23.12.15
19.12.15
16.12.15
VISITA DOS REIS MAGOS ( 5º EI )
Hoxe recibimos a visita dos Reis Magos de Oriente, entregámoslles as nosas cartas e comimos caramelos. Algúns peques non quixeron subir nin achegarse por medo, aínda así disfrutaronno igual, foi moi emocionante!!!
15.12.15
OBRADOIRO DE COCIÑA: FACEMOS GALLETAS (5º EI )
0nte estreamos a cociña do cole elaborando unhas ricas galletas, algunhas quedaron un pouco chamuscadas, outras estaban boísimas e outras non estaban demasiado ricas, pero traballamos un montón, xogamos coa masa, medimos cantidades, aprendimos as normas da aula de cociña, e sobre todo pasámolo en grande mesturando os ingredientes e manchándonos coa fariña, foi moi divertido así que esto é só o principio, e nalgunhas receitas daredes conta delas!!!
13.12.15
12.12.15
OBRADOIRO DE COCIÑA: BATIDO DE FROITAS ( 5º EI )
A semana pasada fixemos a primeira receita dentro do Proxecto Gastronómico planeado para este curso. A cociña aínda estaba sen rematar, así que decidimos facelo igual pero na clase. Elaboramos dous batidos, un de plátano e outro de mazá, estaban boísimos, e como era líquido non puidemos levar un anaco a casa para que o probarades, pero en todas as receitas que poidamos levaremos a mostra, esperamos que vos guste!!!
3.12.15
BATIDO DE FROITAS (6º E.I.)
Rematamos o proxecto da horta investigando a transformación dalgúns dos alimentos estudados: as pipas do xirasol en aceite, a manzanilla en té, as uvas en viño e a froita en batidos. Este último o comprobamos na clase facendo nos mesmos dous batidos, un de plátano e mazá (que nos gustou moito) e outro de kiwi e pera (que non gustou nada). Este é un pequeno resumo da nosa experiencia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)