30.11.15
23.11.15
INICIOS NA PINTURA (6º E.I.)
Nestes días adentrámonos un pouquiño máis no mundo da pintura cos retratos e os autorretratos, que leváronnos a descubrir a Van Gogh. Comezamos cun vídeo sobre os autorretratos dalgúns dos pintores máis famosos.
A partir deste vídeo analizamos diferentes estilos de pintura e quixemos facer os nosos autorretratos e, ademais, fixemos un retrato a un compañeiro e compañeira.
Descubrimos que un dos pintores que pintara moitos retratos e autorretratos foi Van Gogh e, ademais, que lle gustaba moito pintar xirasoles e puidemos observar un cadro destas plantas de cerca (aínda que non era de Van Gogh) e facer as nosas propias producións, esta vez empregando acuarelas.
Este vídeo é un pequeno resumo de todo o traballo que realizamos:
18.11.15
PDI: PINTAMOS CON ESPUMA DE AFEITAR ( 5º EI )
Dentro da PDI "Pintamos moito", a clase dos superhéroes e superheroínas estamos traballando a evolución da pintura, comezmos pola arte rupreste, despois os xeroglíficos exipcios e esta semana o símbolo exipcio do Ollo de Horus. Para traballar esto último, fixemos un pouquiño de maxia, mesturamos cola branca, espuma de afeitar e pintura negra, e fixemos a nosa obra dun modo divertido!!
13.11.15
CANCIÓN "O NOSO CORPO" (6º E.I.)
Xa temos unha nova canción para o noso repertorio da caixa da música, ademais permítenos coñocer moitas partes do corpo.
12.11.15
ROMERÍA DE MAGOSTO (6º E.I.)
magosto2 from Sandra on Vimeo.
Este é un pequeno resumo do ben co pasamos o pasado mércores na Romería que fixeron no Dolmen de Dombate. Tamén fixeron unha reportaxe gráfica dende "La voz de Galicia".
9.11.15
SAMAIN: TRUCO OU TRATO ( 5º EI )
Na semana do Samaín no cole, todo infantil fixemos a actividade de Truco ou Trato. Nos estivemos na clase de 5º de primaria, onde nos regalaron una pegatinas de bruxiñas, na clase de terceiro onde obsequiáronnos cunha calavera mexicana enorme, e na clase de 4º primaria onde tiñan preparado un debuxo persoal para cada un de nós. Moítisimas gracias a todos por participar, por que pasámolo xenial preparando as máscaras e indo a escondidas polo pasillo para dar sustos!!!
6.11.15
ARCIMBOLDO (6º E.I.)
Esta semana estivemos estudiando o traballo de Arcimboldo, un pintor italiano que realizaba os seus cadros con elementos da natureza, especialmente con froitas e verduras. Tanto nos gustou que nos tamén quixemos facer os nosos cadros e os nosos retratos. Ademais fixemos un dos cadros de Arcimboldo coa técnica do puntillismo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)