Qué ben o pasamos!! Descubrimos un mundo novo, cheo de intrigas, de formas, cores e historias agochadas en cada cadro e esperando que alguén as descubra.Recoñecemos ademais algúns artistas que nos servirán de inspiración ao longo do curso e cómo non!creamos un novo cadro inspirándonos na obra de Picasso pero con matices de novos artistas en potencia.
28.2.13
MUSEO DE BELAS ARTES

17.2.13
É HORA DO ENTROIDO
Esto sí que é unha festa divertida!! Nós eramos os reposteiros, os xardiñeiros e os panadeiros da panadería Cativiños pero por haber, había de todo: bombeiros, policías, pescadores... e moitos máis.
Despois de aprender cousas sorprendentes dos nosos oficios, creamos o disfraz e para presumir, desfilamos polo paseo da praia ante centos de cámaras. Logo de tanto andar entrounos a fame, e a comer orellas!! filloas, rosquillas ... de todo o que se espera nun tradicional entroido galego. E finalmente, a bailar ao ritmo da música máis moderna. Xa nos tarda o ano que ben.
14.2.13
SOMOS PACIFISTAS
O día 30 de xaneiro celebramos a Festa da Paz en recordo da amistade e a solidariedade. Todos os nenos de infantil lemos e escoitamos contos de valores ao longo das dúas últimas semanas, fixemos diferentes pombas da paz, unha man solidaria os de 4 anos, os de 5 crearon "Os 10 Principios da Paz" e aprendemos unha canción moi divertida"Yo estoy muy orgulloso". Ademais baixamos ao patio a cantar entre todos os nenos/as do colexio a canción formando círculos. Para a nosa sorpresa deixáronnos bailar algunha das nosas cancións preferidas. Aprendemos a ser pacíficos!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)