioteca para recoñecer distintos espazos dentro da mesma. Nesta actividade atopamos o libro Hasta que podamos Abrazarnos, conto no que traballamos o amor e a amizade.

A partir deste conto realizamos varias actividades que podedes ver en entradas publicadas anteriormente.

Outro dos obxectivos deste laboratorio, era realizar lecturas compartidas a través do blog, xa que este curso non podemos realizar actividades conxuntas para a celebración do Día da Paz. Ademais, realizamos unha exposición dos contos traballados, incluíndo o valor que se transmite no mesmo e un código Qr que enlaza ás producións finais, as lecturas compartidas.









Aquí tedes a nosa lectura, esperamos que vos guste tanto como a nós:


Laboratorio Documental: Día da Paz from bemilladoiro on Vimeo.

7.11.19

NOVO PROXECTO: O CORPO HUMANO ( 6º EI)

Esta semana, tras volver de clase de inglés, atopámonos cunhas cousas moi extrañas enriba da mesa de luz. Tras miralas, decatámonos de que eran ósos da espalda, e que esas cousas eran radiografías, que xa sabemos grazas a un libro que trouxo Valentina hai unhas semanas, que temos radiografías por que Marie Curie descubriu o Radio. Isto plantexou a dúbida de cantos ósos temos no corpo, así que fixemos estimacións, e como as cantidades eran moi dispares, decidimos investigar este asunto!!

            





                    

7.3.18

MESA DE LUZ ( 4º EI )

Utilizamos a mesa de luz como un recurso máis na hora de xogo para traballar o trazo de liñas curvas. Neste caso facemos oliñas sobre a mesa luz cuberta con lentellas.



https://photos.app.goo.gl/9sp19ptLwZfFwgbh1